miércoles, 8 de enero de 2020

PONTE DE PORTO SALGUEIRO - REGO DE SILVAS - CAMIÑO LAXEDO GATEIRA - A LAMA

PONTE DE PORTO SALGUEIRO
REGO DE SILVAS
CAMIÑO LAXEDO A GATEIRA
COVELO
A LAMA


Laxedo
     Laxedo é un lugar da parroquia de Covelo, no concello pontevedrés da Lama, na comarca de Pontevedra. 
 

     Segundo o IGE, en 2018 tiña 69 habitantes (35 homes e 34 mulleres).


Covelo
      San Sebastián de Covelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés da Lama na comarca de Pontevedra. 
 

     Segundo o IGE en 2011 tiña 271 habitantes (150 mulleres e 121 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 1999 cando tiña 282 habitantes.


Lugares de Covelo
     Barbeira, Covelo, A Fírveda, O Forno, A Gateira, Laxedo, O Outeiro, O Pelete, A Perdiz, O Toxal, O Valciño, Ventoselo, A Vincurada


A Lama
     A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. 


     Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio é lamense.


Xeografía
     O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial.


     Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.


Comunicacións
     A principal vía de comunicación é a PO-255 (que comunica con Ponte Caldelas e que permite chegar a Pontevedra e a PO-235 que une o concello con Carballedo, capital do municipio de Cerdedo-Cotobade.


Demografía
     A pirámide poboacional é a dun concello rural galego. É dicir, a poboación é avellentada. Pero recentes campañas municipais para atraer residentes ao termo municipal, conseguiron manter o censo.


     De todas as maneiras, segue sendo inferior ao censo de 1995 (cando vivían 3.517 veciños).


     A poboación do municipio está bastante diseminada nas 10 parroquias do concello. Mais a parroquia capital é con notoriedade, a máis poboada.


Historia
     Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas.


     Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias hachas de bronce.


     Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido).


     Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.


     Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro da Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.


     Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.


     A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.


     En 1998 inaugurouse o centro penitenciario da Lama.


Turismo
     A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".


     É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.


     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.


  Parroquias da Lama
      Antas (Santiago), A Barcia do Seixo (Santa Ana), Covelo (San Sebastián), Escuadra (San Lourenzo), Gaxate (San Pedro), A Lama (San Salvador), Seixido (San Bartolomeu), Verducido (San Martiño), Xende (San Paulo), Xesta (San Bartolomeu)

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 6 de enero de 2020

CRUZ DO SANTO CRISTO - LAXEDO - CAMIÑO LAXEDO GATEIRA - COVELO - A LAMA

CRUZ DO SANTO CRISTO
CAMIÑO LAXEDO GATEIRA
COVELO
A LAMA


     Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos da arte menor da arquitectura rural de Galicia.


     Para arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.



     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.



     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que aos longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.




     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuia hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.



     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara oseu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.




     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non dedicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.



     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 4 de enero de 2020

PETO CRUCEIRO DE ALDEA DE ABAIXO - BORELA - CERDEDO - COTOBADE

PETO CRUCEIRO DE ALDEA DE ABAIXO
BORELA
CERDEDO COTOBADE


     Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.


     Para a arte maior deixamos as igrexas, molinos, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.



     Polos montes e vales de de o sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.



     Hoxe dedicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que aos longo dos séculos, sobre todo desde a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.




     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.


     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara á súa intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.



     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non dedicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.


     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 3 de enero de 2020

MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE VILAR - VILAR DE INFESTA - REDONDELA

MILIARIO DE VILAR
SANTIAGUIÑO
VILAR DE INFESTA
REDONDELA


    Miliario romano cilíndrico altoimperial que data do s.II a.C., situado nos últimos metros do tramo do Camiño Portugués que cruza o concello de Mos. Antigamente tamén coñecido como "arada vella". 


     Presenta gravados cruceiformes na súa estrutura, e antigamente era obxecto de prácticas supersticiosas relacionadas coa fertilidade e a sorte


Descrición:
     Este marco é o único que se pode visitar in situ en toda a provincia de Pontevedra. Formaba parte da vía XIX que unía Braga con Astorga, pasando por Lugo, sendo erixido entre os séculos I e III d. C. M. Piñeiro atribúello a Traiano (século II da era cristiá).



     A primitiva inscrición romana foi moi maltratada, pois o miliario presenta cazoletas e cruces gravadas na Idade Media ou na Idade Moderna.


     Este miliario coñecíase na Idade Media polo nome de Anta de maniola, nome que ven do val que alí comeza. Frei Martín Sarmiento describiuno como un marco de división, cando pasou en mula polo seu lado en 1745.


     En 1931 foi adquirido pola Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. 



     A pesar de que fixeron unha réplica para substituílo, no momento en que os señores Sampedro Folgar, Filgueira Valverde, Novas e o gobernador civil D. Angel del Castillo intentaron permutalo para levar o orixinal ó museo, os veciños fixeronlle fronte, manifestando que “o Marco non se movía de alí”. De non ser polo primeiros, a garda civil tería cargado contra os veciños. O señor Sampedro manifestou entón que “ben está, sigan defendendo a pedra e non deixen que a leve calquera mercachifle”.


Tradición oral:
      O miliario en cuestión é obxecto de prácticas supersticiosas. Os veciños gárdanlle tanta fe que se santigan cando pasan ó lado del.



     Considerouse este miliario como dador de sorte, profiláctico e fonte de fecundidade. As mulleres estériles fregaban o ventre contra a pedra co obxecto de seren fértiles.

VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Web PATRIMONIO GALEGO
XOAN ARCO DA VELLA