domingo, 3 de enero de 2021

MUIÑO DOS LOUREIRO - RÍO SAN VICENTE - TOURÓN - PONTE CALDELAS

 MUIÑO DOS LOUREIRO

RÍO SAN VICENTE

TOURÓN

PONTE CALDELAS

  Ponte Caldelas
      Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra.

     No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio é pontecaldelán.

Xeografía
     O municipio de Ponte Caldelas sitúase nunha zona xeográfica de transición entre as montañas do interior pontevedrés e as ribeiras das rías Baixas. Está encadrada nunha comarca natural que se estende polas estribacións occidentais da serra do Suído. É terra de mananciais e ríos (Oitavén e Verdugo), de abruptas serras (A Fracha, Castrelada...) e encaixados vales. Limita ao norte con Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes e Soutomaior, ao leste coa Lama e ao oeste con Pontevedra.

      Ponte Caldelas presenta unha morfoloxía de fortes contrastes topográficos provocados por unha intensa erosión diferencial favorecida pola rede de fracturas tectónicas ás que foi sometido polos episodios xeolóxicos.

     As superficies de aplanamento orixinarias percíbense nos cumios suaves dos seus montes, entre os que destacan a serra da Castrelada (663 m), O Couto da Brea (536 m), A Penarada (544 m), monte do Antón (453 m) e monte do Taboadelo (432 m). Encaixados entre as serras, os ríos discorren por vales abruptos e profundos, con pronunciadas pendentes.

     A súa densa rede fluvial organízase en torno aos cursos do Verdugo e do Oitavén, alimentados por afluentes curtos, pero de abundante caudal debido ás elevadas precipitacións que se rexistran no paso das frontes atlánticas.


     Entre estes afluentes destaca o Calvelle que se une ao Verdugo antes do seu paso pola capital municipal, onde por atravesar algunhas fallas orixina a aparición de mananciais de augas minerais, ben coñecidas polas súas propiedades.

     No río Oitavén construíuse a presa de Eiras, que abastece de auga a área urbana de Vigo, antes de que, xa no municipio de Soutomaior, una as súas augas ás do río Verdugo, que poucos quilómetros máis adiante desembocará na ría de Vigo.

Patrimonio
     Calvario da Insua.
      No termo municipal ha numerosas testemuñas do seu pasado, destacando os castros de Santa María de Castro Barbudo e o monte Castrelo en Parada, onde tamén están os petróglifos de Tourón.
     A igrexa parroquial de Santa Eulalia de Ponte Caldelas destaca polo seu retablo pétreo, obra do mestre Manuel González, autor tamén da fonte que se atopa na praza do Bispo no centro da vila e do Calvario de Barbudo.
     A igrexa de Santa María de Tourón é de orixe románica de finais do século XII, conservando desa época algúns elementos dispersos. Nunha fachada lateral existe un escudo dos Pazos de Proben

     Destacan tamén as igrexas da Insua, aberta ao val cun Via Crucis de pedra arredor do adro, e a igrexa de Xustáns, cun conxunto de igrexa e cemiterio con outro cruceiro.
      Tamén destaca a Capela do Sagrado Corazón, dende onde se contempla a vista de paxaro a vila.
     Hai pazos e casas grandes en Tourón, Sande e San Ramón. Tamén destacan as casas de indianos de Caritel, A Insua e a da Vila.


Turismo
     Ponte Caldelas non tivo unha saída ao exterior ata hai pouco. Os aloxamentos baséanse en casas rurais, moi numerosas en parroquias como Anceu. Bastantes restaurantes foron creados recentemente, tanto por influencias do Campiño (na zona da Reigosa), como en Caldelas, polo turismo.

Festas
     As festas patronais celébranse no último domingo de agosto, pero tamén son importantes as de San Vicente, en xaneiro, coa chamada Romaría do Cocido, e en setembro, a Virxe das Dores, en Anceu, cunha tradicional danza á que se atribúe unha orixe celta.

     Outra celebración gastronómica destacada é a Festa da Troita de Ponte Caldelas que inclúe un Concurso Internacional de Pesca Deportiva previo á degustación do prato. Celebrada o último domingo de maio, leva máis de 35 edicións.


     Outras festas da parroquia son a romaría de San Vicente en Parada, a romaría da Virxe da Saúde en Rebordelo, a festa do Muíño, en Taboadelo, a festa dos Remedios en Vilarchán, a romaría de Cristo Rei en Xustáns e a festa de San Miguel en Contixe.

Parroquias
   Anceu (Santo André), Caritel (Santa María), Castro Barbudo (Santa María), Forzáns (San Fiz), A Insua (Santa Mariña), Ponte Caldelas (Santa Eulalia), Taboadelo (Santiago), Tourón (Santa María), Xustáns (San Martiño)

Nota:
     Moi agradecido a Elena por acompañarme e por o tempo que me adicaron a descubrir os tesouros do Río San Vicente e do Rego de Guteiras. GRAZAS  

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA



MUIÑO EN SAN XIÁN - REGO DE AGRELA - MARÍN

 MUIÑO EN SAN XIÁN

SAN XIÁN

REGO DE AGRELA

MARÍN

 San Xián
     San Xián de Marín é unha parroquia que se localiza no concello de Marín.


     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.819 habitantes (1.431 mulleres e 1.388 homes), distribuídos en 28 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.937 habitantes.


     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 2.715 habitantes, sendo 1.350 homes e 1.365 mulleres.

Lugares de San Xián de Marín
     A Agrela, Arealonga, A Bouza, Bravos, O Caeiro, O Carballal, O Carregal, O Casal, Cidrás, Coirados, O Cruceiro do Vento, O Igrexario, A Laxe, Macenlle, A Moreira, O Outeiro, Pardavila, A Pena, A Porteliña, A Raña, A Roza, A Rúa Nova, O Sequelo, As Sete Espadas


Parroquias de Marín
     Ardán (Santa María), O Campo (Santa María), Marín (San Xián), Marín (Santa María do Porto), Mogor (San Xurxo), San Tomé de Piñeiro (San Tomé), Seixo (Nosa Señora do Carme)


Comarca do Morrazo
     A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A cal pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. 


     Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.

     É a comarca máis pequena de Galicia (140,7 km², o 0,47% de Galicia). Tiña 82 445 habitantes no 2018, e é unha das cinco máis densamente poboadas (585,96 hab/km²).

     É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico. A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa).

     Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo. Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.

     O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino. 

     Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo, á que pertence desde hai uns anos. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA



 

viernes, 1 de enero de 2021

CORTELLAS DE PEDRE - PEDRE - CERDEDO COTOBADE

 CORTELLAS DE PEDRE

PEDRE

CERDEDO COTOBADE

 Pedre
      Santo Estevo de Pedre é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade. 

     Segundo o INE, en 2010 tiña 215 habitantes (115 mulleres e 105 homes), 5 máis ca o ano anterior e 24 máis ca en 2005.


Patrimonio
      Pedre é unha terra de canteiros e un dos máis destacados foi Tiburcio Álvarez, nado a principios do século XVIII. Álvarez traballou na igrexa de Pedre no ano 1767. Xunto cos seus veciños Pedro Bugallo pai e fillo, fixo as escaleiras dos coros alto e baixo así como o enlousado da igrexa.

      A igrexa de Santo Estevo de Pedre é anterior ao século XVII. No adro, fronte á igrexa, hai un relevo de estilo gótico que data dos séculos XV e XVI, representando a Crucifixión e a Adoración dos Reis Magos, que probablemente estaba situado na fachada da igrexa.

     No lugar de Quinteiro de Salgueiro está a chamada Casa Grande que foi feita na época da Inquisición e data do ano 1600.

     Formando parte do antigo camiño de peregrinos atópase unha ponte de tres arcos.

     Na Eira Grande pódense ver oito canastros, a maioría de dous claros, e algún deles pertencen a dous veciños ou máis. Na mesma eira hai outra máis pequena chamada a Eira do Pallal, onde se xuntaban os veciños para mallar o centeo, con cinco canastros, todos restaurados.

     En Vichocuntín hai unha ponte dun arco rebaixado duns 35 m de longo e 25 de alto, con varandas de pedra concertada e lucida, construída a mediados do século XIX como parte da estrada entre Pontevedra e Ourense. Na aldea hai tamén un peto de ánimas cun cruceiro.

     En Serrapio sitúase a capela de San Lourenzo de estilo barroco do século XVIII, de planta rectangular, portada adintelada, pináculo nos extremos e espadana central de dobre corpo.


Lugares de Pedre
     Pedre, Serrapio, Vichocuntín



Cerdedo-Cotobade
     Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.


     Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km².

     Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.


Patrimonio arqueolóxico
    Calzada do monte Pé da Múa.
    Petróglifos de Pedra das Ferraduras, na parroquia de San Xurxo de Sacos e de Portela da Laxe, na parroquia de Viascón.

Patrimonio arquitectónico
    Igrexa de San Martiño de Rebordelo.
    Igrexa de San Xurxo de Sacos.
    Igrexa de Santa María de Sacos.
    Mosteiro de San Pedro de Tenorio.
    Ponte sobre o río Lérez.
    Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo.
    Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.

Festas e celebracións
    A festa da vincha, celebrada durante o entroido en Cerdedo;
    A festa do xabarín, celebrada en abril en Cerdedo;
    A rapa das bestas, celebrada no mes de agosto en Cuspedriños;
    A festa do requeixo, celebrada en xuño en Corredoira;
    A festa da filloa, celebrada en setembro en Valongo.


Parroquias de Cerdedo-Cotobade
     Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro), Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María) Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)  

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DO PONTE DA VACA - RÍO DAS FONTÁNS - GATOMORTO - XEVE

MUIÑO DE PONTE DA VACA

RÍO DAS FONTÁNS

GATOMORTO

XEVE

  Santa María de Xeve
     Santa María de Xeve é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra.

     Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 829 habitantes (386 homes e 443 mulleres), 143 menos ca en 1999.

     Ten 5 entidades de poboación. Até 1944 pertenceu ao concello de Xeve.

Xeografía
     A parroquia limita con Santo André de Xeve, Verducido, Mourente e Lérez, e polo seu territorio pasa o río Lérez.

Patrimonio
     En Gatomorto está o Penedo de Argoenca, petróglifo declarado Ben de Interese Cultural.

     A Casa Gondar, unha construción do século XVIII que aínda conserva unha dependencia anexa outrora empregada como cárcere, e tamén a igrexa parroquial cun campanario de estilo barroco e de frontal neoclásico.

      Celébranse o Corpus Christi e santo Antón de Padua (o domingo seguinte ao 13 de xuño), a Nosa Señora do Carme (o domingo seguinte ao 16 de xuño) e a Inmaculada Concepción o día 8 de decembro.


Lugares de Santa María de Xeve
     O Couso, Os Fontáns, Frieiro, Gatomorto, A Igrexa


Antiguo Concello de Xeve
     Xeve foi un antigo concello da comarca de Pontevedra formado polas parroquias de Santo André de Xeve, Santa María de Xeve e Verducido, integradas as tres no concello de Pontevedra desde 1944.

     Queda como testemuña o edificio que daquela acollía as dependencias administrativas.

     En 1847, data da primeira acta conservada, o alcalde era Alberto Gómez.

     O 20 de abril de 1931, trala chegada da II República Española, foi nomeado alcalde Lino Tilve Corbacho.

    O último mandatario foi Benito Rivas Hermida. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA