viernes, 1 de mayo de 2020

MUIÑO DE CAMPADOS - RÍO AZAL - PRADO DA CANDA - COVELO

 MUIÑO DE CAMPADOS
RÍO AZAL
PRADO DA CANDA
COVELO


Prado de Canda
     Santiago de Prado de Canda é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Covelo na comarca da Paradanta.


     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 93 habitantes (49 mulleres e 44 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 107 habitantes.


     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 75 habitantes, sendo 34 homes e 41 mulleres.


Lugares de Prado de Canda
     A Aldea de Baixo, A Aldea de Riba, O Carballal, A Arigua, A Bouza, As Casanovas, Cavadiña, A Costa, Os Loureiros, O Outeiro, A Porteliña


Covelo
     Covelo é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca da Paradanta. Segundo o IGE no 2014 tiña 2719 habitantes. O seu xentilicio  é «covelense».


     Limita cos concellos de Avión e Melón (na provincia de Ourense), A Cañiza, Mondariz e Fornelos de Montes.


Patrimonio
     Conta cun foxo de lobo restaurado en 2013 na parroquia de Campo, con dous funís de entrada e unha profundidade de dous metros.
     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.



Parroquias de Covelo
     Barcia de Mera (San Martiño), Campo (Santa María), Casteláns (Santo Estevo), Covelo (Santa Mariña), Fofe (San Miguel), Godóns (Santa María), A Graña (San Bernabeu), A Lamosa (San Bartolomeu), Maceira (San Salvador), Paraños (Santa María), O Piñeiro (San Xoán), Prado (San Salvador), Prado de Canda (Santiago), Santiago de Covelo (Santiago)


Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. 



     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.


     Ocupa unha extensión de 333,3 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 13.226 habitantes no ano 2014.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

martes, 21 de abril de 2020

MUIÑO DE CANXIL - CANXIL - RÍO ALÉN - BARCIA DE MERA - COVELO

  MUIÑO DE CANXIL
CANXIL
RÍO ALÉN
BARCIA DE MERA
COVELO


Barcia de Mera
     É unha das parroquias con máis poboación do municipio. 

 

     O río Alén sepára do limítrofe Mondariz , salvo os lugares de Alén e Caxil que pertencen á parroquia e están na outra marxe do río.


      Aínda queda na parroquia o lugar onde perdura a tradición da existencia dun antigo Mosteiro, e onde moi probablemente estivo a primitiva igrexa ou capela parroquial, ata que foi trasladada ao lugar actual, quedando só unha capela construída pola "Santa Inquisición" e un bosque de carballos; este é o lugar de San Xoán do Mosteiro . 
 

     No mesmo lugar atopamos unha ponte medieval ben conservada e os restos dunha vía antiquísima que se perde na espesura do bosque onde pode atopar a "Fonte Santa" as augas da cal eran moi buscadas hai anos e manteñen durante todas as estacións a mesma temperatura.


      Os seus viños, xunto cos da veciña parroquia de Casteláns, destacan polo seu sabor afrutado coas características propias do viño do Condado.


     É un lugar que invita ó descanso e á meditación dispoñendo ademais de instalacións para o esparexemento: unha Casa do Pobo, un campo de fútbol no lugar de Redondo, unha pista de deportes e unha praia fluvial. 


Barrios: 
     Alén, Caxil, Mera, Oleiros, Redondo, San Amaro e Vilanova.


     Como lugares de interese atopamos o Conxunto Abacial de San Martiño de Barcia de Mera, Igrexa e Casa Rectoral de estilo barroco onde merece destacar a fermosa fachada da Casa Rectoral repleta de detalles con influencia de culturas precolombinas. 


     A súa cheminea, o seu patio interior, as gárgolas, a sua impoñente lareira, as vistas ao fértil val, fan desta obra un dos conxuntos arquitectónicos máis importantes de Galicia. 


     Recentemente realizouse unha rehabilitación parcial da Igrexa quedando pendente a necesaria recuperación do Pazo Abacial.


Os seus barrios e lugares son:  

     Alén, A Carballeira, Carredás, Caxil, O Ceo, A Corcoveira, Espiñeiro, Mera, Os Oleiros, O Pazo, A Peleda, As Pereiras, Redondo, O Santo Amaro, Os Seixedos, O Ucedo, Vilanova.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Concello de Covelo
XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DE SAN BLAS - PAZO DE AGUETE - SEIXO - MARÍN

CAPELA DE SAN BLAS
PAZO DA AGUETE
SEIXO
MARÍN


Marín
      Marín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente xeografica e administrativamente á comarca do Morrazo, pero integrado socioeconomicamente na zona urbana de Pontevedra. 



     Segundo o IGE en 2018 tiña 24.362 habitantes. O seu xentilicio é «marinense».


Xeografía
     O municipio de Marín ten unha superficie de 36,7 km², inferior á media dos concellos de Galicia (que é de 93,57²) e dos da provincia de Pontevedra (que é de 71,57 km²), pero a súa situación entre o mar e a montaña proporciona un gran contraste e variedade de paisaxes. Conta con 8 quilómetros de costa, que forman parte da marxe sur da ría de Pontevedra.



     Marín está situado na península do Morrazo, na marxe meridional da ría de Pontevedra, a 7 km de Pontevedra e 27 de Vigo. Linda ao norte coa ría de Pontevedra, ao leste co concello de Pontevedra, ao sur cos de Vilaboa e Moaña e ao oeste co concello de Bueu.


     As alturas maiores do concello están no leste, o monte Xaxán (600 m) e Cotorredondo (500 m). A partir delas, o relevo descende en pendente cara a costa, na que alternan os acantilados e as praias, debido á alternancia de faixas de xistos e granitos. 
 


     A illa de Tambo está situada a pouco máis dun quilómetro do porto e é de propiedade pública desde hai pouco, xa que antes pertencía á Armada Española. Con todo, a súa xurisdición correspóndelle ao concello de Poio.


Cultura
     A imaxe de Marín, capital da cigala, está asociada á Escola Naval Militar, creada en 1943 e que ocupa a parte central do núcleo urbano cunhas instalacións de 241.000 m². 



     Son tradicións relevantes a danza das espadas.


Festas
     En Marín celébranse moitos eventos culturais, e os máis importantes son:



     As Festas do Carme (16 de xullo), que é o evento máis importante da vila coa celebración de numerosos actos ao longo dos 10 días que dura a festividade.


     A Festa de San Miguel (29 de setembro), nela celébrase a "Danza das espadas", na que os mareantes da vila percorren as súas rúas marcando os pasos coa música das gaitas, unidos uns a outros polo que denomínanse as "espadas".


      A festa da Sidra e da mazá en Santo Tomé de Piñeiro, onde os produtos desta terra son a base da festa, que conserva este produto típico da zona mediante a celebración que xunta a todos os veciños e veciñas da parroquia co fin de degustar varios pratos que fan coas mazás.


      O Entroido, onde todos os marinenses e demais visitantes bótanse á rúa cos seus disfraces a celebrar o entroido. Conta con moitas actuacións nas súas rúas ademais de desfiles e concursos. Destaca como día grande deste Entroido, o chamado "Enterro da sardiña", onde disfrazados cos seus traxes de loito e cunha grande tristura despídense do cadáver da sardiña. Tamén son importantes nestas festas as charangas, que compoñen cancións de temas de actualidade.


Parroquias de Marín
     Ardán (Santa María), O Campo (Santa María), Marín (San Xián), Marín (Santa María do Porto), Mogor (San Xurxo), San Tomé de Piñeiro (San Tomé), Seixo (Nosa Señora do Carme) 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DO PICOUTO - O PICOUTO DE ABAIXO - RIO BORELA . BORELA - CERDEDO COTOBADE

MUIÑO DO PICOUTO
O PICOUTO DE ABAIXO
RÍO BORELA
BORELA
CERDEDO COTOBADE 

O Picouto de Abaixo
     O Picoto de Abaixo é un lugar da parroquia de Borela, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. 


     Segundo o IGE en 2007 tiña 29 habitantes (16 homes e 13 mulleres), tres máis ca en 2006.


     Neste lugar atópase o cruceiro de Picouto.


     Debe o seu topónimo a que o lugar está situado ó pé dun cumio alto (pico outo), o monte Meán (434 metros).


San Martiño de Borela
     San Martiño de Borela é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cotobade.


     Segundo o IGE no 2007 tiña 388 habitantes (189 homes e 199 mulleres), 6 máis que no 2006. Dos seus 11 lugares, 9 están habitados.



Persoeiros
     En 1947, a escritora brasileira Nélida Piñon, que daquela contaba con 10 anos, múdase cos pais e cos avós maternos para Borela, onde ficarán dous anos.



Lugares de Borela
     A Aldea de Abaixo, Borela, A Brea, A Cavada, A Costa, Os Currás, A Graña, Pazos, O Picoto de Abaixo, A Ponte Borela, A Senra



Cerdedo-Cotobade
     Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.


     Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km².


     Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.


Toponimia
     O topónimo procede da combinación do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade trala súa fusión.


Cerdedo
     Cerdedo, como Cerdido, é un fitotopónimo abundancial para un lugar con presenza de cerdeiras.


Cotobade
      En ocasións pensouse que o topónimo Cotobade derivaba de couto do abade, dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de bieitos de Tenorio, e como tamén mal referenciara o Padre Sarmiento.


     O nome aparece referenciado ao logo da historia coma: Castro Cutubade cum tota terra sua (ano 1180); Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1182), Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1188); castrum quod dicitur Cotobadi cum pertinentiis suis (ano 1199), castrum quod dicitur Cotobade (ano 1225).


     Cotobade débese descompoñer en coto, palabra galaica de orixe prerromana *Cotto (…) e un nome persoal en xenitivo Bade, o cal se repite illado na toponimia galega e parece que non é aférese de abbas -atis, "abade", senón o antropónimo Vatis (Ares 2001:74).


Patrimonio
Patrimonio arqueolóxico
    Calzada do monte Pé da Múa.
    Petróglifos de Pedra das Ferraduras, na parroquia de San Xurxo de Sacos e de Portela da Laxe, na parroquia de Viascón.


Patrimonio arquitectónico
    Igrexa de San Martiño de Rebordelo.
    Igrexa de San Xurxo de Sacos.
    Igrexa de Santa María de Sacos.
    Mosteiro de San Pedro de Tenorio.
    Ponte sobre o río Lérez.
    Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo.
    Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.


Etnografía
Festas e celebracións
    A festa da vincha, celebrada durante o entroido en Cerdedo;
    A festa do xabarín, celebrada en abril en Cerdedo;
    A rapa das bestas, celebrada no mes de agosto en Cuspedriños;
    A festa do requeixo, celebrada en xuño en Corredoira;
    A festa da filloa, celebrada en setembro en Valongo.



Parroquias de Cerdedo-Cotobade
     Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María) Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA