martes, 5 de octubre de 2021

ANTA DE MONTOUTO - HOSPITAL DE MONTOUTO - PADRÓN - A FONSAGRADA

 ANTA DE MONTOUTO

HOSPITAL DE MONTOUTO

PADRÓN

A FONSAGRADA

 Montouto
      Montouto é un lugar da parroquia do Padrón, no concello da Fonsagrada, na comarca da Fonsagrada. 

     Segundo o IGE a súa poboación no ano 2010 era de 14 persoas (8 homes e 6 mulleres).

Historia
     Ao lado de Montouto asentábase o Real Hospital de Santiago de Montouto (hoxe derruído salvo un pequeno lenzo entre un piñeiral) fundado por Pedro I en 1360. Foi o máis importante hospital de alta montaña de Galicia. Foi trasladado en 1698 a outra localización moi preto, dando lugar ao Novo Hospital de Santiago de Montouto, que estivo en funcionamento ata mediados do século XX, e que se conserva aínda en ruínas; ao lado existe unha capela de nova construción onde se celebra anualmente unha romaría.

O Padrón
     San Xoán do Padrón é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo.

     Tiña 55 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 26 homes e 29 mulleres. 

O que supón unha diminución de 19 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 74 habitantes (35 homes e 39 mulleres).

Lugares do Padrón
      Carracedo, Invernal, Montouto, O Padrón, Vilardongo

Comarca da Fonsagrada
     A comarca da Fonsagrada é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é A Fonsagrada.

     A esta comarca pertencen os concellos de Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz. 

     No ano 2020 tiña 4.830 habitantes (IGE) e unha superficie é de 679,5 quilómetros cadrados. 

     O concello da Fonsagrada é o de maior poboación da comarca.

Parroquias da Fonsagrada
     A Allonca (Santa María), A Bastida (San Miguel), Bruicedo (Santiago), Carballido (Santa María), Cereixido (Santiago), Cuíñas (San Cristovo), Fonfría (Santa María Madanela), A Fonsagrada (Santa María), Freixo (San Xulián), Lamas de Campos (San Roque), Lamas de Moreira (Santa María), Maderne (San Pedro), Monteseiro (San Bartolo), Pacios (Santa María), O Padrón (San Xoán), Paradavella (San Xoán), Piñeira (Santa María), A Proba de Burón (Santa María Madanela), San Martín de Arroxo (San Martín), San Martín de Suarna (San Martín), San Pedro de Neiro (San Pedro), San Pedro de Río (San Pedro), Santo André de Logares (Santo André), A Trapa (San Cibrán), O Trobo (Santa María), A Veiga de Logares (Santa María), Vieiro (Santo Antonio), Vilabol de Suarna (Santa María), O Vilar da Cuíña (Santa Bárbara) 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA



lunes, 4 de octubre de 2021

MUIÑO DE MUNIN - RÍO ZOBRA - ZOBRA - LALÍN

 MUIÑO DE MUNIN

RÍO ZOBRA

ZOBRA

LALÍN

  Zobra
     Santa Mariña de Zobra é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín.

     Segundo o IGE en 2011 tiña 152 habitantes (81 mulleres e 71 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 185 habitantes.

Historia
     Nesta parroquia o Mosteiro de Aciveiro tivo unha granxa priorado con terras e colonos; neste señorío sucedeulles a Casa de Chedas, que segue presidindo a arquitectura local.

Patrimonio
     A igrexa parroquial de Santa Mariña de Zobra, con fábrica orixinal no século XII, é obra dos canteiros locais. Tamén ofrece interese a Casa de Cabana, que estivo vinculada ao Pazo de Des, en Soutolongo.

Lugares de Zobra
     Acevedo, Ameixedo, Cabana, O Cantiño, Chedas, Liñeiras, Portela, Porto Martín, A Regouza, A Trigueira, Zobra  

Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

     A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


domingo, 3 de octubre de 2021

MUIÑO DO FERREIRO - RÍO ZOBRA - ZOBRA - LALÍN

 MUIÑO DO FERREIRO

RÍO ZOBRA

ZOBRA

LALÍN

Zobra
     Santa Mariña de Zobra é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín.

     Segundo o IGE en 2011 tiña 152 habitantes (81 mulleres e 71 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 185 habitantes.

Historia
     Nesta parroquia o Mosteiro de Aciveiro tivo unha granxa priorado con terras e colonos; neste señorío sucedeulles a Casa de Chedas, que segue presidindo a arquitectura local.

Patrimonio
     A igrexa parroquial de Santa Mariña de Zobra, con fábrica orixinal no século XII, é obra dos canteiros locais. Tamén ofrece interese a Casa de Cabana, que estivo vinculada ao Pazo de Des, en Soutolongo.

Lugares de Zobra
     Acevedo, Ameixedo, Cabana, O Cantiño, Chedas, Liñeiras, Portela, Porto Martín, A Regouza, A Trigueira, Zobra  

Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

     A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Xeografía
     A comarca de Deza ven coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño, ao leste coas de Ulloa e Chantada e ao oeste con Tabeirós-Terra de Montes.

     A comarca está estruturada pola dorsal galega, coas serras do Faro ao leste, da Martiñá ao sur, do Candán ao oeste coa e o río Ulla, que a separa da Terra de Santiago ao norte. O conxunto constitúe unha comarca natural que xa se referencia en documentos do ano 569 ao se conformar o Condado Decense no seo da diocese de Lugo.

     Caracterízase por un clima atlántico, sen temperaturas extremas nin en inverno nin en verán, con paisaxes fluviais que permiten o desenvolvemento de especies vexetais mediterráneas e o cultivo de vides, limoeiros etc.

     Os ríos Deza e Arnego, afluentes do Ulla, cruzan paralelos a comarca do sur ao norte. O Deza e o seu afluente, o Asneiro, nacen no monte Testeiro; o Arnego nace na Serra de Faro. A estes úneselles o río Toxa que baixa desde o Candán e na súa caída ao Deza forma unha das máis significativas fervenzas de Galicia (fervenza do Toxa). 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DO TOXAL - RÍO TOMEZA - PEDROUZO - VILABOA

MUIÑO DO TOXAL

RÍO TOMEZA

PEDROUZO

VILABOA

 Santa Comba de Bértola
     Santa Comba de Bértola é unha parroquia que se localiza no concello de Vilaboa e pertence a diocese de Santiago de Compostela.

     Segundo o IGE en 2013 tiña 764 habitantes (445 mulleres e 319 homes), 154 máis ca en 1999. Ten trece entidades de poboación.

     Linda co concello de Pontevedra (concretamente coas parroquias da Canicouva, Tomeza e Salcedo), e coa parroquia de Figueirido do propio concello de Vilaboa. Por Bértola pasa a Vía romana XIX, recentemente sinalizada, e o Camiño Xacobeo Portugués.

Patrimonio
     A igrexa parroquial é de estilo renacentista concretamente de 1525 século XVI, agás a fachada que é do século XVIII. A planta é de cruz latina. Os dous tramos anteriores ao presbiterio están cubertos con bóveda de crucería con clave colgante, e o presbiterio está cuberto por perpiaños formando bóveda de canón. A ábsida está cuberta con bóveda de canón polo interior, máis baixa cá da nave. Ao norte está acaroada a sancristía.

     Na pequena sancristía, cuberta cunha bóveda de canon destaca unha inscrición tallada na pedra, xusto enriba da porta de entrada, que seguramente nos remita ás orixes do templo, xa que comeza dicindo: "Esta obra sihi si" e tamén aparece o nome "Narciso".

     Na fachada principal atópase o portón de acceso, destacando unhas puntas de frecha angulares nas esquinas. Sobre a porta hai un fornelo coa imaxe de santa Comba e unha xanela rectangular. Na espadana hai tres ocos con arcos de medio punto, dous con dúas campás de distinto tamaño.

     A porta principal atópase cara ao norte, e dende ela podemos observar o muro da casa reitoral. Enriba desta temos un pequeno cruceiro que representa o Cristo crucificado. Xa no exterior, nunha pequena zona axardinada resultante dos muros da igrexa e da Sancristía, atopamos un dos cruceiros mais singulares do noso territorio: o Hábeas. Sobre dous chanzos, sitúase un pedestal de maior tamaño un pouco deteriorado. Sobre este, o varal circular sen ningún tipo de ornamentación, un colariño, e un chapitel, enriba dos cales se asenta unha cruz cos extremos ancorados. Por un lado, temos a figura dun cáliz, e polo outro un elemento non identificado (quizais os restos dun Xesucristo).

     A casa reitoral é un pazo composto de perpiaños de granito, seguramente de comezos do século XIX. A planta é en forma de L, cun patio e unha solaina de entrada con balaustrada. No patio interior axardinado atópase un forno de leña en pedra, e na parte baixa podemos entrar á antiga bodega onde se facía o viño. Nunha das ventás do piso superior, concretamente a que da cara o poñente, destaca unha inscrición en pedra no que se cita posiblemente a persoa que mandou construír a casa e o ano en que o fixo (Martínez, ano 66. Estes gravados tamén son visibles dende o xardín que a rodea.

     A escasos metros da casa reitoral, está situado un canastro ou paneira de 18 pés, en estado de semiruína coroado por dúas cruces decoradas nos seus extremos. Precisamente cara o nacente, pegado a un camiño parroquial tamén podemos observar un pequeno texto inscrito na pedra, no que se cita un tal "Freire".Trátase dun conxunto arquitectónico único de gran beleza e valor artístico.

     A capela de Santa Marta atópase no lugar de Santa Marta. Marca o final do tramo do camiño portugués en Vilaboa, e é por tanto un lugar de paso dos peregrinos que fan o camiño de Santiago. Data do ano 1617, e trátase dun pequeno templo de pedra e teito de madeira restaurado recentemente. En fronte da capela atopamos un cruceiro moi posterior.

     A festividade de Santa Marta ten lugar o 29 de xullo, festexado en Santa Comba de Bértola con diversas actividades lúdicas, ademais das relixiosas.

     A capela de Santo Antón é a outra capela que podemos atopar en Bértola no lugar de Cerqueiro, nun pequeno alto a escasos metros do núcleo habitado e do camiño parroquial que nos leva ao lugar de Bértola. A súa porta principal non se atopa cara o poñente como é o normal e, segundo conta a lenda, quen a mandou construír quixo que quedara así situada para poder vela tódolos días dende a súa casa.

Lugares de Santa Comba de Bértola
     Amproa, Bértola, Cerqueiro, Filgueira, Ganderón, O Outeiro, Pedrouzo, A Ramalleira, O Rial, A Rialiña, Sabaxáns, Santa Marta, Saxosa 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 2 de octubre de 2021

CASTELO DA POBRA DE BURÓN - A POBRA DE BURÓN - A FONSAGRADA

CASTELO DA TORRE DE BURÓN
A POBRA DE BURÓN
A FONSAGRADA

Datos de interese:
     O castelo da Pobra de Burón é de propiedade privada, está situado no alto da cidade de A Fonsagrada e tamén é coñecido co nome de "A Fortaleza".

     O castelo da Pobra de Burón xa existía en 1467 cando foi atacado polos Irmandiños comandados por Pedro de Osorio. 

     En 1490 pertencía a Dña. Urraca de Moscoso, que obrigou aos veciños a reparar os danos causados ​​polos Irmandiños. En 1559 pertencía ao conde de Altamira.

     O castelo militar da Pobra de Burón era de planta cadrada, está construído en cachotería, consistía nun recinto do que hoxe só quedan vestixios e crese que o seu castelo tiña 4 torres de canto, foi case completamente destruído Década de 1960 século XX.

     Actualmente só unha das súas torres de planta cadrada aínda está en pé e aínda conserva 15 m. de altura, esta torre tiña 3 andares e, por desgraza, hoxe desaparecidos.

      A súa función principal era a de "defensa pasiva" para protexer aos sitiados, tamén serviu como "defensa activa" nos asedios.

     Había casas dentro do castelo, hoxe abandonadas e ruinosas.

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Web Amigos de los Castillos

XOAN ARCO DA VELLA