EIRA DE CEBRAL
CEBRAL
FROUFE
O IRIXO
Cebral
Cebral é un lugar da parroquia de Froufe no concello ourensán do Irixo na comarca do Carballiño. Tiña 7 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 4 eran homes e 3 mulleres.
Froufe
San Xoán de Froufe é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
No ano 2007 contaba con 88 habitantes, deles 39 eran homes e 49 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Traxectoria
A igrexa parroquial é de comezos do século XVII, con modificacións posteriores. Nesa época modificouse o templo primitivo medieval, construíndose unha porta lateral. De 1634 é o retablo maior. A igrexa foi ampliada na segunda metade do século XVIII, restaurándose a porta lateral en 1763, construíndose a tribuna en 1765, a cuberta en 1778 e a espadana en 1779. En 1786 construíuse un púlpito, que xa non se conserva. En 1802 reedificouse a sancristía, e en 1811 construíuse o arco que dá acceso á capela maior desde a nave.
Xa en 1900 repintouse o retablo maior e colocouse un machón de granito para sostelo. A fachada é lisa con porta de arco de medio punto e espadana rematada en frontón con dous ocos para as campás, construída en 1779.
O retablo maior é de orixe manierista, sendo modificado posteriormente. Ten banco con pinturas manieristas sobre táboa representando temas en relación coa Paixón do Señor, dous corpos e ático. Leva unha talla dun Santo Antón, dunha Inmaculada pisando o dragón infernal e de San Roque. No ático hai unha imaxe de San Xosé e alusión popular ós Evanxelistas Marcos e Lucas nas representacións escultóricas dos extremos. Consérvase o sagrario-expositor primitivo do retablo. O retablo esquerdo é neoclásico, de 1834, coa imaxe da Virxe do Carme. O retablo dereito é barroco, da segunda metade do século XVII.
O 6 de novembro de 1678 foi ratificada de forma solemne a Confradía de San Xoán de Froufe. Na entrada do templo hai un cruceiro con pousa de comezos do século XIX. E Subirol hai un peto de ánimas de 1992, cunha pequena imaxe de María Auxilladora.
Lugares da parroquia de Froufe
Cebral, O Covelo, Frixe, Froufe, Parteme, Sidre, Silvares, Subirol, Surribas
O Irixo
O Irixo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño.
Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.637 habitantes (2.092 en 2003).
Xeografía
O concello, de 120 km² de superficie, abrangue 12 parroquias, e sitúase ao noroeste da provincia de Ourense.
Limita ao norte cos municipios de Lalín e Dozón, ao sur cos de Boborás e O Carballiño, ao leste co de Piñor e ao oeste cos de Forcarei, Beariz e Bohorás.
Está situado ao pé da serra do Testeiro. Os solos son de granitos e xistos do precámbrico, nos que a forte erosión provocou morfoloxía aplanada.
Destaca o monte do Paraño (800 m). Os bosques, matos e pastos ocupan máis do 80 % da superficie municipal.
A presenza de carballos e castiñeiros nas valgadas minguou pola reforestación de piñeiros e eucaliptos, se ben os incendios forestais fixeron desaparecer moitas das plantacións, deixando en ocasións a rocha á vista.
Nas zonas húmidas e fluviais hai numerosos ameneiros, e nos lugares próximos ao tendido ferroviario hai acacias e mimosas, usadas para fixar os desmontes ocasionados pola construción das vías.
Existen tamén numerosas praderías naturais de secaño, e zonas de matagueira nas que destacan o toxo, a uz e a xesta.
Os solos son bastante pobres e ácidos, sendo necesarios os fertilizantes e correctores para a agricultura.
Parroquias do Irixo
Campo (Santa María), Cangues (Santo Estevo), A Cidá (Santa Mariña), Corneda (Santiago), Dadín (San Pedro), Espiñeira (San Pedro), Froufe (San Xoán), Loureiro (Santa Mariña), Parada de Labiote (San Xulián), Reádigos (Santa Baia), O Regueiro (San Pedro), San Cosmede de Cusanca (San Cosmede)
Comarca do Carballiño
A Comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño.
Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
CASA DA MUSICA
OPORTO
A Casa da Música é a principal sala de espectáculos de Porto. Foi proxectada polo arquitecto holandés Rem Koolhaas e construída como parte do proxecto Porto Capital Europea da Cultura en 2001 (Porto 2001).
Malia que a súa construción non foi rematada ata o 2005, axiña se converteu nunha icona da cidade.
Construción
A Casa da Música foi construída a carón dun dos principais eixos de tráfico do centro da cidade, a Rotonda da Boavista.
O lugar onde está actualmente o edificio era usado para recollida e reparación dos tranvías da cidade. Se ben proxecto excedeu os catro anos estimados para a súa construción, e os custos ascenderon a aproximadamente 100 millóns de €, o proceso de construción trouxo novos desafíos á enxeñería coa fin de conseguir a forma insólita do edificio. Os traballos de enxeñería estiveron a cargo das empresas Ove Arup de Londres e Afassociados de Porto.
Críticas dos especialistas
A arquitectura do edificio foi aclamada internacionalmente. Nicolai Ouroussoff, crítico de arquitectura do New York Times, clasificouno como "o proxecto máis atraente que o arquitecto Rem Koolhaas construíu" e como "un edificio cun ardor intelectual combinado coa súa beleza sensual". Comparouno tamén "co exuberante proxecto" do Museo Guggenheim de Bilbao do arquitecto Frank Gehry en Bilbao. "Mirando simplemente o aspecto orixinal do edificio, verifícase que esta é unha das máis importantes salas de espectáculos construída nos últimos 100 anos", comparándoa coa sala de espectáculos de Walt Disney, en Los Angeles, ou co auditorio da Berlim Philharmonic.
Inauguración
Malia que o primeiro concerto foi o día 14 con Clã e Lou Reed, o espazo foi inaugurado o 15 de abril de 2005 polo Presidente da República Jorge Sampaio. O Primeiro Ministro, políticos, e a sociedade de Porto estiveron presentes no concerto dado pola Orquestra Nacional do Porto.
Funcionalidade
A Casa da Música posúe dous auditorios principais, se ben outras áreas do edificio poden ser adaptadas para concertos ou espectáculos (oficinas, actividades educativas etc).
O auditorio grande ten unha capacidade inicial para 1.238 persoas, mais pode variar de acordo coa ocasión.
O auditorio pequeno é flexible, non sendo publicitado un número fixo de lugares, se ben se pode definir unha media de 300 persoas sentadas e 650 de pé, dependendo do tamaño e da localización do palco, da disposición das cadeiras, da presenza e do tamaño do equipamento de son e de gravación etc.
Na parte superior do edificio existe un terceiro espazo para espectáculos, con capacidade para 250 persoas.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
O COVELO
FROUFE
O IRIXO
OURENSE
O Covelo
O Covelo é un lugar da parroquia de Froufe no concello ourensán do Irixo na comarca do Carballiño. Tiña 5 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 2 eran homes e 3 mulleres.
Froufe
San Xoán de Froufe é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 contaba con 88 habitantes, deles 39 eran homes e 49 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Traxectoria
A igrexa parroquial é de comezos do século XVII, con modificacións posteriores. Nesa época modificouse o templo primitivo medieval, construíndose unha porta lateral. De 1634 é o retablo maior. A igrexa foi ampliada na segunda metade do século XVIII, restaurándose a porta lateral en 1763, construíndose a tribuna en 1765, a cuberta en 1778 e a espadana en 1779. En 1786 construíuse un púlpito, que xa non se conserva. En 1802 reedificouse a sancristía, e en 1811 construíuse o arco que dá acceso á capela maior desde a nave. Xa en 1900 repintouse o retablo maior e colocouse un machón de granito para sostelo. A fachada é lisa con porta de arco de medio punto e espadana rematada en frontón con dous ocos para as campás, construída en 1779.