sábado, 13 de junio de 2020

PASOS DE XESTA A VELLA - RÍO XESTA - XESTA - A LAMA

PASOS DE XESTA A VELLA
RÍO XESTA
XESTA
A LAMA


      Estes pasos que atravesan o Río Xesta son posiblemente a comunicacion primitiva entre a Xesta actual e a primitiva Xesta que estaba o outro lado do Río, tamen servia de comunicacion co lugar da Grifa.


Xesta
     San Bartolomeu de Xesta é unha parroquia que se localiza no concello da Lama. 



   Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 349 habitantes (188 mulleres e 161 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 300 habitantes.


Lugares de Xesta
     O Aredo, As Barreiras, Campelo, A Grifa, Liñares, O Outeiro, Pigarzos, Portomartiño, Xesta


A Lama
     A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra.



     Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio  é lamense.



Xeografía
     O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial. Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.



Comunicacións
     A principal vía de comunicación é a PO-255 (que comunica con Ponte Caldelas e que permite chegar a Pontevedra e a PO-235 que une o concello con Carballedo, capital do municipio de Cerdedo-Cotobade.



Demografía
     A pirámide poboacional é a dun concello rural galego. É dicir, a poboación é avellentada. Pero recentes campañas municipais para atraer residentes ao termo municipal, conseguiron manter o censo.



     De todas as maneiras, segue sendo inferior ao censo de 1995 (cando vivían 3.517 veciños).



     A poboación do municipio está bastante diseminada nas 10 parroquias do concello. Mais a parroquia capital é con notoriedade, a máis poboada.



Historia
     Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas. Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias hachas de bronce.



     Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido). Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.



     Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro da Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.



     Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.



     A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.


Turismo
     A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".
     É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.
     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.



 Parroquias da Lama  
      Antas (Santiago), A Barcia do Seixo (Santa Ana), Covelo (San Sebastián), Escuadra (San Lourenzo), Gaxate (San Pedro), A Lama (San Salvador), Seixido (San Bartolomeu), Verducido (San Martiño), Xende (San Paulo), Xesta (San Bartolomeu)


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

PASOS DE SILVOSO - REGO DE PORTA CERDEIRA - A INSUA

 PASOS DE SILVOSO
REGO DE PORTA CERDEIRA
SILVOSO REGODOBARGO
A INSUA
PONTE CALDELAS



     Nestas fotos que nos envio Rosana Comesañaa a que agradecemos moitisimo as fotos que nos enviou nos ultimos dias.


     Estes pasos encontranse na parroquia da Insua e salva ou Rego de Porta Cerdeira que separa os lugares de Silvoso e Regodobargo.


     Hoxe a comunicación entre os lugares xa cambiaron e discorren por outro lado, pero estas fotos recordanos este sistema de pasos, poldras ou pasaderas que servian para salvar os rios e regatos.


A Insua
     Santa Mariña dá Insua é unha parroquia que se localiza non concello pontevedrés de Ponte Caldelas.



     Segundo ou IGE en 2016 tiña 895 habitantes (455 mulleres e 440 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, ou que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tinga 1156 habitantes.



Lugares da Insua
     A Insua, A Roca, Chaín, Covelo, Rebordelo, Rego do Vargo, Silvoso.



Ponte Caldelas
      Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio é pontecaldelán.



Patrimonio arquitectónico
     No termo municipal ha numerosas testemuñas do seu pasado, destacando os castros de Santa María de Castro Barbudo e o monte Castrelo en Parada, onde tamén están os petróglifos de Tourón.



     A igrexa parroquial de Santa Eulalia de Ponte Caldelas destaca polo seu retablo pétreo, obra do mestre Manuel González, autor tamén da fonte que se atopa na praza do Bispo no centro da vila e do Calvario de Barbudo.


     A igrexa de Santa María de Tourón é de orixe románica de finais do século XII, conservando desa época algúns elementos dispersos. Nunha fachada lateral existe un escudo dos Pazos de Proben


     Destacan tamén as igrexas da Insua, aberta ao val cun Via Crucis de pedra arredor do adro, e a igrexa de Xustáns, cun conxunto de igrexa e cemiterio con outro cruceiro.


     Tamén destaca a Capela do Sagrado Corazón, dende onde se contempla a vista de paxaro a vila.


     Hai pazos e casas grandes en Tourón, Sande e San Ramón. Tamén destacan as casas de indianos de Caritel, A Insua e a da Vila.


Festas
     As festas patronais celébranse no último domingo de agosto, pero tamén son importantes as de San Vicente, en xaneiro, coa chamada Romaría do Cocido, e en setembro, a Virxe das Dores, en Anceu, cunha tradicional danza á que se atribúe unha orixe celta.



     Outra celebración gastronómica destacada é a Festa da Troita de Ponte Caldelas que inclúe un Concurso Internacional de Pesca Deportiva previo á degustación do prato. Celebrada o último domingo de maio, leva máis de 35 edicións.


     Outras festas da parroquia son a romaría de San Vicente en Parada, a romaría da Virxe da Saúde en Rebordelo, a festa do Muíño, en Taboadelo, a festa dos Remedios en Vilarchán, a romaría de Cristo Rei en Xustáns e a festa de San Miguel en Contixe.


Parroquias de Ponte Caldelas    
     Anceu (Santo André),, Caritel (Santa María), Castro Barbudo (Santa María), Forzáns (San Fiz), A Insua (Santa Mariña), Ponte Caldelas (Santa Eulalia), Taboadelo (Santiago), Tourón (Santa María), Xustáns (San Martiño) 


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fotos: Rosana Comesaña
XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO PETO DE CONTIXE - CONTIXE - TOURÓN - PONTE CALDELAS

 CRUCEIRO PETO DE CONTIXE
CONTIXE
TOURÓN
PONTE CALDELAS


    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.


     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.



     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.



     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.



     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.



     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.



     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.



     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 12 de junio de 2020

IGREXA E CEMITERIO DE SOUTOMERILLE - SOUTOMERILLE - CASTROVERDE

 IGREXA CEMITERIO DE SOUTOMERILLE
SOUTOMERILLE
CASTROVERDE
LUGO

     Situada no camiño primitivo de Santiago de Compostela e nunha contorna plena de construcións históricas abandonadas, como as casas-torre de Arriba e de Abaixo.


     Contase que en varios pazos os peregrinos tiñan ata sete refuxios. A igrexa de San Salvador, de orixe descoñecida aínda que estea documentada dende o ano 897, con varias inscripciones atopadas no seu pavimento de pizarra, existeu en epoca visigoda, modificase en estilo mozárabe, como demostra a fiestra que se conservou na última reconstrución do ano 1619,  a súa planta formada por nave, presbiterio e ábside rectangular.


Soutomerille
     San Salvador de Soutomerille é unha parroquia deshabitada que se localiza no concello de Castroverde.



     A igrexa parroquial, en ruínas, é prerrománica reconstruída no século XVII. 


     No lugar de Gondar houbo un hospital para os peregrinos do Camiño de Santiago que pasa pola parroquia.


Patrimonio
     Ademais da igrexa parroquial, en Soutomerille consérvanse as ruínas de dúas casas grandes, a Torre de Arriba e a Torre de Abaixo, catalogadas como bens de interese cultural.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fotos: Luz Alonso
XOAN ARCO DA VELLA