domingo, 8 de enero de 2023

PETO DE COIRA - COIRA - VIDUIDO - AMES

 PETO DE COIRA

COIRA

VIDUIDO

AMES

   Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...    

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

ESTACIÓN DE GUILLAREI - GUILLAREI - TUI

 ESTACIÓN DE GUILLAREI

GUILLAREI

TUI

 Estación de Guillarei
      A estación de Guillarei é unha estación de tren de Adif situada na parroquia de Guillarei, no concello de Tui, provincia de Pontevedra.

     Conta con amplos servizos de longa e media distancia. Ademais ten unha función loxística.

Situación ferroviaria
     A estación de Guillarei está situada no punto quilométrico 140,5 da liña férrea de ancho convencional que une Monforte de Lemos con Redondela. Trátase dun tramo de vía única electrificada.

     Ademais, é o quilómetro cero da liña férrea de ancho convencional que une Guillarei coa localidade portuguesa de Valença do Minho, que é de vía única sen electrificar.

Historia
       A estación foi inaugurada o 17 de marzo de 1878 coa apertura do tramo Guillarei-Vigo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos. A compañía encargada das obras foi MZOV.

     O ramal á fronteira portuguesa, pola súa banda, quedou aberto ao tráfico o 1 de xaneiro de 1884.

     En 1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste. 

     En 1941, Oeste integraríase como o resto de compañías ferroviarias españolas en Renfe.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 7 de enero de 2023

ESTACIÓN DO PORRIÑO - O PORRIÑO

 ESTACIÓN DO PORRIÑO

O PORRIÑO

Estación do Porriño
     A estación do Porriño é unha estación de tren de Adif situada na cidade do Porriño, na provincia de Pontevedra.

    Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe Operadora.

Situación ferroviaria
      A estación está situada no punto quilométrico 151,6 da liña que une Monforte de Lemos con Redondela. Atópase a 31 metros de altitude, e a liña é de vía única electrificada.

Historia
     A estación foi inaugurada o 17 de marzo de 1878 coa apertura do tramo Guillarei-Vigo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos. A compañía encargada das obras foi MZOV.

      O enxeñeiro Francisco Javier Boguerín clasificouna como de terceira categoría. Nos primeiros anos houbo unha construción provisional de madeira. O edificio foi construído entre marzo de 1889 e xaneiro de 1890.

      En 1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.

     En 1941, Oeste integraríase como o resto de compañías ferroviarias españolas en Renfe.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

     O 9 de setembro de 2016 tivo lugar na entrada da estación o accidente ferroviario do Porriño. Unha unidade 420 de Comboios de Portugal que se dirixía de Vigo a Porto descarrilou ás 9:25 da mañá, e provocou a morte de 4 persoas e máis de 40 feridas.

A estación
     Está situada ao norte do municipio. O seu edificio para viaxeiros segue o esquema doutras estacións deste tramo e componse dun corpo central de dúas alturas ao que se anexan dúas ás laterais de menor altura. 

     Dispón de dúas plataformas, unha lateral e outra central ás que acceden tres vías. Outras dúas vías terminan en toperas.

     No exterior do recinto hai unha zona de aparcadoiro habilitada.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

ESTACIÓN DOS PEARES - OS PEARES - A PEROXA

 ESTACIÓN DOS PEARES

OS PEARES

A PEROXA

Estación dos Peares
     Os Peares é unha estación de tren de Adif, situada nos Peares, no concello da Peroxa, provincia de Ourense. 

      Ten servizos de media distancia.

Situación ferroviaria
     A estación atópase no punto quilométrico 28,2 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 137 metros de altitude, entre as estacións dos San Pedro do Sil e Barra de Miño. O tramo é de vía única e está electrificado.

     Para acceder á estación, e en dirección a Ourense é necesario superar o viaduto dos Peares, unha ponte de ferro que permite superar o río Sil no punto no que se une co río Miño.

Historia
     A estación foi inaugurada o 1 de decembro de 1884 coa aperta do tramo Monforte de Lemos-Ourense da liña que unía Vigo con Monforte de Lemos.

      A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.

        En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación
     O edificio para viaxeiros, de dúas plantas e base rectangular, foi restaurado polo Inorde e a Deputación de Ourense en 2010 para reconvertela en aula do ferrocarril que inclúe unha exposición permantente sobre a historia do ferrocarril na provincia de Ourense e unha biblioteca relacionada coa mesma temática.

 

      Pola súa banda os trens que seguen parando na estación fano principalmente na vía que dá acceso ás plataformas lateral e central. 

      Outra vía máis cumpre funcións de apartado e facilita o cruzamento de trens neste trazado de vía única. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 6 de enero de 2023

ESTACIÓN LOUREDO-VALOS - LOUREDO - MOS

ESTACIÓN LOUREDO-VALOS

LOUREDO

MOS

Estación de Louredo-Valos
      Louredo - Valos é unha estación de tren de Adif situada en Louredo, no concello de Mos, provincia de Pontevedra. 

     Actualmente non presta servizos de viaxeiros.

Situación ferroviaria
     A estación atópase no punto quilométrico 159,9 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 118 metros de altitude, entre as estacións do Porriño e Redondela.

     O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia
     A estación foi inaugurada o 17 de marzo de 1878 coa aperta do tramo Guillarei-Vigo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.

     A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. 

     Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.

     En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA