jueves, 17 de junio de 2021

IGREXA DE SANTA MARÍA DE SANGUIÑEDO - SANGUIÑEDO - DOZÓN

IGREXA DE SANTA MARÍA

SANGUIÑEDO

DOZÓN

 Sanguiñedo
     Santa María de Sanguiñedo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Dozón.

     Segundo o IGE en 2011 tiña 157 habitantes (81 mulleres e 76 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 195 habitantes.


Lugares de Sanguiñedo

     As Bouzas, Cardoufe, O Eirelo, Sanguiñedo, Santo Domingo, Seixas, O Zudreiro 

Dozón
     Dozón é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 1174 habitantes.

Xeografía
     O concello está situado no nordeste da provincia de Pontevedra. Limita ao noroeste con Lalín, ao nordeste con Rodeiro, e ao sur co Irixo e Piñor (provincia de Ourense). Con 75 km², é o municipio máis pequeno da comarca do Deza. Ten 8 parroquias e 54 aldeas, sendo a capital O Castro.

     Está situado nas terras altas do val do río Deza, na vertente Oeste da Dorsal Occidental Galega, nos contrafortes das serras do Faro e dos montes do Testeiro, a altitude media é superior os 740 m. O teito do concello constitúeo a Pena de Francia, de 914 m. Tamén destacan os montes Cubelos (833 m) e A Gándara (870 m), estas elevacións forman a divisoria das augas das concas do Miño e do Ulla, e e Coto da Lebre (770 m).

     Neses montes nacen diversos ríos e regatos, que conforman unha extensa rede fluvial. O río Asneiro, tamén chamado Dozón, nace nas proximidades da Pena de Francia. Dá nome á zona, e é popularmente coñecido coma Deza debido a un erro ortográfico na cartografía do século XIX.


Patrimonio
     A vila do Castro aséntase sobre un dos moitos castros fundados na idade de Bronce, dos que aínda se conservan numerosas pegadas. Destacan polo seu bo estado de conservación o castro de San Breixo, en Maceiras, e o de Santa María, na parroquia de Dozón.

     Do período da romanización consérvanse as súas pontes e restos dunha calzada cara ás terras de Camba.

     A igrexa de San Pedro de Vilanova de Dozón é un templo románico do século XII. A igrexa de Santa María de Dozón ten elementos pertencentes ao barroco. Ademais das outras igrexas parroquiais, están as ermidas de San Domingos en Sanguiñedo, a de Santo Amaro e O Pilar, no Sisto, e a da Virxe da Pena de Francia.

Parroquias de Dozón    
     Bidueiros (Santa María), O Castro (San Salvador), Dozón (Santa María), As Maceiras (San Remixio), Saa (Santiago), Sanguiñedo (Santa María). O Sisto (San Xoán), Vilarello (Santo André)


Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. 

     O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Situación
      A comarca de Deza ven coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño, ao leste coas de Ulloa e Chantada e ao oeste con Tabeirós-Terra de Montes.

MAPA 

  

SIGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

FERVENZA DE BUDIÁN - REGO DA FERVENZA - BUDIÁN - ZAS

 FERVENZA DE BUDIÁN

REGO DA FERVENZA

BUDIÁN

GÁNDARA

ZAS

 Budián
     Budián é un lugar da parroquia de Gándara no concello coruñés de Zas da comarca da Terra de Soneira.

     Tiña 75 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 38 homes e 37 mulleres.


Gándara
     Santa María de Gándara é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas na comarca da Terra de Soneira.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 503 habitantes (269 homes e 234 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 545 habitantes.

     Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 365 habitantes, sendo 182 homes e 183 mulleres.

Natureza
    Pico de Meda: Dende alí vese toda a costa dende Fisterra ata Arteixo. Esta no límite con Carreira.
    Férveda do Rabiñoso: Está no límite con Coristanco onde hai moitos muíños, todos en ruínas. Atópase no lugar de Vilar Ramilo.


Lugares de Gándara
     Budián, Gándara, Parga, Quintáns, O Sisto, Sobreira, Vilaestévez, Vilar Ramilo


Parroquias de Zas
    O Allo (San Pedro) Baio (Santa María) Brandomil (San Pedro) Brandoñas (Santa María) Carreira (Santiago) Gándara (Santa María) Lamas (Santa María) Loroño (Santiago) Mira (Santa María) Muíño (San Tirso) San Cremenzo de Pazos (San Cremenzo) San Martiño de Meanos (San Martiño) Santa Sía de Roma (Santa Sía) Santo Adrián de Castro (Santo Adrián) Vilar (San Pedro) Zas (Santo André)



Comarca da Terra de Soneira
     A comarca da Terra de Soneira é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Vimianzo.

     A esta comarca pertencen os concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas. 

     Limita coa comarca de Bergantiños polo nordés e coa de Fisterra polo suroeste.

     Historicamente a comarca incluía ademais dos concellos actuais o de Laxe e varias parroquias de Cabana.

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 

miércoles, 16 de junio de 2021

PETRÓGLIFO DA FERRADURA - TRASALBA - AMOEIRO

 PETÓGLIFO DA FERRADURA

TRASALBA

AMOEIRO

Trasalba
     San Pedro de Trasalba é unha parroquia do concello de Amoeiro, na comarca de Ourense, provincia de Ourense.

      Segundo o IGE en 2014 tiña 312 habitantes (158 homes e 154 mulleres), 16 menos ca en 1999.


Patrimonio
     No Chan da Ferradura localízanse unha serie de petróglifos.

     Nesta parroquia está a casa museo de Ramón Otero Pedrayo, onde se entrega anualmente o premio Trasalba.

Lugares de Trasalba
     Albeiros, A Bergueira, Fondo de Vila, O Formigueiro, Monte Asnal, Soutomanco, Trasal 

Amoeiro
     Amoeiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense.

     Segundo o IGE en 2016 tiña 2.264 habitantes (2.274 en 2014, 2.371 no 2006, 2.356 no 2005, 2.322 no 2004, 2.276 no 2003). O seu xentilicio é «amoeirés».

Xeografía
      O municipio ten 39,7 km². Está situado na meseta dos Chaos, ao noroeste do val do río Miño. Limita ao norte con Vilamarín e San Cristovo de Cea, ao sur con Ourense e Punxín, ao leste con Coles, e ao oeste con Maside.

     Ten un terreo chan e fértil, con fragas de piñeiros e eucaliptos. Conta cun couto cinexético e cunha zona de pesca no río Barbantiño, no que está a fervenza do Cachón.

     Polo concello discorre a Vía da Prata do Camiño de Santiago.

Historia
     No lugar da Ferradura (Trasalba), consérvanse restos de petróglifos da Idade de Ferro no conxunto do Chan da Feradura.


     No castro de Zarra tamén hai restos de petróglifos, así como no Raposo. No Coto de Castro e en Marmán atopouse abundante cerámica e estruturas arquitectónicas.

     No lugar do Formigueiro hai restos dun castelo medieval, asentado sobre un castro, do que quedan vestixios en diversas casas e na igrexa do lugar. O castelo do Formigueiro, documentado xa no século XI, era coñecido primitivamente co nome de Alba de Búbal, de onde procede o topónimo Trasalba.

      Consérvanse varios templos relixiosos de arquitectura románica, como as igrexas de San Martiño de Cornoces (levantada sobre penas e un antigo castro) , Santa María de Amoeiro, Santiago de Parada e Santa Mariña de Fontefría (no adro da cal se descubriu un sarcófago de granito anterior ao século XI). Consérvanse restos do mosteiro de Bóveda (o primeiro construído en Galiza da orde do Císter, na segunda metade do século XII), o mosteiro de Cornoces e o mosteiro de San Damián.

     As terras do concello pertenceron ao señorío da Casa de Vilamarín, e estivo incluído entre as enormes posesións do mosteiro de Oseira, da orde cisterciense. Tivo gran produción de gran e pan de trigo, que abastecía ao mercado de Ribadavia, de onde se traía o viño.

     En 1809, durante a guerra da Independencia española, os habitantes dos Chaos salvaron o gando dos ataques das tropas napoleónicas escondéndoo nos habitáculos abovedados soterrados do castelo.

    Na construción da capela de Sanxiao foron utilizadas dúas pedras decoradas procedentes dun poboado castrexo próximo (este tipo de restos atópanse tamén noutras construcións da aldea) e na mesma atopamos unha das únicas aras romanas da provincia reutilizadas como pila bautismal.

     Do patrimonio civil consérvanse pazos e casas grandes coma a dos Mirandas (Parada), Coto Martín (Bóveda), Reinoso (Cornoces), San Damián (Abruciños), Gaión (Amoeiro) e a casa de Cima de Vila en Trasalba, casa natal de Ramón Otero Pedrayo. Pola ponte de San Fiz, sobre o río Barbantiño, no límite co concello de Maside, pasaba o camiño real de Ourense cara a Pontevedra. O forno comunal de Sabariz ten gran valor etnográfico.

Parroquias de Amoeiro    
     Abruciños (San Xoán), Amoeiro (Santa María), Bóveda de Amoeiro (San Paio), Cornoces (San Martiño), Fontefría (Santa Mariña), Parada de Amoeiro (Santiago), Rouzós (San Cibrao), Trasalba (San Pedro) 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DA TORRE - A TORRE - CHANTADA

 PETO DA TORRE

A TORRE

CHANTADA


  Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidad galega sobre a vida e a morte.

    Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

     A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura administráseo e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.


     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesano outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.


     Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:

- Infraestructura arquitectónica básica.
- Unha cavidad que similar a unha capillita que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capillita, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira).

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA