domingo, 4 de mayo de 2025

CRUCEIRO DA XESTEIRA - A XESTEIRA- ALMOFREI - CERDEDO COTOBADE

 CRUCEIRO DA XESTEIRA

A XESTEIRA

ALMOFREI

CERDEDO-COTOBADE

A Xesteira
      A Xesteira é unha aldea da parroquia de Almofrei, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, se ben unha parte do seu núcleo (Rascadería), pertence á parroquia de Tenorio. 

      Segundo o IGE en 2010 tiña 67 habitantes (32 homes e 35 mulleres), os mesmos ca en 2007. Xunto coa Rascadería, as outras entidades de poboación son A Xesteira e as Cachopeiras.

      Neste lugar atópase o cruceiro da Xesteira, de 1701.

Almofrei
      San Lourenzo de Almofrei é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade.

      Segundo o IGE en 2010 tiña 268 habitantes (136 homes e 132 mulleres), 8 menos que en 2007. Dos 9 lugares da parroquia, 5 están habitados.

      O topónimo ''Almofrei é de orixe xermánica, indicando o nome gótico latinizado do posesor Ermaufredus, seguramente altomedieval. 

     O xenitivo Ermaufredi evolucionou a Almofrei, que dá nome á súa vez ó río Almofrei.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 3 de mayo de 2025

IGREXA DE SANTO ANDRÉ DE SEGUÍN - SEGUÍN - PANTÓN

 IGREXA DE SANTO ANDRÉ DE SEGUÍN

SEGUÍN

PANTÓN

Igrexa de Santo André de Seguin

       Igrexa feita en cadeirado granítico irregular encintada. Posúe planta rectangular, con teitume a dúas augas.

       Na súa fachada principal podemos ver unha porta de aceso lintelada e unha espadana en posición central con dous vans con arcos de medio punto.

     Coróase cunha cruz pétrea no centro e pináculos no extremos.

Següín
    Santo André de Següín é unha parroquia do concello de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo.

     Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. 

      No ano 2007 tiña 51 habitantes, deles 29 eran homes e 22 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Xeografía
      Limita coas parroquias pantonesas de Eiré e Ferreira de Pantón polo norte; Deade polo leste; San Fiz de Cangas e Pombeiro polo sur e Atán polo oeste.

Lugares de Següín
     Següín, Vilafiz 

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 2 de mayo de 2025

IGREXA DE SAN MIGUEL DE BENDOIRO - A IGREXA - BENDOIRO - LALÍN

 IGREXA DE SAN MIGUEL DE BENDOIRO

A IGREXA

BENDOIRO

LALÍN

 Igrexa de San Miguel de Bendoiro
      Edificación relixiosa feita en cantaría granítica, de planta rectangular con engadidos posteriores, e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas.

      A fachada principal presenta unha porta lintelada, unha xanela con derrame interno, e unha espadana de dous andares con remates en pináculos e cruz de ferro.

Elementos mobles:
      No interior da igrexa existe unha capela lateral que posúe un sepulcro e un escudos da familia dos Taboada.

Comarca de Deza
       A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. 

      Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. 

       A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. 

     O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Xeografía
      A comarca de Deza vén coincidir co centro xeográfico de Galicia. 

     Limita ao norte coas comarcas coruñesas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño (Ourense), ao leste coas de Ulloa e Chantada (Lugo) e ao oeste coa de Tabeirós-Terra de Montes. 

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

ESPARTEDO - RUBIACÓS - NOGUEIRA DE RAMUÍN

 ESPARTEDO

RUBIACÓS

NOGUEIRA DE RAMUÍN 

 Espartedo
      Espartedo é un lugar da parroquia de Santa Cruz de Rubiacós, no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, na comarca de Ourense.

       Segundo o IGE, en 2022 tiña 2 habitantes (1 home e 1 muller).

Santa Cruz de Rubiacós
     Santa Cruz de Rubiacós é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. 

      No ano 2007 tiña 93 habitantes (35 homes e 58 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 16 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Santa Cruz de Rubiacós
     Cortecadela, Espartedo, Mundín, Picornio, Rubiacós, Santa Cruz

Nogueira de Ramuín
     Nogueira de Ramuín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. 

      Segundo o padrón municipal, en 2017 tiña 2.033 habitantes (2.565 en 2003).

Xeografía
     O concello, de 98,3 km², abrangue trece parroquias.

       Está situado ao norte da provincia de Ourense, e limita ao norte cos concellos de Carballedo, Pantón, Sober, ao sur con Esgos e Xunqueira de Espadanedo, ao leste con Parada de Sil e ao oeste con Coles, A Peroxa e Pereiro de Aguiar.

     Sitúase á beira da confluencia do río Miño co Sil, incluíndo tamén o val superior do río Loña. Cara ao sur está a depresión de Ourense, nas abas de Cabeza de Meda (1320 m).

       Está comunicada a través da estrada OU-546 (Ourense - Monforte de Lemos) e da OU-536 (Ourense - Ponferrada).

Historia
       Consérvanse restos do megalítico, as mámoas de Moura e de Lamagorzos. Do románico son o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e as igrexas de San Martiño de Nogueira e San Cristovo de Armariz.

      Existen petos de ánimas en San Miguel do Campo, Eiradela, Pacios e Liñares.

Patrimonio
    Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

 VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

 

jueves, 1 de mayo de 2025

CRUCEIRO PETO DE BARREIROS - A VILALÉN - LOUREIRO - CERDEDO COTOBADE

 CRUCEIRO PETO DE BARREIROS

A VILALÉN

LOUREIRO

CERDEDO-COTOBADE

A Vilalén

     A Vilalén é un lugar da parroquia de Loureiro, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. 

     Segundo o IGE en 2015 tiña 23 habitantes (9 homes e 14 mulleres), dous menos ca en 2005.

     Neste lugar está o cruceiro de Barreiros, mandado facer en 1860 por Bernardo García Vidal.

Loureiro
      Santiago de Loureiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. 

      Segundo o IGE, en 2015 tiña 151 habitantes (65 homes e 86 mulleres), 30 menos ca en 2004. 

      Ten dez entidades de poboación.

Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
      A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

       Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei. 

     Tamén se inclúe nesta comarca o concello de Cerdedo malia a súa fusión no 2016 co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra. 

     A comarca está formada por dúas bisbarras diferenciadas: por unha banda, Tabeirós (integrada polo concello da Estrada); e pola outra, unha gran parte da comarca histórica de Terra de Montes. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA