domingo, 18 de mayo de 2025

PENEDO DE SANTA XUSTA - SANTA XUSTA - CARBALLEIRA - NOGUEIRA DE RAMUÍN

 PENEDO DE SANTA XUSTA

SANTA XUSTA

CARBALLEIRA

NOGUEIRA DE RAMUÍN

 Santa Xusta
       Santa Xusta é un lugar da parroquia da Carballeira, no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, na comarca de Ourense.

       Segundo o IGE, en 2022 tiña 6 habitantes (3 homes e 3 mulleres).

Lugares da Carballeira
        Almorfe, A Barxela, A Buzaxe, A Carballeira, Casdecid, Casdosteo, Casuxeto, Celeiros, Covelas, Nespereira, A Pena, Pousada, San Vicente, Santa Xusta, A Seara do Río, Souto do Chao, O Val, Vilanova, Zumento

A Carballeira
         San Xosé da Carballeira é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. 

      No ano 2007 tiña 142 habitantes (67 homes e 75 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano 2000.

Patrimonio
       No lugar de Celeiros están o pazo de Celeiros, cunha capela do outro lado da estrada. Na parroquia está tamén o pazo da Seara.

Comarca de Ourense
          A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. 

     Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

         Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca de Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño. 

VIDEO


MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA



sábado, 17 de mayo de 2025

SARTEGO DE LOBACES - LOBACES - TRIÓS - ESGOS

 SARTEGO DE LOBACES

LOBACES

TRIÓS

ESGOS

       Lobaces é unha pequena poboación situada na  parroquia de Triós, municipio  de Esgos. Ourense.

        No centro deste pequeno núcleo atopamos a igrexa de nave rectangular, que ten na súa porta un pequeno atrio empedrado ao que se accede desde os dous lados norte e sur a través dunhas puertecillas de reixas e uns chanzos.

       Xunto á porta ao lado sur, ao exterior e ao pé dos tres gradues, é onde atoparemos a tumba, está escavada sobre un afloramento granítico.

      Sepultura de adulto, antropomorfa, pódeselle apreciar reborde en todo o seu perímetro. 

      Este orientada suroeste-nordés esta orientación  vénlle dada pola propia da roca sobre a que se asenta.

        Seguramente aquí existiría antigamente un lugar de culto ao cal debería de pertencer a sepultura e non seria de estrañar que baixo o atrio puidese haber máis sepulturas hoxe soterradas.

MAPA 

 

Fuente: blog enricvillanueva.wordpress.com

XOAN ARCO DA VELLA




viernes, 16 de mayo de 2025

IGREXA DE SAN LOURENZO DE SEIRA - SEIRA - ROIS

 IGREXA DE SAN LOURENZO DE SEIRA

SEIRA

ROIS

Seira
       San Lourenzo de Seira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Rois. 

     Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 426 habitantes (198 homes e 228 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento con relación ao ano 1999 cando tiña 436 habitantes.

      A parroquia ten unha superficie de 3,42 Km2.

Lugares de Seira
     O Casal, O Cruceiro, A Eirexa, Lamego, A Meana, A Peroxa, A Peruca, Seira

Rois
      Rois é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Sar. 

      Segundo o padrón municipal (INE 2018) tiña 4564 habitantes (4995 no 2009, 5105 no 2006, 5149 no 2005, 5122 no 2004, 5137 en 2003). O seu xentilicio é roisense.

Xeografía
      Está situado no suroeste da Provincia da Coruña. Limita ao norte co concello de Brión, ao sur cos de Dodro e Rianxo, ao leste cos de Padrón e Teo, e ao oeste co de Lousame. 

       Ten 92,8 km², divididos entre doce parroquias.

     A capital está no lugar de Samil (parroquia de Oín). 

      A altitude máxima é de 609 m, no monte Pedregal e a mínima de 6 m no río Sar, na parroquia de Seira. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SANTA CRISTINA DE CAMPAÑA - A EIREXE - CAMPAÑA - VALGA

 IGREXA DE SANTA CRISTINA

CAMPAÑA

A EIREXE

VALGA

       Figura en varios documentos antigos, como na concesión que Xelmírez fai a favor do Convento de San Martiño Pinario en 1115 (Sanctam Christinam de Campania cum suis adjuntionibus), ou no testamento de 1131 que Odairo Afonso lega a favor do seu presbítero Pedro (Ad Petro, presbytero de Campania). 

      A datación alto-medieval desta igrexa podería ter correspondencia con vestixios soterrados asociados a ela.

       No 1115, o bispo Diego Xelmírez confirma a independencia e autoridade de San Martiño Pinario e Santa María da Corticela, o cobramento do terzo do dezmo do Xiro e posesión das igrexas, xunto coas súas rendas, vilas, coutos e vasalos de, entre outras parroquias, da de Santa Cristina de Campaña.

       A igrexa parroquial de Campaña está formada por unha única nave sen cruceiro, de planta rectangular.

       Ábsida prismática e nave lateral de menor altura de época posterior, onde se sitúa a sancristía. 

         A nave principal atópase dividida en tres treitos por dúas parellas de columnas e un arco triunfal de medio punto aberto no muro da nave con aresta vista sen moldura. 

      A fachada conserva a portada románica abocinada de dobre arquivolta tórica e arco semicircular de billetes no exterior. 

      No cemiterio atopamos unha cruz feita dun só bloque granítico e un cruceiro do século XX.


     Na década dos noventa do século pasado, durante unha treboada, o antigo campanario situado na parte superior do templo, resultou destruído debido a un lóstrego que caeu sobre as campás do mesmo.

      O campanario foi reconstruído, situándose o novo separado da igrexa, nunha torre de planta rectangular.

     Nunhas reformas ás que foi sometida o templo, ao retirar un retablo que se erguía obre o antigo cabeceiro da ábsida, descubríronse unhas pinturas góticas. Ao estar ocultas, sufriron moita humidade, mais a pesar disto, consérvanse bastante ben. 

     Teñen un gran interese polo tamaño das mesmas e a proporcionalidade das figuras, reflexando fielmente o xeito de traballar os artesáns pictóricos entre os séculos XV-XVI en Galicia. Destaca a pintura da Anunciación, obra moi ben terminada segundo os técnicos, presidida polo Pantocrátor na súa parte superior.

       No ano 2010, fíxose entrega dunha reliquia de Santa Cristina de Bolena á parroquia de Campaña, traída desde Italia.

MAPA

 

 Fuente: Web obaixoulla.gal

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SANTA MARÍA DE MUNDÍN - MUNDÍN - NOGUEIRA DE RAMUÍN

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE MUNDÍN

MUNDÍN

NOGUEIRA DE RAMUÍN

 Mundín
      Mundín é un lugar da parroquia de Santa Cruz de Rubiacós, no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, na comarca de Ourense.

      Segundo o IGE, en 2022 tiña 25 habitantes (9 homes e 16 mulleres).

Santa Cruz de Rubiacós
      Santa Cruz de Rubiacós é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense.

      No ano 2007 tiña 93 habitantes (35 homes e 58 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 16 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Santa Cruz de Rubiacós
      Cortecadela, Espartedo, Mundín, Picornio, Rubiacós, Santa Cruz.

Comarca de Ourense
      A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. 

     Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

      Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca de Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA