domingo, 11 de septiembre de 2022

IGREXA DE SANTA MARÍA DE GALDO - GALDO - VIVEIRO

IGREXA DE SANTA MARÍA DE GALDO

GALDO

VIVEIRO


Galdo
      Santa María de Galdo é unha parroquia do concello lugués de Viveiro na comarca da Mariña Occidental.


      No ano 2007 tiña 578 habitantes (274 homes e 304 mulleres) distribuídos en 57 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 46 habitantes en relación ao ano 2000.

Situación
     Sitúase a 4 km da vila de Viveiro. 

     Limita coas parroquias de Magazos, Landrove, Vieiro, Bravos (Ourol) e Cabanas (O Vicedo).

Patrimonio
    Mámoa de Pedras Brancas de Padrón.
    Castro de Sobrevila.
    Pazo da Trave, que na actualidade alberga un establecemento de turismo rural.

Festas
     A súa semana santa, ao igual que a Semana Santa de Viveiro, ten figuras articuladas.


     As festas parroquiais están dedicadas a San Pantaleón.


Comarca da Mariña Occidental
     A comarca da Mariña Occidental, ou terra de Viveiro, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Viveiro.

     A ela pertencen os concellos de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove. 

     Esta comarca é unha división oficial da Mariña de Lugo.

 Demografía
      No ano 2020 segundo o IGE tiña 25.537 habitantes. Dentro dos movementos naturais da poboación pódese destacar que no ano 2020 houbo 114 nacementos en contra de 362 óbitos, cun saldo vexetativo negativo de -248 persoas.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SANTA MARÍA DE NARAÍO - O EIRIXADO - NARAÍO - SAN SADURNIÑO

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE NARAÍO

O EIRIXADO

NARAÍO

SAN SADURNIÑO

IGREXA DE SANTA MARÍA DE NARAÍO
     Igrexa de estilo predominantemente barroco, construída entre os séculos XI e XVIII.

     Planta de cruz latina, con nave principal, dúas capelas laterais e sancristía. Cuberta de lousa a diferentes augas. 

     Volumetría sinxela, con elevación do presbiterio, característico dos templos rurais. No interior, gran sinxeleza e sobriedade. 

     No exterior, combina cachotería vista e cachotería revestida con branquexado. Fachada principal de grande austeridade, cun único corpo, porta rectangular, oco abucinado e pequeno rosetón circular.

     Sobresae a espadana de dous ocos sobre pequeno corpo pegado.

     Conserva elementos de estilo románico na portada e dous sepulcros medievais nunha das capelas laterais.

Acceso
     Dende capital municipal, tomar C-642, no km 4 seguir á dereita indicador a Naraío, aproximadamente a 2.5 km atopa a igrexa parroquial.

 O Eirixado
     O Eirixado é un lugar da parroquia de Naraío no concello coruñés de San Sadurniño, na comarca de Ferrol.

      Segundo o IGE, en 2011 tiña 48 habitantes (25 homes e 23 mulleres).

Naraío
     Santa María de Naraío é unha parroquia que se localiza no sur do concello de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 547 habitantes (261 homes e 283 mulleres) distribuídos en 35 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 670 habitantes.

     Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Orixes
     A primeira referencia histórica de Naraío é do 845, na que, en latín, se menciona un lugar “ao lado do río Naraío”. No ano 1152 tivo lugar unha doazón de Rodrigo de Froila ó Mosteiro de Xuvia.

     No documento establécense os bens que recibe dito Mosteiro, e entre eles: “...en tierra de Trasancos de todo lo perteneciente á la heredad de Narahyo con un hombre llamado Alvito, mujer e hijo...-”  

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

FERVENZA DE NARAIO - O CASTELO - RÍO CASTRO - NARAIO - SAN SADURNIÑO

 FERVENZA DE NARAIO

O CASTELO

RÍO CASTRO

NARAIO

SAN SADURNIÑO

Castelo
     Castelo é un lugar da parroquia de Naraío no concello coruñés de San Sadurniño, na comarca de Ferrol. Segundo o IGE, en 2011 estaba despoboado.

     O medieval Castelo de Naraío é o que dá nome ao lugar.

Naraío
     Santa María de Naraío é unha parroquia que se localiza no sur do concello de San Sadurniño.

     Segundo o IGE en 2013 tiña 547 habitantes (261 homes e 283 mulleres) distribuídos en 35 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 670 habitantes. 

     Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Comarca de Ferrol
Concellos da comarca de Ferrol: 

     Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Ned, As Somozas, Valdoviño

     A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol.

     A ela pertencen os concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño.

     Limita ao norte e ao leste co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. 


     Ten unha extensión de 623,45 km² e conta cunha poboación de 151.822 habitantes no 2020, distribuídos en 11 concellos.

      Xunto coas comarcas de Eume e Ortegal, integra a ambigua e non oficial Ferrolterra.

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

FERVENZA DA XESTOSA - RÍO XESTOSA - OUROL

 FERVENZA DA XESTOSA

RÍO XESTOSA

OUROL


     A Fervenza da Xestosa, no concello de Ourol, é unha das máis bonitas da Mariña.

      Conta con distintos saltos, rematando nunha gran caída final de máis de 20 m de altura, precipitando as súas caudalosas augas con grande estrondo nalgunhas épocas do ano.

      O nome á fervenza dállo o Río Xestosa tamén chamado Xanceda que baña as serras da Gañidoira e da Coriscada e que se xunta co Landro, do que é tributario, en Xerdiz.

Ourol
     Ourol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE, en 2014 tiña 1.090 habitantes.

Xeografía
       O concello, de 142,1 km², está situado ao norte da provincia de Lugo e abrangue oito parroquias. Limita ao norte cos concellos de Viveiro e Vicedo, ao sur con Muras, ao leste co Valadouro e ao oeste con Mañón (provincia da Coruña).

     A altitude media sobre o mar é de 405 m. Os ríos, que van dar ao mar Cantábrico, van en dirección sur a norte, con profundos vales e escarpadas zonas montañosas entre eles, diminuíndo a altitude media de sur a norte.

     O pico Veliña (937 m) está no límite cos concellos de Muras e O Valadouro, na fin da Serra do Xistral, que é unha zona especial de conservación (ZEC) da Rede Natura 2000[8]. O Pico Carballosa (732 m) está no límite das parroquias de Sisto e Ourol co concello de Muras.

     A rede fluvial vai dar a dous ríos: o Landro e o Sor. O primeiro, que desemboca na ría de Viveiro, discorre en parte polo municipio e fai de fronteira co concello de Viveiro. Está tamén declarado como ZEC Río Landro. Destaca pola presenza do salmón e polos hábitats de xunqueiras na marisma.

     O río Sor configura o límite oeste de Ourol, co concello coruñés de Mañón, e parte do límite sur con Muras.

     A el van dar dous dos seus afluentes pola esquerda, os ríos Toxoso e San Pantaleón, que atravesan as parroquias de Ambosores e Cabanas. Vai dar á ría do Barqueiro.

     O municipio conta con clima oceánico húmido, con suavidade térmica por mor da influencia mariña (11 °C de amplitude, cunha media anual de 14 °C) e con precipitacións durante todo o ano (1400–1500 mm).

Comarca da Mariña Occidental
A comarca da Mariña Occidental, ou terra de Viveiro, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Viveiro.

      A ela pertencen os concellos de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove. Esta comarca é unha división oficial da Mariña de Lugo.

VIDEO

MAPA

 

 Fuente: Web Mariña Lucense

XOAN ARCO DA VELLA