jueves, 14 de septiembre de 2023

DOMUS ROMANA COTO DOS MOUROS - ABELENDA DAS PENAS - CARBALLEDA DE AVIA

 DOMUS ROMANA

COTO DOS MOUROS

ABELENDA DAS PENAS

CARBALLEDA DE AVIA

 Carballeda de Avia
     Carballeda de Avia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. 

     Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1390 habitantes (1596 en 2003).

     O seu xentilicio  é carballedés

Xeografía
     O concello ten 46 km² e abrangue oito parroquias. Está situado entre as serras do Faro e do Suído.


Historia
     Consérvanse restos da cultura castrexa no poboado de Coto da Moura. 

     Durante a idade media e o antigo réxime a zona pertenceu aos condes de Ribadavia, Lemos e Monterrei., así como ós mosteiros de Celanova, Melón e Oseira.

Patrimonio
     A igrexa de Abelenda das Penas é de orixe románica, e estivo relacionada coa Orde do Temple. Preto dela hai un cruceiro do século XVII e restos romanos. 

      No adro da igrexa de San Pedro de Beiro hai un cruceiro con pousadoiro. En Beiro destaca tamén a casa do Priorato.

     A igrexa de Muimenta é románica, e nesta parroquia hai unha eira con numerosos canastros. A ermida da Nosa Señora do Lodairo é de estilo románico de transición a gótico, cun peto de ánimas próximo. 

     A igrexa de San Miguel en Carballeda de Avia é barroca.

Patrimonio natural
     Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patimonio natural.

Parroquias de Carballeda de Avia    
     Abelenda das Penas (Santo André), Balde (San Martiño), Beiro (San Pedro), Carballeda (San Miguel), Faramontaos (San Cosmede), Muimenta (San Xiao), Santo Estevo de Nóvoa (Santo Estevo), Vilar de Condes (Santa María)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 11 de septiembre de 2023

COLECCIÓN " ARDORA " DISEÑADORA LUZ PRADO - SABADO 16- MOS

 COLECCIÓN "ARDORA"

DISEÑADORA LUZ PRADO

PAZO DE MOS - MOS

    Luz Prado, diseñadora natural de Barro, presenta a súa nova colección Ardora bañada con máis de 6000 cristales de Swarovski. Lo

     O próximo sábado 16 de septembro a diseñadora Luz Prado, dona e xerente da marca Luz Prado Moda presentará súa nova colección de moda no Pazo de Mos. O Mar de Ardora inspira esta colección, que está bañada con mais de 6000 cristales de Swarovski, fusionándose co traballo artesanal dos encaixes de Camariñas, creando así unha colección de tres pezas únicas.


     A colección Ardora desfilará no Pazo de Mos, despois do concurso de noveles deseñadores, organizados polas palilleiras de Mos. 

 
     O evento comezará as 20:30h , as entradas son gratuitas e todos os interesados poden asistir con
reserva previa en pazodemos.org ou ben no tlf 639 300 974 ( https://www.pazodemos.org/  )
 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

ALDEA ABANDONADA DE GOLMAR - ABRENCE - A POBRA DO BROLLÓN

 ALDEA ABANDONADA DE GOLMAR

ABRENCE

A POBRA DO BROLLÓN

 Golmar
      Golmar é un lugar da parroquia de Abrence, no concello da Pobra do Brollón, na provincia de Lugo.

      Contaba en 2007 segundo o IGE, con 0 habitantes, sendo unha das tres aldeas deshabitadas do concello.

     Está situada a 462 m. de altitude, en plena serra da Auga Levada.

Abrence
     San Xoán de Abrence é unha parroquia do concello da Pobra do Brollón na provincia de Lugo.

     Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. 

      En 2011 tiña 112 habitantes (173 en 1991), 51 homes e 61 mulleres, agrupados en 10 entidades de poboación, cunha densidade de 9 hab./km².

     Limita ao norte coas parroquias de Cereixa e Castroncelos, ao leste con Barxa de Lor, ao oeste con Pinel e ao sur con Liñares e Quintá de Lor.

     O centro da localidade está situado a 483 m de altitude, ao sur da estrada N-120.

      Entre o seu patrimonio destaca a igrexa parroquial. O primeiro domingo de setembro celébranse as festas na honra a Santa Lucía.

Lugares de Abrence
      A Casanova, A Encrucillada, A Estación, Fondo de Vila, A Fonte, A Frieira, Golmar, A Pereira, O Souto, O Val

A Pobra do Brollón
     A Pobra do Brollón é un concello da provincia de Lugo en Galicia. 

     Situado no sur da provincia, pertence á comarca da Terra de Lemos e forma parte da Ribeira Sacra.

     Ten unha poboación de 1.709 habitantes segundo o censo de 2017. 

     Limita cos concellos do Incio ao norte; Quiroga e Ribas de Sil ao sur; Samos, Quiroga e Folgoso do Courel ao leste; e Monforte de Lemos e Bóveda ao oeste.

Parroquias
     Abrence (San Xoán), Barxa de Lor (Santa Mariña), Canedo (San Miguel), Castroncelos (Santiago), Castrosante (Santa Mariña), Cereixa (San Pedro), Eixón (San Xurxo), Ferreiros (San Salvador), A Ferreirúa (San Martiño), Fornelas (Santa Comba), Lamaigrexa (San Pedro), Liñares (San Cosme), Óutara (Santa María), Parada dos Montes (Santa Einés), Pinel (Santa María). Piño (Santa María), A Pobra do Brollón (San Pedro), Saa (Santa María), Salcedo (San Xoán), Santalla de Rei (Santalla), Veiga (San Xián), Vilachá (San Mamede)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 8 de septiembre de 2023

CAPELA DA VIRXE DO ROSARIO - VILAR DE LOR - QUIROGA

CAPELA DE VIRXE DO ROSARIO

VILAR DE LOR

QUIROGA

Vilar de Lor
     San Xosé de Vilar de Lor é unha parroquia do concello de Quiroga na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo.

     No ano 2007 tiña 198 habitantes, deles 91 eran homes e 107 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares de Vilar de Lor  
      Bustelo de Lor, Lamas de Lor, Orxais, Soán, Vilar de Lor, Xestoso

Quiroga
     Quiroga é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 3.257 habitantes

Xeografía
     Quiroga está situada ó sueste da provincia de Lugo nas beiras do río Sil. Limita co concello de Folgoso do Courel ao norte, coa provincia de Ourense ó sur, Ribas de Sil e A Pobra do Brollón ó oeste e Vilamartín de Valdeorras e provincia de León polo leste.

Patrimonio
     Na igrexa de Santa María da Ermida, do século XII, atopouse un relevo paleocristián en mármore, do século V, coñecido como Crismón de Quiroga. En 1925 trasladouse ó Museo da Catedral de Lugo, onde se expón actualmente.

      Na parroquia de Sequelos consérvanse os restos do Castelo dos Novais e da Torre de Sequeiros. 

     Quiroga conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 141 Ruta do Ouro e do Camiño Real, unha ruta sendeirista circular de 16 km con principio e fin na aldea de Margaride.

Comarca de Quiroga
     A comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León. 

     A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 6 de septiembre de 2023

IGREXA DE SAN PEDRO DE VALVERDE - MONFORTE DE LEMOS

 IGREXA DE SAN PEDRO

VALVERDE

MONFORTE DE LEMOS


Igrexa de San Pedro de Valverde

      A fábrica medieval do templo móstrase moi alterada por reformas posteriores. 

      Este atópase no núcleo de Valverde e pertenceu a un mosteiro cluniacense hoxe desaparecido.

     Ten planta rectangular con cuberta a dúas augas resolta en lousa e capelas anexas na fachada norte. 

     O acceso ó interior faise por un lateral mediante un arco apuntado con cinco arquivoltas apoiadas en columnas con capiteis de figuras fantásticas de escaso relevo. 

     Na fachada oeste atópase a espadana con dous vans con arcos de medio punto. Na porta meridional hai un lintel con interesante inscrición relacionada coa orixe medieval do templo. 

      No interior a nave divídese en tres tramos separados por dous pares de columnas con capiteis de tipo vexetal agás nun caso en que se representa a loita de dragóns e homes. 

      A igrexa conta con tres retablos dos que destaca o maior realizado sobre 1600 e procedente de San Vicente do Pino en Monforte.

Valverde
     San Pedro de Valverde é unha parroquia do concello de Monforte de Lemos na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Limita ao norte con Vilalpape e Ribas Pequenas, ao leste coa Parte, ao sur con Ribas Altas e ao oeste co Chao do Fabeiro.

     No ano 2007 tiña 38 habitantes, deles 18 eran homes e 20 eran mulleres.

Xentilicio
     O seu xentilicio é valverdino.

Lugares de Valverde
     A Agüela, O Barreiro, Casas Novas, Cedrón, A Cova, A Covela, O Escouredo, A Pena, Os Ramos, Valverde

Comarca da Terra de Lemos
     A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca.

     A maioría da superficie (toda agás o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

     Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

      A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA