lunes, 7 de junio de 2021

DOLMEN DE CABALEIROS - CABALEIROS - TORDOIA

 DOLMEN DE CABALEIROS

CABALEIROS

TORDOIA

Dolmen de Cabaleiros.
     O dolmen de Cabaleiros, tamén chamado Casa da Moura, Casa dos Mouros ou Couza do Cacheiro, é un monumento megalítico situado na parroquia de Cabaleiros, pertencente ao concello coruñés de Tordoia, comarca de Ordes.

     O dolmen é propiedade da Deputación da Coruña e foi declarado en 1975 Monumento Histórico Artístico, considerándose na actualidade como Ben de Interese Cultural

Descrición
     Está sobre un túmulo dun diámetro aproximado de 30 metros e dous metros de altura. 

     O dolmen está formado por sete ortóstatos máis a lousa de teito de 4×3,40 m. 

     A cámara é poligonal aberta con corredor orientado ao leste. Está datado no terceiro milenio antes da era actual.

Ocupación e asentamento
     A existencia deste dolmen na área de Tordoia indícanos que o grupo étnico do período megalítico asentado na zona era un dos máis importantes. 

     Dise tamén que estas construcións colocábanas para delimitar territorios asentados, que tras facer unha selección para os pastos e cultivo, queimaban zonas de arboleda, e sobre as súas cinzas dedicábano á agricultura. 

     Este dato podería ser bastante preciso debido á orografía do terreo e á calidade dos os seus pastos que repercute na súa actividade económica, gandeira e os cultivos forraxeiros


Lenda
     Este dolmen, chamado tamén Casa da Moura, porque segundo conta unha lenda, unha moura, trasladou a pedra de 4,60 metros de longo sobre a cabeza, mentres tecía un vestido


Localización:
     Sita na Avenida do Dolmen s/n, parroquia de Cabaleiros.


Coordenadas:
     43.096922, -8.550280

Accesos:
    CP 8401 – PK 4,3 dende Santiago
    CL 4130 dende Ordes, Cerceda e Carballo
    AC 400 dende Santa Comba e Val do Dubra
    CP 1914 dende Coristanco, Carballo e Santiago 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


domingo, 6 de junio de 2021

O CAMIÑO PORTUGUÉS - ETAPA PORTO / BARCELOS - AMIGAS/OS DO CAMIÑO PORTUGUÉS

O CAMIÑO EN MARCHA

ETAPA PORTO / BARCELOS

AMIGAS/OS DO CAMIÑO PORTUGUÉS

     O pasado domingo día 23 de Maio, un grupo moi numeroso pertencentes á Asociación dás Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago volveron á ruta Xacobea para iniciar a súa tradicional peregrinación de todos os Anos Santos, dende Porto a Santiago de Compostela, con este, xa son cinco Anos Santos que fan o Camiño.

     Ao longo dos proximos dias iremos compartindo as diferentes etapas que este grupo da Asociación das Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago, esta realizando.

       Despois do paron provocado pola pandemia este ano pódese, e de feito xa son moitos os peregrinos que percorren os Camiños e no Portugues tiven a ocasion de ver moitos peregrinos, camiño de Compostela.

     Quero agradecer a Asociación das Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago a atencion que teñen sempre con nos,  en particular ao seu presidente Tino Lores e a Pilar Amaro que nos envia fotos de cada etapa e de diferentes momentos.

     Esta é unha iniciativa aberta, polo que poden participar todas as persoas que o desexen, podendo unirse á mesma en calquera momento, e podo asegurar que todos e todas seran ben recibidos

     Nesta ocasion non e puden asistir persionalmente pero en proximas ocasions si estarei, aínda que sexa de grafico, xa iremos contando.

     O calendario previsto dá peregrinación contempla que para o domingo 30 de maio terá lugar a segunda etapa entre Vilarinho-Barcelos, ou domingo 6 de xuño será a terceira etapa entre Barcelos e Ponte de Lima; a cuarta etapa está prevista para o domingo 13 de xuño entre Ponte de Lima e a localidade de Rubiaes.O domingo 20 de xuño esperase poder completar a quinta etapa: Rubiaes-Valença do Minho.

     A partir de Valença do Minho farase un descanso retomándose en setembro os sábados de tarde.


Camiño Portugués
      Coñécese como Camiño Portugués, ou máis concretamente Camiño Portugués Central (para unha mellor distinción dos demais), o camiño xacobeo que une Lisboa con Santiago de Compostela.

     O seu percorrido debuxa unha liña de sur a norte, que dende a capital lusa pasaría por Santarém, Coimbra, Porto, Barcelos, Ponte de Lima, Valença do Minho, Tui, Pontevedra e Padrón.

     Utilizado xa dende a Idade Media, foi sempre un dous máis importantes camiños de Santiago e na actualidade é ou segundo camiño en número de peregrinos, só superado polo Camiño Francés.

     Aínda que este é o máis coñecido e utilizado, hai moitos outros camiños de Santiago en Portugal. 

     Dende fai anos estanse recuperando antigas rutas, aínda que a maioría serían afluentes ou variantes do Camiño Central: a máis frecuentada é Camiño Portugués dá Costa, que ten o seu punto de inicio en Porto e segue un itinerario próximo ao mar; desde a mesma cidade tamén pode tomarse unha alternativa "por agora minoritaria" como é a variante de Braga; outro ramal arrincaría  sur, dende Faro e a rexión do Algarve, aínda que presenta tramos aína sen sinalizar, e queagardamos  permita percorrer o país dun extremo a outro.


    A estas rutas xacobeas cabo engadir outras polo interior de Portugal, tales como ou interesante Camiño Portugués Interior (que parte de Farminhãou-Viseu e segue por Lamego e Chaves cara a Verín, onde únese á variante sanabresa dá Vía dá Prata), ou Camiño Zamorano-Portugués ou de Soutochao (que sae de Zamora e segue por Bragança cara a Chaves) ou Camiño Torres (desde Salamanca cara a Braga).

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 

Fuente y Fotos: Pilar Amaro

XOAN ARCO DA VELLA

 

MIRADOR DA CARITAINA - O RAÑADOIRO - PONTE SAMPAIO

 MIRADOR DA CARITAINA

O RAÑADOIRO

PONTE SAMPAIO

 Ponte Sampaio
     Santa María de Ponte Sampaio é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. 

     Segundo IGE en 2019 tiña 1031 habitantes (556 mulleres e 475 homes), 80 menos ca en 2008 e 213 menos ca en 1999. 

     Ten catro entidades de poboación segundo o Nomenclátor de Galicia.


     Toma o seu nome da ponte sobre o río Verdugo que a une coa parroquia de Arcade (Soutomaior).

     Por ela pasa a vía portuguesa do camiño de Santiago, e nela foi librada a Batalla de Ponte Sampaio, decisiva na guerra da Independencia española contra os franceses o 7 e 8 de xuño de 1809.

     Desde 1833 até abril de 1960 foi concello de seu xunto coa parroquia da Canicouva.

Xeografía e comunicacións
     A parroquia sitúase no extremo sur do termo municipal de Pontevedra, na beira norte do río Verdugo, que a separa do veciño concello de Soutomaior, e que verte as súas augas á ría de Vigo neste punto. 

     Percorren esta parroquia, ademais do citado Verdugo, o río Ulló (que desemboca na ría nesta parroquia), así como regos de menor entidade como son o río da Ponte Nova, o rego de Cacheiro (ambos vertentes no Ulló), ou o rego dos Muíños, entre varios outros. 

     Como xa se mencionou, a parroquia ten uns centos de metros de costa na súa zona suroeste, bañada polas augas da ría de Vigo. 

     Nesta parroquia están a illa da Insuíña e o illote do Castelo, na desembocadura do río Verdugo.

     Linda ao oeste coas parroquias de Vilaboa (Vilaboa), A Canicouva (Pontevedra), polo norte coa parroquia de Xustáns (Ponte Caldelas), e polo leste con Taboadelo (Ponte Caldelas) e Soutomaior (Soutomaior). Polo sur, limita coa parroquia de Arcade (Soutomaior).

     Dista uns 11 quilómetros da capital do concello. 

     Outros núcleos próximos son Arcade, a menos dun quilómetro, ou O Toural (Vilaboa), a 4 km.

     As principais comunicacións por estrada son a N-550, que percorre brevemente a parroquia, a PO-264 e a EP-0001, esta última conexión coa veciña parroquia da Canicouva.

     Ponte Sampaio carece de apeadoiro algún, pero é atravesado polo Eixe atlántico de alta velocidade. As estacións máis próximas son Arcade e Pontevedra.

     A parroquia é atravesada polo Camiño Portugués.


Demografía
     A parroquia conta con 9 núcleos de poboación rexistrados polo Instituto Galego de Estatística, a maioría dos cales se concentran nun continuo rururbán na parte sur da parroquia, onde outrora se situaba a sede do antigo concello de Ponte Sampaio, e onde aínda hoxe se sitúan o groso dos servizos da parroquia. 

     Os lugares de Acevedo, O Rañadoiro e O Vilar completan o nomenclátor da parroquia. En 2019, Ponte Sampaio contaba con 1.031 habitantes, cifra que amosa un descenso respecto a rexistros de anos anteriores.

     Arredor dun 60% vive na área máis urbanizada da parroquia, mentres que o restante 40% reside nos outros tres lugares xa citados.


Patrimonio
     A ponte, de orixe romana, se ben a actual construción é medieval. Consta de dez arcos semicirculares. 

     A igrexa parroquial de Santa María é románica, e data do século XIII. 

     No lugar de Canos da Laxe hai outra ponte medieval sobre o rio Ulló e dez muíños de auga en mal estado de conservación, que se viron afectados pola crecida das augas no inverno de 2007.

     Consérvanse petróglifos no monte de Chan da Cruz, restos dun poboado castrexo e tramos dunha calzada romana. Amais, na parroquia atopouse un machado da Idade de Bronce.

    No Rañadoiro está o acueduto do Paredón, destinado a regadío. 

     O cruceiro da Bica, no mesmo lugar, é de pedra policromada e na Semana Santa é decorado cun dosel vermello. A antiga escola unitaria para a rapazada de Rañadoiro, Vilar e Acevedo acolle actualmente un centro cultural. No lugar celébranse festas adicadas á Nosa Señora do Rosario.


     En Acevedo hai un cruceiro (A Cruz) construído sobre un antigo petróglifo. No lugar está tamén a capela de San Xosé da Landreira, as ruínas dun pazo, vivendas de comezos do século XVII, unha fonte, e cinco muíños no río dos Muíños, destacando o Muíño de Riba, cunha característica cuba cilíndrica á que chega a auga a través dun acueduto. Segundo a tradición, a Pedra dos Ladróns servía de acubillo a perseguidos en varias guerras.

     Nesta parroquia, a carón da N-550, está un dos cinco touros de Osborne existentes en Galicia: valados publicitarios colocados á beira das estradas por toda España na segunda metade do século XX e declarados patrimonio cultural e artístico.

Lugares de Ponte Sampaio
Acevedo, A Ponte, O Rañadoiro, O Vilar

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA