domingo, 2 de abril de 2023

ESTACIÓN DE A GUDIÑA - A GUDIÑA

 ESTACIÓN DE A GUDIÑA

A GUDIÑA

 Estación da Gudiña
     A Gudiña é unha estación de tren de Adif, situada na vila da Gudiña, na provincia de Ourense. Ten servizos de longa distancia e ata 2013 tiña tamén servizos de media distancia.

Situación ferroviaria
     A estación atópase no punto quilométrico 156,637 da liña férrea de ancho convencional que une Zamora coa Coruña vía Ourense, a 978 metros de altitude. 

     Está entre as estacións da Mezquita-A Vilavella e Vilariño de Conso-A Capela. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia
     A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias".

     É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña. A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produceu en 1941.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

     Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación da Gudiña quedou sen os seus servizos de Media Distancia entre Ourense e Pobra de Sanabria.


A estación
     Como moitas das estacións deste tramo a estación foi edificada en pedra. Posúe dous pisos e tellado de varias vertentes de tella. A planta baixa conta cunha galería que adornan tres arcos.

     Dispón de dúas plataformas, un lateral e outro central, ao que acceden tres vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel. Máis vías completan o recinto.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

HORREOS EN CALVELO - LAMA MÁ - BAÑOS DE MOLGAS

 HORREOS EN CALVELO

CALVELO

LAMA MÁ

BAÑOS DE MOLGAS

 Calvelo

     Calvelo é un lugar da parroquia de Lama Má no concello ourensán de Baños de Molgas na comarca de Allariz - Maceda. 

     Tiña 61 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 30 eran homes e 31 mulleres. 

     Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 63 habitantes (32 homes e 31 mulleres).

Lama Má
      San Cibrao de Lama Má é unha parroquia do concello ourensán de Baños de Molgas na comarca de Allariz - Maceda. 

     No ano 2007 tiña 182 habitantes (88 homes e 94 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano 2000.


Lugares de Lama Má

     Calvelo, Vilariño,Xocín

Comarca de Allariz - Maceda
      A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. 

       A súa capital é Allariz.

     Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 1 de abril de 2023

PONTE ARNUIDE - ARNUIDE - RÍO ARNOIA - VILAR DE BARRIO

PONTE ARNUIDE

ARNUIDE

RÍO ARNOIA

VILAR DE BARRIO

Río Arnoia
     O río Arnoia é un afluente do Miño pola banda esquerda. A súa lonxitude é de 84,5 quilómetros, o que o converte no río máis longo da provincia de Ourense.

      Un seu homónimo é o portugués río Arnoia, de feito o nome de Arnoia é un hidronímico común en Europa, en linguas prerromanas.

Toponimia
      Coa mesma raíz que o río Arnego, procede dunha raíz hidronímica celto-indoeuropea er-, or- co significado de excitar, pór en movemento.

Curso
     Nace no concello de Vilar de Barrio, a partir da confluencia de varios regos da serra de San Mamede.

Percorrido

      Baña os concellos de Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, A Merca e Celanova. 

       Logo segue marcando o límite entre os concellos de Ramirás e Gomesende (no norte) e Cartelle e Cortegada (no sur) a través dun canón que antes de chegar ó concello da Arnoia forma un canón cunha pendente de 300 metros durante sete quilómetros, entre penedías e fragas. 

      Finalmente, chega ao concello da Arnoia onde desemboca no Río Miño no lugar de Portocarreiro fronte a un pequeno illote granítico. 


      No concello da Arnoia o río conforma dous vales unidos, o val de San Vicente (O Rial, O Outeiro, Remuiño, O Pomar, A Ponte, Carnós) e o val de San Amaro (Os Chaos, A Laxa, Quinteiros, A Paixón, Bacelo e Outeiro Cruz).


Afluentes

     Os principais tributarios do Arnoia son o Maceda, o Ambía e o Ourille e outros pequenos regatos ao longo do camiño. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 26 de marzo de 2023

SARTEGO DE ARZÁDEGOS - ARZÁDEGOS - VILARDEVÓS

 SARTEGO DE ARZÁDEGOS

ARZÁDEGOS

VILARDEVÓS

 Arzádegos
       Santa Baia de Arzádegos é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 300 habitantes (153 homes e 147 mulleres), 5 máis ca no ano anterior.

Lugares de Arzádegos
     Arzádegos, Florderrei Vello

Comarca de Verín
     A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. Pertencen á comarca os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Demografía
     Tiña en 2020 unha poboación de 24.999 habitantes, deles 12.455 son homes e 12.544 son mulleres.

Particularidades
     Dentro da idiosincrasia da bisbarra, unha das manifestacións culturais máis relevantes a nivel rexional e incluso nacional é o entroido.

     Sendo Laza e Verín os máximos referentes comarcais, completarían o triángulo máximo do Entroido ourensán coa capital da Limia, Xinzo.

     Outra característica común é a dominancia da Casa dos Zúñiga (unha das máis importantes liñaxes de Galicia) do Condado de Monterrei, presenza que queda patente nos escudos dos concellos da comarca. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

martes, 21 de marzo de 2023

ESTACIÓN DE TREN DA CABEÇA - CORTES - MONÇAO

 ESTACIÓN DE TREN DA CABEÇA

CORTES

 MONÇAO

Cortes
    Cortes era unha fregresia portuguesa do municipio de Monção, distrito de Viana do Castelo.

Historia
      Foi suprimida o 28 de xaneiro de 2013, en aplicación de unha resolución da Asamblea da República portuguesa promulgada o 16 de xaneiro de 2013 o unirse coa fregresia de Mazedo, formando a nova freguesia de Mazedo e Cortes.

Monção
     Monção é unha vila raiana portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2 600 habitantes.

Xeografía
     Monção é a sede dun municipio que ten unha superficie de 211,51 km², e unha poboación, no ano 2001, de 19.957 habitantes.

     Limita ao norte con Galiza (Salvaterra do Miño), ao leste co municipio de Melgaço, ao sur con Arcos de Valdevez, ao suroeste con Paredes de Coura e ao oeste con Valença.


O concello está subdividido en 33 freguesías:

    Abedim
    Anhões
    Badim
    Barbeita
    Barroças e Taias
    Bela
    Cambeses
    Ceivães
    Cortes
    Lapela
    Lara

    Longos Vales
    Lordelo
    Luzio
    Mazedo
    Merufe
    Messegães
    Monção
    Moreira
    Parada
    Pias
    Pinheiros 


    Podame
    Portela
    Riba de Mouro
    Sá
    Sago
    Segude
    Tangil
    Troporiz
    Troviscoso
    Trute
    Valadares

     O punto máis alto é o Alto de Santo António, a 1.114 metros sobre o nivel do mar, na freguesía de Riba de Mouro.

Historia
     Monção recibiu un foro do rei Afonso III o 12 de marzo de 1261.

      A vila fíxose célebre no curso das guerras fernandinas debido á enérxica acción de Deu-la-Deu Martins, esposa do alcalde local, que atacou ás tropas castelás que asediaban a vila bombardeándoas cos últimos víveres que lles quedaban.

     Iso é o motivo polo cal, aínda hoxe, aparece no escudo de armas desta vila unha muller sobre unha torre sostendo un pan en cada man. Ao seu redor obsérvase, nunha bordadura, a divisa da vila, facendo referencia ao nome daquela heroína: Deus o deu. Deus o há dado. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA