martes, 6 de junio de 2023

MUIÑO DO PENEDO - RÍO CAMBA - PRADOCABALOS - VIANA DO BOLO

 MUIÑO DO PENEDO

RÍO CAMBA

PRADOCABALOS

VIANA DO BOLO

 Pradocabalos
     Santa María de Pradocabalos é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 38 habitantes (21 homes e 17 mulleres).

Lugares de Pradocabalos
     Pradocabalos

Viana do Bolo
      Viana do Bolo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana.

     Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2019 era de 2.886 persoas. O seu xentilicio é «vianés».

      Algúns estudosos consideran que o nome de Viana lle foi dado nunha carta foral arredor de 1206 e faría referencia á cidade francesa de Vienne (en occitano Viana), localidade que aparece na Historia Turpini, do Códice Calixtino.

     Ese mesmo nome foille concedido despois ás localidades de Viana en 1219 e Viana do Castelo en 1262. O segundo elemento do nome: Bolo (do latín bullum 'outeiro' ou indicando a proximidade ao veciño concello do Bolo), consolídase na documentación escrita no século XVIII.

Xeografía
     Limita ao norte cos concellos da Veiga e O Bolo, ao sur coa Gudiña e A Mezquita, ao leste coa provincia de Zamora e ao oeste con Vilariño de Conso.

     Ten 271,51 km², e é o segundo concello máis extenso da provincia tras A Veiga.

Comarca de Viana
      A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, á cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

       Os dous primeiros forman parte da comarca natural das Frieiras e os dous últimos da Terra do Bolo.

      A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA



PETO ESMOLEIRO DOS CARPINTEIROS - C/ DE LOS CARPINTEROS - CHINCHÓN

 PETO ESMOLEIRO DOS CARPINTEIROS

C / DE LOS CARPINTEROS

CHINCHÓN

    Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc. Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas. As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...   

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE PORTAS DE MEIO - FORTALEZA - VALENÇA DO MINHO

 PETO DE PORTAS DE MEIO

FORTALEZA

VALENÇA DO MINHO

  Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira).  

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 5 de junio de 2023

ALDEA ABANDONADA DE NOGUEIRAS - PUMARES - CARBALLEDA DE VALDEORRAS

 ALDEA ABANDONADA DE NOGUEIRAS

PUMARES

CARBALLEDA DE VALDEORRAS

 Nogueiras
     Nogueiras​ e un lugar situado na parroquia de Pumares, no municipio de Carballeda de Valdeorras, na provincia de Ourense.

Pumares
      San Martiño de Pumares é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Carballeda de Valdeorras. 

    Segundo o IGE en 2014 tiña 63 habitantes (34 homes e 29 mulleres), dous máis ca en 2004 (33 mulleres e 28 homes) e cinco menos ca en 1999.

     Ten dúas entidades de poboación, nesta parroquia está a estación de Pumares.

Xentilicio
    O seu xentilicio é pumarego.

Lugares de Pumares

    Nogueiras, Pumares

Carballeda de Valdeorras
     Carballeda de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. 

     Segundo o IGE en 2015 tiña 1698 habitantes (1870 en 2009, 2155 en 2003). O seu xentilicio  é carballedego ou valdeorrés

Localización
    Carballeda de Valdeorras sitúase no extremo oriental de Galiza. Limita ao norte con Rubiá, ao sur coa Veiga, ao leste con Encinedo e Benuza (provincia de León) e ao oeste co Barco de Valdeorras.

     Polo extremo norte pasa o río Sil, aínda que ten máis relevancia o Casoio, que transcorre todo el polo municipio. 

     Estes e outros ríos transcorren nos vales da Serra do Eixe, que ten as súas maiores alturas no sul: Macizo de Pena Trevinca (Trevinca Sur 2127 m; 2119 m en Pena Negra, Pena Survía 2095 m., a Serra do Eixe (1500 m) e os Vales do Casaio (1773 m).

     Os montes son de lousas e xistos, e a extracción en canteiras é a principal actividade económica do concello.

      Polo municipio transcorren o trazado da antiga N-120, que une Galiza coa meseta, e o camiño de ferro de Palencia á Coruña.

 Parroquias de Carballeda de Valdeorras    
   
  Candeda (San Bernabeu), Carballeda (San Vicenzo), Casaio (Santa María), Casoio (San Xulián), Domiz (San Bernabeu), Lardeira (San Tirso), A Portela do Trigal (Santa Ana), Pumares (San Martiño), Pusmazán (San Mateo), Riodolas (Santa María), Robledo (Santa María), San Xusto (San Xusto), Santa Cruz (Santa Cruz), Sobradelo (Santa María), Soutadoiro (Santa Isabel), Vila (Santa María Madanela) Viladequinta (San Pedro)

Comarca de Valdeorras
     A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. Pertencen á comarca os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.

      En total abrangue 968,90 km², e caracterízase pola súa elevación pois nela está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O seu xentilicio é valdeorrés/valdeorresa.

Xeografía
     O río Sil conforma a comarca en tres áreas, o propio val e as serras que se sitúan ao seu norte e sur. O val do Sil contén numerosos sedimentos terciarios, nas serras do sur, Serra do Eixe, Serra Calva e Serra Segundeira atópanse as maiores altitudes de Galicia, dominando os relevos abruptos con abondosas formas periglaciais. 

      O relevo montañoso do norte fórmano a Serra de Cereixedo, Serra dos Cabalos e Serra da Enciña da Lastra. O sistema fluvial da comarca céntrase no Sil, que é o principal curso de auga e todos os outros ríos son afluentes del.

     Os tributarios da dereita son ríos curtos, xa que os cumios están próximos ao val, destacando o río Éntoma, e o Leira, os tributarios da esquerda son máis longos, destaca entre eles o Casaio. 

     O clima da comarca é oceánico de montaña nas áreas máis elevadas e oceánico de matiz mediterráneo no Val do Sil.

     Valdeorras conta con espazos protexidos, o parque natural da Serra da Enciña da Lastra, o Macizo Central e o Pena Trevinca. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


ESTACIÓN DE VILAMARTÍN DE VALDEORRAS - VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

 ESTACIÓN 

DE 

VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

Estación de Vilamartín de Valdeorras
     Vilamartín de Valdeorras é unha estación de tren de Adif, situada na vila de Vilamartín de Valdeorras, na provincia de Ourense. 

     Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria
      A estación atópase no punto quilométrico 304,7 da liña férrea de ancho ibérico que une León coa Coruña a 306 metros de altitude, entre as estacións da Rúa-Petín e O Barco de Valdeorras.

      O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia
     A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.

      As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas.

      En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.

     En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

       Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA