viernes, 20 de diciembre de 2019

CHAVES - VILA REAL - TRAS OS MONTES

CHAVES
VILA REAL
TRAS OS MONTES


Chaves
     Chaves é unha cidade portuguesa do Distrito de Vila Real, Rexión Norte e subrexión do Alto Tras-os-Montes, cunha poboación de cerca de 19.300 habitantes. 



     É sede dun municipio con 590,42 km² de área e 44.186 habitantes (2006), subdividido en 51 freguesías.


Xeografía
     Chaves está edificada sobre un outeiro de ladeira suave, que é bordeado polo río Támega, pero a tradicional prosperidade da cidade repousa sobre a extensa chaira que a rodea, popularmente denominada A Veiga, a ambas dúas beiras do río, que alcanza unha lonxitude de 9 km e unha largura de 3 km. 



     Esta chaira, fértil, está irrigada por canles, dos que o máis importante é o que se inicia en Vila Verde da Raia, seguindo a marxe dereita do Támega ata Vilar de Nantes.


     O municipio limita ao norte con Galiza, ao sueste con Valpaços, ao suroeste con Vila Pouca de Aguiar, ao leste con Vinhais e ao oeste polos termos municipais de Boticas e Montalegre. 


     A cidade dista 12 km da fronteira con Galiza, e 22 km de Verín. Da capital do distrito, Vila Real, sepárana 60 km pola Autoestrada Nacional 02.


Clima
     O clima de Chaves é de transición entre tipo oceánico e o continental. As montañas entre a rexión do Minho e a dos Tras-os-Montes, funcionan como unha barreira climática, caendo menos precipitacións segundo se avanza cara o Leste. 

 

     Os invernos poden ser fríos, pois en xaneiro rara vez se acadan os 10 °C, descendendo as temperaturas con frecuencia por baixo de 0 °C. Espesas néboas, paradas sobre o val, son frecuentes nos días secos. 


     O verán está caracterizados por días secos con temperaturas máximas de arredor de 30 °C e mínimas sobre uns 15 °C. Os incendios poden facer desagradábel esta estación.


Historia
     Os achados obtidos na zona de Chaves, remontan ao Paleolítico. Restos provenientes do Neolítico, do Calcolítico en Mairos, Pastoria, S. Lourenço etc., e das culturas proto-históricas, especialmente nos múltiples castros, aparecen en todo o Alto Támega.



     Logo da conquista, os romanos interesáranse sobre todo na explotación mineira dos actuais Tras-os-Montes, convertendo o núcleo orixinario nunha cidade segundo o modelo da súa civilización, dotándoa de termas, aproveitando os mananciais de augas quentes no propio lugar; alzaron a ponte de Traxano sobre o río Támega, trazaron verdadeiras rúas, e, por último, foi incluso cercada de murallas etc. 
 

     Nomeado como Aquae Flaviae, coidase que mesmo foi elevada á categoría municipal en época de Vespasiano, no ano 79


     Calcúlase, polos vestixios encontrados, que o núcleo e centro cívico da cidade se situaba no alto envolvente da área hoxe ocupada pola Igrexa Matriz. 


     Aínda hoxe lembra a traza romana, co Foro, o Capitolio e a Vía Decumana, que sería a actual rúa Direita. 
 

     Foi nesta área que foran e aínda son (2006) encontrados os máis relevantes vestixios arqueolóxicos, expostos no Museo da Rexión Flaviense, como é o caso dunha lápida alusiva a un combate de gladiadores.
 


     O auxe da dominación romana verificouse ata o inicio do século III. A chegada dos invasores xermanos, especialmente os Suevos e Alanos, provintes do Leste europeo, puxo termo ao sistema político romano. Formado o reino suevo, as guerras entre Remismundo e Frumario, que disputaba o dereito ao trono, tiveran como consecuencia unha case total destrución da cidade, a vitoria de Frumario e a prisión do Idacio, notábel bispo de Chaves.


     O reino suevo, foi substituído, a fins do século VI, polo dominio visigodo, que durou ata que árabes e mouros, provintes do Norte de África, invadiran a rexión, no inicio do século VIII.


      Cos árabes, tamén o islamismo invadiu o espazo ocupado polo cristianismo, o que determinou unha aceda querela relixiosa e provocou a fuga das poboacións residentes para as montañas a Noroeste con inevitábeis destrucións. As escaramuzas entre mouros e cristiáns duraran ata o século XI. 


     A cidade comezou por ser reconquistada aos mouros no século IX, por Afonso III, rei de León, quen cede terras (872) para que fosen repoboadas polo seu irmán Odoario. 


      Logo despois, no primeiro cuarto do século X, volveu caer no poder dos mouros, até que no século XI, Afonso III, rei de León, a rescatou, mandou reconstruír, poboar e cercar novamente de murallas.


     Foi por volta de 1160 que Chaves integra o país que xa era entón Portugal, co a participación dos lendarios Ruy Lopes e Garcia Lopes, tan intimamente ligados á historia desta terra. 


     Pola súa situación fronteiriza, Chaves era vulnerábel ao ataque de invasores e como medida de protección Don Dinís (1279-1325), mandou levantar o castelo e as murallas que aínda hoxe dominan grande parte da cidade e a súa periferia.


     Escenario de varios episodios bélicos no século XIX, celebra a 20 de setembro de 1837, a Convención de Chaves, despois do combate de Ruivães, que puxo termo á revolta Cartista de 1837, ou revolta dos marechais.


     A 8 de xullo de 1912 trabouse o combate entre as forzas realistas de Paiva Couceiro e as do goberno republicano, mandadas polo coronel Ribeiro de Carvalho, de que resultou o fin da 1ª incursión monárquica.


     A 12 de marzo de 1929 Chaves foi elevada á categoría de cidade.


Freguesías
As freguesías de Chaves son as seguintes:
    Águas Frias
    Anelhe
    Arcossó
    Bobadela
    Bustelo
    Calvão
    Cela
    Cimo de Vila da Castanheira
    Curalha
    Eiras
    Ervededo
    Faiões
    Lama de Arcos
    Loivos
    Madalena
    Mairos
    Moreiras
    Nogueira da Montanha
    Oucidres
    Oura
    Outeiro Seco
    Paradela
    Póvoa de Agrações
    Redondelo
    Roriz
    Samaiões
    Sanfins
    Sanjurge
    Santa Cruz - Trindade
    Santa Leocádia
    Santa Maria Maior
    Santo António de Monforte
    Santo Estêvão
    São Julião de Montenegro
    São Pedro de Agostém
    São Vicente
    Seara Velha
    Selhariz
    Soutelinho da Raia
    Soutelo
    Travancas
    Tronco
    Vale de Anta
    Vidago
    Vila Verde da Raia
    Vilar de Nantes
    Vilarelho da Raia
    Vilarinho das Paranheiras
    Vilas Boas
    Vilela do Tâmega
    Vilela Seca



Monumentos
    Ponte de Traxano e estelas alí levantadas.
    Castelo.
    Igrexa Matriz ou de Santa María.
    Pelourinho ou rollo.
    Padrón dos pobos.



Gastronomía
     Algúns dos pratos típicos de Chaves e Alto Támega son o presunto (xamón) de Chaves e Barroso, o salpicão - salchichón -, as lingüizas, as alleiras, a posta barrosá, o cabrito asado ou estofado, o cocido á transmontana, a feixoada á transmontana, os millos á romana, as troitas ou troias, recheas co famoso presunto de Chaves, os Pasteis de Chaves e o Folar, unha empanada a base de masa fofa rechea de carne de porco, presunto, salpicão e lingüiza. 


VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 19 de diciembre de 2019

MUIÑO DA PONTE - REGO DE CALVOS - PRADEREI - CAMPO LAMEIRO

MUIÑO DA PONTE
REGO DE CALVOS
PRADEREI
CAMPO LAMEIRO


     Campo Lameiro é unha excelente alternativa para todos aqueles que buscan algo mais que sol e praia no disfrute de seu tempo libre...



     Este concello pontevedrés alberga multitude de rincóns para perderse e viaxar ó pasado contemplando os grabados rupestres e os castros; asi como un amplio abanico de actividades e opcións para disfrutar duns días apacibles, cheos de bos momentos que os farán inesquencibles.


     Varias zonas de recreo encóntranse repartidas ó longo deste vasto concello.



Castro de Penalba
     Este recinto situado no alto de monte Agüeiros reúne tradición, cultura, arte e ocio.



     Conserva el Castro de Penalba que data dos séculos VIII - VII a. C., un dos máis antigos de Galicia.


      O día 13 de xuño commemorase a festividade de S. Antonio, na capela celébrse a misa solemne e a tradicional puxa de ofrendas que levan os devotos.


     Así mismo, os visitantes poden contemplar as insculturas rupestres de “ A Pedra da Serpe” y a “ Rotea de Mendo”.


     Este recinto conta ademais, cun galpón, merendeiro, mesas, parrillas, fontes e un parque infantil.


Carballeira de Rozas
     Carballeira de CousoSituada na parroquia de Couso, esta magnifica carballeira centenaria posue mesas, zoa infantil e parrillas, o que a convirte nun estupendo lugar para disfrutar dnha relaxada xornada campestre .



Área recreativa de Lodeiro
Rio Lérez
     Situada na parroquia de San Miguel de Campo, é testemuña da unión do río Lérez co seu afluente o río Meneses.


     Esta ten un afamado coto de pesca e refuxio de pescadores.


     Unha pequena ruta de muiños, o merendero provisto de mesas e parrillas xunto coa praia fluvial, fan desta área un lugar ideal para o disfrute de nenos e maiores.



Praia fluvial de Redonde
     Ideal para facer un alto no camiño e obsequiarnos cun refrescante baño en augas do río Lérez.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 18 de diciembre de 2019

ALDEA ABANDONADA DE XESTEIRA - FORZÁNS - PONTE CALDELAS

ALDEA ABANDONADA DE XESTEIRA
FORZÁNS
PONTE CALDELAS

Forzáns
     San Fiz de Forzáns é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas.


     Segundo o IGE en 2017 tiña 127 habitantes (57 homes e 70 mulleres), distribuídos nunha única entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 216 habitantes.


Lugares de Forzáns
     Caritel, Forzáns


Ponte Caldelas
     Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio  é pontecaldelán.


Xeografía
     O municipio de Ponte Caldelas sitúase nunha zona xeográfica de transición entre as montañas do interior pontevedrés e as ribeiras das rías Baixas. Está encadrada nunha comarca natural que se estende polas estribacións occidentais da serra do Suído.


     É terra de mananciais e ríos (Oitavén e Verdugo), de abruptas serras (A Fracha, Castrelada...) e encaixados vales. Limita ao norte con Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes e Soutomaior, ao leste coa Lama e ao oeste con Pontevedra.


     Ponte Caldelas presenta unha morfoloxía de fortes contrastes topográficos provocados por unha intensa erosión diferencial favorecida pola rede de fracturas tectónicas ás que foi sometido polos episodios xeolóxicos.


     As superficies de aplanamento orixinarias percíbense nos cumios suaves dos seus montes, entre os que destacan a serra da Castrelada (663 m), O Couto da Brea (536 m), A Penarada (544 m), monte do Antón (453 m) e monte do Taboadelo (432 m). Encaixados entre as serras, os ríos discorren por vales abruptos e profundos, con pronunciadas pendentes.


     A súa densa rede fluvial organízase en torno aos cursos do Verdugo e do Oitavén, alimentados por afluentes curtos, pero de abundante caudal debido ás elevadas precipitacións que se rexistran no paso das frontes atlánticas.


     Entre estes afluentes destaca o Calvelle que se une ao Verdugo antes do seu paso pola capital municipal, onde por atravesar algunhas fallas orixina a aparición de mananciais de augas minerais, ben coñecidas polas súas propiedades.


     No río Oitavén construíuse a presa de Eirás, que abastece de auga a área urbana de Vigo, antes de que, xa no municipio de Soutomaior, una as súas augas ás do río Verdugo, que poucos quilómetros máis adiante desembocará na ría de Vigo.


Historia
     Pouco se sabe da orixe da vila, aínda que non son poucos os que a atribúen a unha fundación romana, e aínda alguén quere ver nos gregos ós primeiros poboadores do municipio.


     No ano 1126 o rei Afonso VII deulle o título de "Moi Leal". Conta a tradición tamén que a famosa raíña Lupa, a cal perseguiu aos discípulos do Apóstolo Santiago, foi natural desta vila ou residiu nela. Posteriormente no século XIX recibiu o tratamento de "Vila".


     Estas terras foron patrimonio da catedral de Santiago de Compostela, dándolle Xelmírez privilexios e franquías. No pasado, o agora término de Ponte Caldelas pertencía nunha metade á antiga provincia de Santiago (arciprestado do Morrazo), e na outra metade á de Tui (arciprestado de Soutomaior).


     No 1822 pasou formar parte da nova provincia de Vigo e en 1833, finalmente, á de Pontevedra.



Patrimonio
     Calvario da Insua.


     No termo municipal ha numerosas testemuñas do seu pasado, destacando os castros de Santa María de Castro Barbudo e o monte Castrelo en Parada, onde tamén están os petróglifos de Tourón.


     A igrexa parroquial de Santa Eulalia de Ponte Caldelas destaca polo seu retablo pétreo, obra do mestre Manuel González, autor tamén da fonte que se atopa na praza do Bispo no centro da vila e do Calvario de Barbudo.


     A igrexa de Santa María de Tourón é de orixe románica de finais do século XII, conservando desa época algúns elementos dispersos. Nunha fachada lateral existe un escudo dos Pazos de Proben


     Destacan tamén as igrexas da Insua, aberta ao val cun Via Crucis de pedra arredor do adro, e a igrexa de Xustáns, cun conxunto de igrexa e cemiterio con outro cruceiro.


     Tamén destaca a Capela do Sagrado Corazón, dende onde se contempla a vista de paxaro a vila.


     Hai pazos e casas grandes en Tourón, Sande e San Ramón. Tamén destacan as casas de indianos de Caritel, A Insua e a da Vila.


Turismo
     Ponte Caldelas non tivo unha saída ao exterior ata hai pouco. Os aloxamentos baséanse en casas rurais, moi numerosas en parroquias como Anceu. Bastantes restaurantes foron creados recentemente, tanto por influencias do Campiño (na zona da Reigosa), como en Caldelas, polo turismo.


Festas
     As festas patronais celébranse no último domingo de agosto, pero tamén son importantes as de San Vicente, en xaneiro, coa chamada Romaría do Cocido, e en setembro, a Virxe das Dores, en Anceu, cunha tradicional danza á que se atribúe unha orixe celta.


     Outra celebración gastronómica destacada é a Festa da Troita de Ponte Caldelas que inclúe un Concurso Internacional de Pesca Deportiva previo á degustación do prato. Celebrada o último domingo de maio, leva máis de 35 edicións.


     Outras festas da parroquia son a romaría de San Vicente en Parada, a romaría da Virxe da Saúde en Rebordelo, a festa do Muíño, en Taboadelo,[5] a festa dos Remedios en Vilarchán, a romaría de Cristo Rei en Xustáns e a festa de San Miguel en Contixe.


 Parroquias de Ponte Caldelas   
     Anceu (Santo André), Caritel (Santa María), Castro Barbudo (Santa María), Forzáns (San Fiz), A Insua (Santa Mariña), Ponte Caldelas (Santa Eulalia), Taboadelo (Santiago), Tourón (Santa María), Xustáns (San Martiño)

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA