martes, 20 de octubre de 2020

CRUZ DE SERGIO AMOEDO DURÁN - CALVELLE - AGUASANTAS - CERDEDO COTOBADE

CRUZ DE SERGIO AMOEDO DURÁN

CALVELLE

AGUASANTAS

CERDEDO COTOBADE


     Xa outras veces falamos das cruces, que son miles as que ai por toda Galicia, e que recordan tráxicos sucesos.


     A de hoxe recorda a morte do veciño Sergio Amoedo Durán de Calvelle da parroquia de Agusantas no Concello de Cerdedo Cotobade.


    A Cruz atopase nun cruce de camiños na entrada de Calvelle cerca do cruce da carretera que vai de Ponte Caldelas a Aguasantas


     Sergio Amoedo morreu nun acidente co tractor, e a cruz foi colocada por a sua familia, nela recordase o traxico acidente ocurrido o 25 de Novembro de 1967.


     O meu agradecemento o Rubio de Cotobade, Luis de Laxoso e Manuel Fernandez, como tamen a moitos e moitas seguidores dos meus sitios na rede que me axudaron a saber o motivo de esta cruz. 


EL IDEAL GALLEGO

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 19 de octubre de 2020

PEDRA DA CALAVERA - TABOADELO - PONTE CALDELAS

 PEDRA DA CALAVERA

TABOADELO

PONTE CALDELAS


      Da man de meu amigo Fernando Orge fun quen de descubrir moitos recunchos inéditos de esta parroquia de Ponte Caldelas, mil gracias por o tempo que me dedica a min e os seguidores de este sitio.

       O tempo foi quen de crear pedras caprichosas  o longo de miles de anos, como esta coñecida como pedra da Calavera, polo seu parecido a un ser  fantasmagórico, iso que non se pode ver totalmente por a sedimentación de moitos anos..

      Foi lugar de xuntanza e xogos de nenos da parroquia, e tamen un lugar rodeado de lendas e contos, como consecuencia de lumes e falta de aproveitamento do monte  a zona esta bastante abandonada e o lugar que foi un mirador de Val do Río Verdugo totalmente tapado por a maleza.

Taboadelo
     Santiago de Taboadelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas.


      Segundo o IGE no 2017 tiña 204 habitantes (110 homes e 94 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ós padróns anteriores.


Historia
     No libro Manuel Murguía, de Vicente Risco, menciona que en Taboadelo aínda se celebraba "A xunta dos homes".


     Trátase dunha asemblea rural con cargos vitalicios (repúblicos, todos os homes casados da parroquia) e electos cada ano (mordomo, elixido cada 1 de xaneiro).


Festas
     Desde o ano 2004 celébrase na parroquia a Festa do Muíño, á beira do río Verdugo. Desde a restauración do muíño de Abaixo, por parte da Asociación de Veciños O Carballo, a penúltima fin de semana de xuño prográmanse degustacións gastronómicas e actos lúdicos e musicais, con zona de acampada.


Lugares de Taboadelo
     Taboadelo, Verdugo

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 

XOAN ARCO DA VELLA


viernes, 16 de octubre de 2020

PETRÓGLIFOS DO OUTEIRO DO FORNO DA TELLA - CUNTIS

 PETRÓGLIFOS

 DO 

OUTEIRO DO FORNO DA TELLA

CUNTIS


Petróglifos do Outeiro do Forno da Tella
      Petróglifos como os do Outeiro do Forno da Tella I outórganlle a Cuntis un importante valor no tocante aos gravados rupestres. 

     Nel, numerosas combinacións circulares atópanse en distintas rochas, porén un dos grupos máis espectaculares amosa unha "procesión" de cérvidos que foxen dun suposto inimigo. 

     Noutra parte desta laxe, con todo naturalismo elaboraronse outros tres (quizais bramando) e animais dispersos en actitude de busca de alimento.

     Algo máis ao nacente deste conxunto está o Outeiro do Forno da Tella II, no que atopamos un cervo e varios motivos circulares.


Santa María de Cuntis
     Santa María de Cuntis é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cuntis.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.481 habitantes (1.321 mulleres e 1.160 homes), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.453 habitantes.



     Os lugares son Cuntis (Capital do concello), Calvos, Pereira, Trasponte, Meira, Fontecova, O Rogadío, Cardecide, A Louriña, Xinzo, Rebordelo, A Ermida, A Paizosa, O Campo, Laxos, O Pazo, Castrolandín, A Patela, Mesego, Zo, Foxacos, Vilar, Porto de Gómez, Chapín, Piñeiros, Vilariño e O Noval.


     Ten os petróglifos de Cartas e Cartas da Fóra (Cardecide), Outeiro do Forno de tella, Outeiro de Vales, Costa de Vales, Outeiro grande, Outeiro do Moucho e Outeiro da Campá (no polígono industrial).


     Conta cos castros de Castrolandín (escavado), Meira, O Castriño (Xinzo) e Laxos.

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 15 de octubre de 2020

PETROGLIFO OUTEIRO DO MOUCHO - CUNTIS

 PETROGLIFOS OUTEIRO DO MOUCHO

CUNTIS

 Petroglifos Outeiro do Moucho

      É moi amplo o legado arqueolóxico que nos ten deixado a cultura da Idade do Bronce nas terras de Cuntis, sendo os gravados rupestres os de maior relevancia.

      Non menos de 25 grupos inscultóricos se localizan nesta xeografía, clasificados en 5 areas máis ou menos definidas.

    Estes gravados, esparexidos por diferentes freguesías, conteñen motivos variados: pseudolabirintos, combinacións circulares, cazoletas, zoomorfos...


     No Monte do Moucho, próximo á estrada de Calvos a Teaño, hai un gran promontorio rochoso que ten na súa superficie unha gran combinación circular, a modo de elipse, con dúas cazoletas como centros, que lle asignan unha clara aparencia da face do animal que lle dá nome a este outeiro.

     Igualmente, círculos con cazoletas interiores, coviñas e outros motivos espállanse neste fermoso penedo.

Santa María de Cuntis
     Santa María de Cuntis é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cuntis.


     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.481 habitantes (1.321 mulleres e 1.160 homes), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.453 habitantes.


     Os lugares son Cuntis (Capital do concello), Calvos, Pereira, Trasponte, Meira, Fontecova, O Rogadío, Cardecide, A Louriña, Xinzo, Rebordelo, A Ermida, A Paizosa, O Campo, Laxos, O Pazo, Castrolandín, A Patela, Mesego, Zo, Foxacos, Vilar, Porto de Gómez, Chapín, Piñeiros, Vilariño e O Noval.


     Ten os petróglifos de Cartas e Cartas da Fóra (Cardecide), Outeiro do Forno de tella, Outeiro de Vales, Costa de Vales, Outeiro grande, Outeiro do Moucho e Outeiro da Campá (no polígono industrial).


     Conta cos castros de Castrolandín (escavado), Meira, O Castriño (Xinzo) e Laxos.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Concello de Cuntis

XOAN ARCO DA VELLA


 

miércoles, 14 de octubre de 2020

PONTE DO CORTELLA - RÍO CORTELLA - MELÓN

 PONTE DO CORTELLA

RÍO CORTELLA

MELÓN


Melón
     Santa María de Melón é unha parroquia do concello do mesmo nome (Melón), situada na provincia de Ourense.

     Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 603 habitantes (284 homes e 319 mulleres), o que supón unha diminución en 8 habitantes en relación ao ano anterior.

Lugares da parroquia de Melón
     Cima de Vila, A Cortella, O Coruxal, A Costa do Cuco, A Fonte Santa, A Hedreira, Melón, As Mestas, Penavaqueira, A Ponte, O Retiro, Seoane, Tourón, Valmourisco


Concello de Melón
     Melón é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.

     Segundo o padrón municipal (IGE) tiña en 2016 1 280 habitantes, dos que 667 son mulleres e 613 homes, nun descenso continuado de poboación desde 2012, cando tiña 1 479 habitantes.

Xeografía
     O concello ten 53,2 km². Limita ao norte cos concellos de Avión e Carballeda de Avia, ao sur co da Cañiza (da provincia de Pontevedra), ao oeste con A Arnoia e Ribadavia e ao oeste con Covelo (tamén da provincia de Pontevedra). Polo concello pasa a autovía A-52 que une Vigo e Ourense.

Historia
     A historia desta terra está fortemente vencellada a da mosteiro de Melón, fundado en 1158 por monxes da orde do Císter chegados de Clairvaux comandados polo abade Giraldo.

     Entre o patrimonio arquitectónico, amais das ruínas do mosteiro (declarado Monumento Histórico-Artístico en 1931), destaca a igrexa parroquial de Quins (finais do século XVI, pertencente á orde do Císter) e o peto de ánimas de Codesás, construído en 1856 e de gran devoción popular


Parroquias de Melón
     Melón (Santa María), Quins (Santa María)

Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

      A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 16.547 habitantes (2017). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia. 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA