viernes, 2 de agosto de 2024

IGREXA DE SANTA MARÍA DE XOBRE - A POBRA DO CARAMIÑAL

IGREXA DE SANTA MARÍA DE XOBRE

A POBRA DO CARAMIÑAL

Santa María do Xobre
      Aínda que as orixes do primeiro centro relixioso construído neste lugar son  da Idade Media constrúese na segunda metade do século XVIII e estaba composta nas súas orixes por unha nave de planta e a capela maior na cabeceira con forma rectangular.

        A obra foi mandada realizar pola familia Xunqueiras canto en 1545 o mosteiro de San Martiño Pinario cedía o dereito de presentación desta igrexa a favor de don Gómez Pérez das Mariñas e Xunqueiras a cambio de que a reedificase e reparase para poder restablecer o culto nela e por iso podemos atopar na súa fachada o escudo heráldico desta familia.

       A fachada é barroca e sobre a porta has un frontón triangular sobreelazado co escudo heráldico da Casa  de Xunqueiras. A cada lado unha unha hornacina coas imaxes da nosa Señora da Candelaria, titular da parroquia e San José.

     Os muros son de sillería de granito e a cuberta de tella a dúas augas.

       A fachada principal remata cunha cornixa horizontal coroada cunha cruz no centro e dous pináculos nos extremos.

      No interior destacan o retablo do presbiterio de estilo barroco do século XVIII pero reformado no século  IX e un conxunto moderno que representa á Virxe do Carmen rescatando a dous mariñeiros náufragos no medio da tempestade.

      A igrexa é consagrada o 1 de agosto de 1723. Para a súa consagración trouxéronse as imaxes que se retiraron á igrexa do Caramiñal. 

      No ano 1730 constrúese a sancristía que está encostada ao lateral norte e a torre-campanario que se termina en 1921.

      A nave divídese en catro tramos por arcos de medio punto que arrincan nos muros. O artesonado é substituído cunha bóveda rebaixada de albañilería.

      Esta igrexa forma parte dun conxunto histórico máis amplo no que se inclúe un castro na leira do convento de San Antonio en Punta Ostreira practicamente desaparecido, as ruínas da fachada da portería do Convento do século XVII pertencente ao Mosteiro da Miserela, o cal fora trasladado desde alí e que foi destruído no ano 1881 e da Casa Reitoral construída no século XVIII.

MAPA

 

 Fuente: www.xenealoxiasdobarbanza.es

XOAN ARCO DA VELLA

 

jueves, 1 de agosto de 2024

IGREXA DE SANTIAGO DO DEÁN - A POBRA DO CARAMIÑAL

 IGREXA DE SANTIAGO DO DEÁN

A POBRA DO CARAMIÑAL

 Igrexa de Santiago do Deán
            Anterior ao templo existía segundo os historiadores, un castelo que pertencía ao Deán de Santiago que era o señor feudal da vila e aínda que se construíu a igrexa existindo aínda o castelo, este será destruído polas revoltas Irmandiñas en 1457.

      Aínda que non quedan restos do castelo, se hai restos de murallas do século XVII e XVIII. Complétase o conxunto histórico cun cruceiro e varias casas tradicionais  restauradas xa no século XX.

       Na actualidade a igrexa está rodeada por dúas dos pazos con máis soleira do municipio como son o Pazo do Couto e a Casa Grande de Aguiar, (o outro quizais sexa a Torre de Xunqueiras) e no tempo da súa construción case comendo co mar, comezouse a construír a finais do século XIV.

        Pertencen as súas orixes ao gótico mariñeiro, estilo arquitectónico propias de comunidades  mariñeiras, moi semellante a outras igrexas como a de San Martiño de Noia.

     Ademais, ten detalles doutros estilos como o  plateresco, renacentista, neoclasicista e barroco.

     Das igrexas de Pobra do Caramiñal, esta quizais sexa o templo cun maior interese artístico.

     Consta dunha única nave xunto a unha capela poligonal na cabeceira á que se lle engadiu a sancristía xunto a sete capelas laterais de épocas e estilos diferentes.

     A nave está dividida en cinco tramos por arcos lixeiramente apuntados que soportan a cuberta. Descansan sobre grosas semicolumnas encaixadas nos muros. Nos capiteis destacan curiosas representacións do bestiario medieval.

      O presbiterio e a ábsida poligonal construíronse a finais do século XIV e principios do XV. A ábsida está cuberto cunha fermosa bóveda de abanico reforzada por finos nervios que se apoian en columnitas.

       A Capela de Alba construíuse en 1579 e é de estilo renacentista. No seu interior construiranse retablos barrocos de gran valor entre os séculos  XVII e XVIII.

      Na fachada destacan as esculturas que representan a Santiago Peregrino, Santa María, Santa Catalina de Alexandría e os Santos Pedro e Pablo. No gran arco de entrada has relevos cos símbolos evanxelistas no arranque e Cristo Maxestade na clave.

     Nesta igrexa celébrase cada terceiro domingo de setembro o Nazareno, cuxa acto máis importante é a Procesión das Mortajas que se celebra, segundo consta nos anais da historia do municipio, desde o século XV.

MAPA 

 

 Fuente: www.xenealoxiasdobarbanza.es

XOAN ARCO DA VELLA


CRUCEIRO PETO DA A BURATA - A BURATA - TARAGOÑA -´RIANXO

 CRUCEIRO PETO DA BURATA

A BURATA

TARAGOÑA

RIANXO

      Conxunto do ano 1848 formado por un cruceiro e un peto de ánimas.

     O cruceiro nace sobre dous chanzos cadrados. A súa base cúbica coas arestas rematadas en chafrán posúe unha inscrición no que aparece o ano da súa construción, e di o seguinte:

“A DEVOCION DE
FRANCISCO TU
BIO Y LU
CIANO
DE CAS
TRO”

         O seu varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, posúe diferentes relevos que representan os símbolos da Paixón: Martelo, tenaces e escada.

        O seu capitel aparece decorado con volutas, follas e querubíns.

     Finalmente a cruz, de sección octogonal con remates en flor, no que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe cunha espada cravada no peito e sobre peaña de querubín no reverso.

      O peto de ánimas está feito con pedra granítica, e é de tipo aberto. Na parte inferior aparece o caixón das esmolas, hoxe sen porta.

      Na parte superior podemos ver a representación de seis ánimas entre as lapas do Purgatorio, todas elas nunha pedra con forma ovalada.

       O peto tamén ten unha inscrición, aínda que moi erosionada e pouco lexible.

         Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.

       Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.

MAPA 

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

 

jueves, 25 de julio de 2024

CRUCEIRO DA FONTE - BRIÓN - LEIRO - RIANXO

 CRUCEIRO DA FONTE

BRIÓN

LEIRO

RIANXO

      Cruceiro de capela en Brión, formando conxunto coa Fonte de Brión. Plataforma cuadrangular de catro graos, sen pedestal.

       Fuste de sección cadrada con chafráns adornados. A cruz ten sección cuadrangular cos brazos con mediacana e remates florenzados con botón central.

     O Cristo crucificado inclina a cabeza cara diante, ten as mans abertas, coroa de espiñas e carece de cartela de INRI. 

      A capela ten base moldurada decorada cun anxo con ás, tellado a catro augas, carece de bóveda, e contén dúas imaxes no interior.

     Foi estudado por Castelao en "As cruces de pedra na Galiza", publicado pola Editorial Nós en Bos Aires, no 1950.

        Segundo o libro “Os cruceiros do Concello de Rianxo”, de Xesús Antonio Gulías Lamas, “hai moitas testemuñas entre os veciños, sobre os enterramentos que aquí se facían dos anxiños que morrían sen bautismo“.

MAPA

 

 Fuente: obaixoulla.gal

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 24 de julio de 2024

IGREXA DE SANTA MARÍA DE ASADOS - ASADOS - RIANXO

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE ASADOS

ASADOS

RIANXO

 Igrexa de Santa María de Asados
      É un templo de gran interese polas solucións arquitectónicas que presenta. Construída no século XVI, mide 32 metros de longo e 13,90 de ancho (dimensións máximas exteriores).

      A sancristía e capelas laterais son de construción máis recente, e a torre data do século XVIII. Presenta planta de cruz latina, co brazo transversal moi curto. Ten dúas capelas laterais de pequenas dimensións e unha terceira dependencia xunto ao altar maior.

         As naves confórmanse de bóvedas de canon sobre arcos de medio punto. O cruceiro a altura é menor e a bóveda de aresta. As sancristías nova e vella tamén presentan bóveda de canón.

          A fachada principal reconstruíuse no século XVIII. A torre campanario ten grandes dimensións e está situada no eixo da fachada, algo pouco común nesta zona, e divídese en cinco treitos, de planta cadrada; o primeiro corresponde á entrada mesma da igrexa, porta rematada con arco de medio punto, pilastras e frontón triangular partido pola fornela que contén unha imaxe da Virxe.

       No terceiro corpo encóntrase o campanario propiamente dito que remata cunha pequena cúpula.

      Existe unha entrada lateral e algúns ocos de iluminación; ós pés da nave sitúase o coro de madeira. A cuberta é a dúas augas de tella do país; destaca volumetricamente o cruceiro, cuberto a catro augas. Nunha das paredes hai un reloxo de sol, instalado no ano 1993.

        Castelao publica no número 73 de 1930 da revista Nós, a historia que recolle dunha vella de Asados. Conta a lenda que uns ladróns van buscar na noite ao cura á casa reitoral.

        Queren que lles acompañe ao cruceiro do adro, para poñerlle os sacramentos a unha muller que vai morrer, ou sexa, á que ían asasinar.

        Ao día seguinte apareceu removida a terra nun curruncho do adro, como se alí soterraran a un defunto aquela noite.

MAPA

 

 Fuente: Web obaixoulla.gal

XOAN ARCO DA VELLA