miércoles, 4 de noviembre de 2020

CHOZOS DE CHAN DE ESQUEIROS - CABO UDRA - BUEU

 CHOZOS DE CHAN DE ESQUEIROS

CABO UDRA

BUEU


      Dentro do espazo da Zona de Especial Conservación (ZEC) Cabo Udra da Rede Natura 2000, atópase un lugar que se chama Chan de Esqueiros. 

      Esta área antiguamente estaba destinada a usos de pastoreo.

      Os pastores da zona levaban os seus rebaños e aproveitaban os pastos e o matorral que lle confería o cabo.


      Para pasar as noites xunto co gando construíronse os chozos.

      Unha das manifestacións máis primitivas das construcións no rural.


      Os chozos realizábanse aproveitando a morfoloxía das grandes rocas do lugar, a modo de vivac, ao que se lle engadía unha parede de pedra e unha cuberta en falsa bóveda feita con grandes losetas.

     Estes chozos de Chan de Esqueiros foron construídos a finais do século XIX e utilizáronse ata mediados do século XX. 

      Contan cunha protección integral como Ben de Inventario de Xacementos Arqueolóxicos do Concello de Bueu da Consellería de Cultura.

      A Ría de Aldán ábrese no extremo da península de O Morrazo entre a Punta Couso (Ver LIC Costa da Vela) e Cabo Udra. A súa costa desde a praia da Mourisca (Bueu) e Menduíña (Cangas) é un colar de rocas e pequenos areais tocados pola beleza e riqueza submarina.


Cabo Udra
Descrición

      Os delfins, delfins mulares e marsopas son relativamente frecuentes nestas augas tamén amparadas polo área protexida. Desde Terra a súa observación cunhas vistas panorámicas que non defraudan convértense nun dos principais atractivos para a súa visita. Existe unha ruta sinalizada desde Bueu e un Aula da Natureza na parroquia de Beluso.


     No percorrido descubriremos os peculiares ·chozos·, construcións dos pastores ao abrigo das numerosas rocas da zona, e baterías militares abandonadas.

Acceso
     Desde Pontevedra a Bueu pola estrada PO-551, desvíos finais no tramo de Beluso.

Situación
      No extremo da península de ou Morrazo, separa Ría de Pontevedra da pequena Ría de Aldán, nos concellos de Bueu e Cangas.


Superficie
      623,36 ha, das cales 443 son augas mariñas.

VIDEO

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 

Fuentes: Web Nautic Destination

WebTurismo de Galicia

XOAN ARCO DA VELLA


COVA DA GAFA - LAXAS - BOBORAS

 COVA DA GAFA

LAXAS

BOBORÁS

 A Cova da Gafa

     A Cova da Gafa, acubillo rochoso onde se di que viviu unha gafa ou leprosa, tamen din foi refuxo de escapados ou bandoleros, como en outros sitios similares corren mil lendas.

Laxas
     San Xoán de Laxas é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.  No ano 2007 tiña 79 habitantes, deles 35 eran homes e 44 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.


Lugares de Laxas
      Laxas, Leborín, Liñariños, O Lugar, O Souto


Boborás

     Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003).  Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial.O seu xentilicio é boborao ou boborés.

Xeografía
     O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense. Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados. Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.

     O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.

Historia
     Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.

Patrimonio histórico e artístico
     A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.

    A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.
     A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.

      O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.
     O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.


Parroquias de Boborás
       Albarellos (San Miguel). Astureses (San Xulián), Brués (San Fiz), Cameixa (San Martiño), Cardelle (San Silvestre), Feás (Santo Antón) | Laxas (San Xoán) | Moldes (San Mamede), Moreiras (Santa Mariña), Pazos de Arenteiro (San Salvador), O Regueiro (San Pedro), Xendive (San Mamede), Xurenzás (San Pedro), Xuvencos (Santa María)

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño. 

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.  

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 

XOAN ARCO DA VELLA


martes, 3 de noviembre de 2020

AS FURNAS DE A RIBADEIRA - A RIBEDEIRA - RUBIÓS - AS NEVES

 AS FURNAS DE A RIBADEIRA

A RIBADEIRA

RUBIÓS

AS NEVES

 As furnas de A Ribadeira

     As furnas son unha especie de covas onde se gardaba o gando ou ferramentas de labranza. 

     As súas dimensións son variables, cunha lonxitude de 2 a 5 metros e unha altura máxima de 2,5 metros.

     O teito é, nalgúns casos, abovedado o cal mostra un maior coidado cando foi excavado


A Ribadeira
     A Ribadeira é un lugar da parroquia de Rubiós, no concello pontevedrés das Neves.

     Segundo datos do Instituto Galego de Estatística do 2009 ten 35 habitantes (18 homes e 17 mulleres)

     Nel atópanse as Furnas da Ribadeira, covas antropoxénicas usadas desde antigo para gardar animais e apeiros de labranza.

Rubiós
      San Xoán de Rubiós é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado. 

      Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 492 habitantes (243 mulleres e 249 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2008 cando tiña 503 habitantes.


Lugares de Rubiós
   Barxa, O Calvario, Campos, A Candán, A Carrasqueira, O Casteliño, A Costa, O Couto, O Crasto, A Filgueira, As Gandras, A Igrexa, A Lomba, O Lombo, A Mó, O Outeiro, A Portela, A Porteliña, A Ribadeira, O Sobreiro 


VIDEO

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Web Turismo Rias Baixas

XOAN ARCO DA VELLA

ALDEA ABANDONADA DE A GORITA - LOURIDO - SALVATERRA DO MIÑO

ALDEA ABANDONADA DE A GORITA

LOURIDO

SALVATERRA DO MIÑO

 Lourido
     Santo André de Lourido é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño. 

      Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 118 habitantes (62 homes e 56 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 128 habitantes.

      Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 127 habitantes, sendo 56 homes e 71 mulleres.

Lugares de Lourido
     A Abeleira, Cantarrán, O Coto Real, O Eido Vello, Forneliños, A Gorita, A Nocelleira

Salvaterra de Miño
     Salvaterra de Miño é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca do Condado. 

      Segundo o IGE en 2014 tiña 9.626 habitantes. 

     O seu xentilicio é «salvaterrense».

Xeografía
     O concello, de 62,5 km², está situado ao sur da provincia de Pontevedra, na confluencia dos vales do río Tea e o Miño.

     Limita ao norte con Mondariz e Ponteareas, ao sur con Monção (á outra beira do Miño), ao leste coas Neves (a través dos montes da Paradanta) e ao oeste con Salceda de Caselas e a parroquia de Caldelas de Tui (Tui).


Patrimonio
    Castelo de Salvaterra (Pazo de Dona Urraca)
    Covas de Dona Urraca
    Murallas do século XVII
    Capela da Oliveira
    Igrexa de San Lourenzo de Salvaterra
    Pazo de Lira
    Pazo-torre de Petán
    Portalón da Inquisición
    Pazo de Barreiras
    Pazo da Fillaboa
    Ponte de Fillaboa
    Pazo de Santo Amaro
    Pazo do Piñeiro
    Pazo de Souto

Pazo de Dona Urraca
      O castelo de Salvaterra, tamén coñecido como castelo de Dona Urraca, é unha fortaleza medieval situado ao pé do río Miño. As súas orixes remóntanse aos séculos X e XI. Ocupa unha superficie de 9.700 m² conformados polo recinto amurallado coas súas garitas, a Casa do Conde, o Pazo de Dona Urraca e a Capela da Virxe da Oliva. Do século XII consérvanse as chamadas Covas de Dona Urraca, coa súa escaleira de caracol.

     O castelo de Salvaterra e o seu contorno histórico foi declarado en 1949 Ben de Interese Cultural.

Parroquias
     Alxén (San Paio), Arantei (San Pedro), Cabreira (San Miguel), Corzáns (San Miguel), Fiolledo (San Paio), Fornelos (San Xoán), Leirado (San Salvador), Lira (San Simón), Lourido (Santo André), Meder (Santo Adrián), Oleiros (Santa María), Pesqueiras (Santa Mariña), Porto (San Paulo), Salvaterra (San Lourenzo), Soutolobre (Santa Comba), Uma (Santo André), Vilacova (San Xoán)

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA