Campañó San Pedro de Campañó é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra.
Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1892 habitantes (919 homes e 973 mulleres), 132 menos ca en 1999.
Ten 31 entidades de poboación.
Sitúase ao pé do monte Castrove, a tres quilómetros da cidade de Pontevedra.
Por ela pasa o río Rons e a estrada PO-531.
É unha parroquia rica en restos arqueolóxicos, tras o achado de petróglifos e cerámicas.
Nela hai un poboado castrexo, o castro de Campañó.
Moitos cruceiros espállanse polo seu territorio, a meirande parte situados no antigo sitio de Bartram, durante o século XVI.
A comezos do século XVII certas terras da parroquia foron aforadas polo arcebispo de Compostela, Maximiliano de Austria.
O templo é de orixe románica, pero reformouse no século XVIII.
No interior presenta variada decoración e un gran retablo coa figura de San Pedro ao fondo; hai unha imaxe da Virxe do gótico do século XIV.
Festividades Ao comezo do verán celébranse as festividades de San Pedro (29 de xuño) e de San Paio (30 de xuño).
A Virxe das Dores celébrase os días 17 e 18 de setembro.
O 12 de outubro, polo día do Pilar, tamén hai festa na parroquia, sendo a única que se celebra no lugar de Sabarís.
Lugares de Campañó Altabón, Barragáns, O Bispo, A Boca, Cabaleiro, O Cachapal, Campañó de Arriba, Carballiños, O Casal de Rei, Casal do Mendo, O Cochón, A Corredoira, Ferreiros, O Freixo, A Galiana, Moldes, Os Muíños, Parada, Pedreira, Piñeiro, O Ribeiro, Sabarís, Soutonovo, O Vao
Cabarcos Cabarcos é unha localidade do municipio de Sobrado, comarca do Bierzo, provincia de León Comunidade Autónoma de Castilla e León.
É un pobo limítrofe coa comarca de Valdeorras, (situada na provincia de Ourense) da que lle separan escasos metros, e desde el pódese acceder ao Barco de Valdeorras por unha estrada comarcal.
Atópase situado a 740 metros de altitude na Serra da Encina da Lastra. En fronte ao pobo atopámonos as formacións rocosas en forma de pico da Tara (1099 m), e o madroñal, o Pinouco e o Pinouquín, precisamente do Pinouco nace o arroio de Cabarcos que rega os castiñeiros próximos, unha das maiores riquezas deste pobo.
Próximo, a uns poucos quilómetros, atópase o Val do Selmo.
Acedese seguindo a estrada Ponferrada-Ourense e collendo o desvío que leva a Fritise e unha vez chegado a esta localidade continuar polo desvío que leva a Portela de Aguiar para continuar ata Santo Tirso de Cabarcos.
O Monte Medulio en Cabarcos Recentes estudos e achados realizados polo historiador bercianos Vicente Fernández Vázquez e Leandro Fernández Vázquez, desvelaron a posibilidade de que nas proximidades atopásese o emprazamento do Monte Medulio onde tivo lugar a última batalla entre os pobos prerromanos e as lexions romanas e onde, ao perder aquela batalla, suicidáronse. Aínda así, o emprazamento definitivo do Monte Medulio, lonxe de aclararse, é motivo de arduos debates dándose moitos outros lugares máis ou menos afastados como posibles.
A proximidade relativa das Medulas (chamadas polos lugareños Penas Louras) axuda a avalar esta posibilidade.
Campañó San Pedro de Campañó é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra.
Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1892 habitantes (919 homes e 973 mulleres), 132 menos ca en 1999.
Ten 31 entidades de poboación.
Sitúase ao pé do monte Castrove, a tres quilómetros da cidade de Pontevedra.
Por ela pasa o río Rons e a estrada PO-531.
É unha parroquia rica en restos arqueolóxicos, tras o achado de petróglifos e cerámicas.
Nela hai un poboado castrexo, o castro de Campañó.
Moitos cruceiros espállanse polo seu territorio, a meirande parte situados no antigo sitio de Bartram, durante o século XVI.
A comezos do século XVII certas terras da parroquia foron aforadas polo arcebispo de Compostela, Maximiliano de Austria.
O templo é de orixe románica, pero reformouse no século XVIII.
No interior presenta variada decoración e un gran retablo coa figura de San Pedro ao fondo; hai unha imaxe da Virxe do gótico do século XIV.
Festividades Ao comezo do verán celébranse as festividades de San Pedro (29 de xuño) e de San Paio (30 de xuño).
A Virxe das Dores celébrase os días 17 e 18 de setembro.
O 12 de outubro, polo día do Pilar, tamén hai festa na parroquia, sendo a única que se celebra no lugar de Sabarís.
Lugares de Campañó Altabón, Barragáns, O Bispo, A Boca, Cabaleiro, O Cachapal, Campañó de Arriba, Carballiños, O Casal de Rei, Casal do Mendo, O Cochón, A Corredoira, Ferreiros, O Freixo, A Galiana, Moldes, Os Muíños, Parada, Pedreira, Piñeiro, O Ribeiro, Sabarís, Soutonovo, O Vao
Cuntis Cuntis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas.
Segundo o IGE en 2014 tiña 4.931 habitantes (5.340 en 2005). O seu xentilicio é «cuntense».
Xeografía O concello está situado no noroeste da provincia de Pontevedra, e limita cos concellos de Valga, A Estrada, Campo Lameiro, Moraña e Caldas de Reis. Ten 79,8 km², e conta con 78 entidades de poboación repartidas entre 8 parroquias.
Lugares de interese turístico Mananciais de auga termal As augas dos mananciais do concello de Cuntis son sulfuro-sódicas e hipertermais, acadando até os 64 °C. O seu uso terapéutico está recomendado contra a reuma, a gota ou a psoríase. Antigamente tamén era recomendado para curar a sífilis. Algúns dos mananciais están explotados por empresas privadas, a pesar das protestas veciñais que defenden o seu carácter público.
Destacan os mananciais de Fogo de Deus (ou do Foxo, ou A Burga), de uso público; o da Carreira do Conde, de uso privado; o da Rúa Real; As Eiras (Eira Vella e Eira Nova); Os Forniños (Forno Novo e Vello); a Burga do Castro e A Barreira.
Parques Parque da Feira: ampla zona de recreo, antigamente coñecida como As Codeseiras. Nel celébranse festas e romarías e sitúase o pombal e o hórreo da casa reitoral, o monumento homenaxe aos Canteiros, esculpido polo artista local Maxín Picallo Durán e un busto de Roberto Blanco Torres.
Parque de Maráns: nel está o Monumento ao Sagrado Corazón de Xesús, esculpido por Francisco Asorey. Desde el contémplase a vila de Cuntis desde un miradoiro.
Parque do Castro: situado á beira do río Gallo, é privado.
Outros lugares O Penedo: unha poza do río Umia próxima á Ponte Taboada e ó lugar de Fontecova. Na zona consérvanse muíños. Era lugar de baño nos meses do verán e podíase atopar o denominado mexillón de río (Margaritifera margaritifera), en perigo de extinción e protexido. Entre as aldeas de Vilameán e O Casal pódese ver unha casona de cantaría cun gran hórreo, a igrexa parroquial e o calvario, rodeados dunha carballeira onde se celebran as romarías. Lagoas de Zo: situadas entre os lugares de Zo e Mesego, son interesantes por estaren localizadas nunha paraxe natural con amplas vistas do val de Cuntis, Salnés e terras de Montes e A Estrada. Senda Peonil da Ponte do Ramo (PR-G 123): Trátase dunha ruta circular de pequeno percorrido que ten inicio e fin na Ponte do Ramo. Enlaza nun tramo coa PR-G 20 (Circular de Cuntis) e noutro coa GR-94 (Rural de Galicia). No seu comezo discorre pola beira do Umia e máis adiante segue a vía romana que atravesa o Regato do Foxo en dirección aos petróglifos de Cequeril.
Festas Reis Magos: 6 de xaneiro (Meira) Santo Ildefonso: 23 de xaneiro (Troáns) San Brais: 3 de febreiro (Piñeiro) Santa Apolonia: luns de Entroido (Mesego) Festa do Lacón: domingo de Entroido (Cuntis) Festas da Virxe do Loreto: luns de Pascua (O Loureiro) Feira Gastronómica do coello: 22 de xuño (A Anllada) Cacharelas de San Xoán: 23-24 de xuño (destaca a de Guldrigáns e a de Castrolandín, entre outras) Santo Cristo: 29 de xuño (Estacas) San Bieito de Pereira: 11 de xullo (Trasponte) A Madalena: 22 de xullo (Meira) Santiaguiño: 25 de xullo (A Ermida) Festas patronais: 15, 16, 17 e 18 de agosto (Cuntis) Rapa das bestas do Monte Xesteiras: segundo fin de semana de agosto (Couselo). Festa do Cabalo: 18 de agosto (Trasponte) Virxe da Peña de Francia: 19 de agosto (Xinzo) Festas de Cequeril: derradeiro fin de semana de agosto (Cequeril) San Ramón: derradeiro domingo de agosto (A Anllada) Festa Virxe das Dores: 16 e 17 de setembro (Cuntis)
Feiras Aínda que antigamente se celebraban tres (a do Baño, a de Santo Isidro en Meira e a da carballeira do 18 en Troáns), arestora só se celebran o día 22 de cada mes e os sábados pola mañá na Praza da Constitución.
A feira do dezaoito recuperouse como feira sustentábel artesanal, gastronómica e lúdica con carácter anual a partir de 2009. Celébrase o sábado máis próximo ao día 18 do mes de xuño.
Comarca de Caldas A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis.
Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.
Parroquias de Cuntis Arcos (San Breixo), Cequeril (Santa María), Couselo (San Miguel), Cuntis (Santa María), Estacas (San Fiz), Piñeiro (San Mamede), Portela (Santa Eulalia), Troáns (Santa María)