jueves, 19 de diciembre de 2019

MUIÑO DA PONTE - REGO DE CALVOS - PRADEREI - CAMPO LAMEIRO

MUIÑO DA PONTE
REGO DE CALVOS
PRADEREI
CAMPO LAMEIRO


     Campo Lameiro é unha excelente alternativa para todos aqueles que buscan algo mais que sol e praia no disfrute de seu tempo libre...



     Este concello pontevedrés alberga multitude de rincóns para perderse e viaxar ó pasado contemplando os grabados rupestres e os castros; asi como un amplio abanico de actividades e opcións para disfrutar duns días apacibles, cheos de bos momentos que os farán inesquencibles.


     Varias zonas de recreo encóntranse repartidas ó longo deste vasto concello.



Castro de Penalba
     Este recinto situado no alto de monte Agüeiros reúne tradición, cultura, arte e ocio.



     Conserva el Castro de Penalba que data dos séculos VIII - VII a. C., un dos máis antigos de Galicia.


      O día 13 de xuño commemorase a festividade de S. Antonio, na capela celébrse a misa solemne e a tradicional puxa de ofrendas que levan os devotos.


     Así mismo, os visitantes poden contemplar as insculturas rupestres de “ A Pedra da Serpe” y a “ Rotea de Mendo”.


     Este recinto conta ademais, cun galpón, merendeiro, mesas, parrillas, fontes e un parque infantil.


Carballeira de Rozas
     Carballeira de CousoSituada na parroquia de Couso, esta magnifica carballeira centenaria posue mesas, zoa infantil e parrillas, o que a convirte nun estupendo lugar para disfrutar dnha relaxada xornada campestre .



Área recreativa de Lodeiro
Rio Lérez
     Situada na parroquia de San Miguel de Campo, é testemuña da unión do río Lérez co seu afluente o río Meneses.


     Esta ten un afamado coto de pesca e refuxio de pescadores.


     Unha pequena ruta de muiños, o merendero provisto de mesas e parrillas xunto coa praia fluvial, fan desta área un lugar ideal para o disfrute de nenos e maiores.



Praia fluvial de Redonde
     Ideal para facer un alto no camiño e obsequiarnos cun refrescante baño en augas do río Lérez.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 18 de diciembre de 2019

ALDEA ABANDONADA DE XESTEIRA - FORZÁNS - PONTE CALDELAS

ALDEA ABANDONADA DE XESTEIRA
FORZÁNS
PONTE CALDELAS

Forzáns
     San Fiz de Forzáns é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas.


     Segundo o IGE en 2017 tiña 127 habitantes (57 homes e 70 mulleres), distribuídos nunha única entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 216 habitantes.


Lugares de Forzáns
     Caritel, Forzáns


Ponte Caldelas
     Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio  é pontecaldelán.


Xeografía
     O municipio de Ponte Caldelas sitúase nunha zona xeográfica de transición entre as montañas do interior pontevedrés e as ribeiras das rías Baixas. Está encadrada nunha comarca natural que se estende polas estribacións occidentais da serra do Suído.


     É terra de mananciais e ríos (Oitavén e Verdugo), de abruptas serras (A Fracha, Castrelada...) e encaixados vales. Limita ao norte con Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes e Soutomaior, ao leste coa Lama e ao oeste con Pontevedra.


     Ponte Caldelas presenta unha morfoloxía de fortes contrastes topográficos provocados por unha intensa erosión diferencial favorecida pola rede de fracturas tectónicas ás que foi sometido polos episodios xeolóxicos.


     As superficies de aplanamento orixinarias percíbense nos cumios suaves dos seus montes, entre os que destacan a serra da Castrelada (663 m), O Couto da Brea (536 m), A Penarada (544 m), monte do Antón (453 m) e monte do Taboadelo (432 m). Encaixados entre as serras, os ríos discorren por vales abruptos e profundos, con pronunciadas pendentes.


     A súa densa rede fluvial organízase en torno aos cursos do Verdugo e do Oitavén, alimentados por afluentes curtos, pero de abundante caudal debido ás elevadas precipitacións que se rexistran no paso das frontes atlánticas.


     Entre estes afluentes destaca o Calvelle que se une ao Verdugo antes do seu paso pola capital municipal, onde por atravesar algunhas fallas orixina a aparición de mananciais de augas minerais, ben coñecidas polas súas propiedades.


     No río Oitavén construíuse a presa de Eirás, que abastece de auga a área urbana de Vigo, antes de que, xa no municipio de Soutomaior, una as súas augas ás do río Verdugo, que poucos quilómetros máis adiante desembocará na ría de Vigo.


Historia
     Pouco se sabe da orixe da vila, aínda que non son poucos os que a atribúen a unha fundación romana, e aínda alguén quere ver nos gregos ós primeiros poboadores do municipio.


     No ano 1126 o rei Afonso VII deulle o título de "Moi Leal". Conta a tradición tamén que a famosa raíña Lupa, a cal perseguiu aos discípulos do Apóstolo Santiago, foi natural desta vila ou residiu nela. Posteriormente no século XIX recibiu o tratamento de "Vila".


     Estas terras foron patrimonio da catedral de Santiago de Compostela, dándolle Xelmírez privilexios e franquías. No pasado, o agora término de Ponte Caldelas pertencía nunha metade á antiga provincia de Santiago (arciprestado do Morrazo), e na outra metade á de Tui (arciprestado de Soutomaior).


     No 1822 pasou formar parte da nova provincia de Vigo e en 1833, finalmente, á de Pontevedra.



Patrimonio
     Calvario da Insua.


     No termo municipal ha numerosas testemuñas do seu pasado, destacando os castros de Santa María de Castro Barbudo e o monte Castrelo en Parada, onde tamén están os petróglifos de Tourón.


     A igrexa parroquial de Santa Eulalia de Ponte Caldelas destaca polo seu retablo pétreo, obra do mestre Manuel González, autor tamén da fonte que se atopa na praza do Bispo no centro da vila e do Calvario de Barbudo.


     A igrexa de Santa María de Tourón é de orixe románica de finais do século XII, conservando desa época algúns elementos dispersos. Nunha fachada lateral existe un escudo dos Pazos de Proben


     Destacan tamén as igrexas da Insua, aberta ao val cun Via Crucis de pedra arredor do adro, e a igrexa de Xustáns, cun conxunto de igrexa e cemiterio con outro cruceiro.


     Tamén destaca a Capela do Sagrado Corazón, dende onde se contempla a vista de paxaro a vila.


     Hai pazos e casas grandes en Tourón, Sande e San Ramón. Tamén destacan as casas de indianos de Caritel, A Insua e a da Vila.


Turismo
     Ponte Caldelas non tivo unha saída ao exterior ata hai pouco. Os aloxamentos baséanse en casas rurais, moi numerosas en parroquias como Anceu. Bastantes restaurantes foron creados recentemente, tanto por influencias do Campiño (na zona da Reigosa), como en Caldelas, polo turismo.


Festas
     As festas patronais celébranse no último domingo de agosto, pero tamén son importantes as de San Vicente, en xaneiro, coa chamada Romaría do Cocido, e en setembro, a Virxe das Dores, en Anceu, cunha tradicional danza á que se atribúe unha orixe celta.


     Outra celebración gastronómica destacada é a Festa da Troita de Ponte Caldelas que inclúe un Concurso Internacional de Pesca Deportiva previo á degustación do prato. Celebrada o último domingo de maio, leva máis de 35 edicións.


     Outras festas da parroquia son a romaría de San Vicente en Parada, a romaría da Virxe da Saúde en Rebordelo, a festa do Muíño, en Taboadelo,[5] a festa dos Remedios en Vilarchán, a romaría de Cristo Rei en Xustáns e a festa de San Miguel en Contixe.


 Parroquias de Ponte Caldelas   
     Anceu (Santo André), Caritel (Santa María), Castro Barbudo (Santa María), Forzáns (San Fiz), A Insua (Santa Mariña), Ponte Caldelas (Santa Eulalia), Taboadelo (Santiago), Tourón (Santa María), Xustáns (San Martiño)

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA

martes, 17 de diciembre de 2019

FORTE DE SAO JOAO BAPTISTA - FOZ DO DOURO - OPORTO

 FORTE DE SAO JOAO BAPTISTA
FOZ DO DOURO
OPORTO


Forte São João Baptista da Foz   
     Tamén coñecido como Castelo de San Juan de Foz, esta fortaleza foi construída para protexer a cidade dos ataques piratas e dos navíos de países inimigos.


     Erguido na marxe dereita de Barra do Douro, a xénese deste forte foi a residencia do bispo da Diócesis de Viseu, elaborada segundo o proxecto dun arquitecto italiano. 


     Considerada como a primeira manifestación da arquitectura renacentista no norte de Portugal, esta casa, así como os edificios adxacentes, como a igrexa de San Juan Bautista e a capela-faro do Arcángel San Miguel, foi rodeada de murallas durante o reinado de D. Sebastián (1567 ). 


     A seu localización estratéxica, fundamental para a defensa da cidade e da rexión, xustificaría varias intervencións levadas a cabo ao longo dos anos, procurando evitar ataques de piratas e de navíos provIntes de nacións coas que Portugal estaba en guerra ao longo da súa historia.


     Cando se restaurou a independencia portuguesa logo de 60 anos de dominio español (1580-1640), D. João I quixo interesarse polo estado das fortalezas nacionais e pola necesidade de construír máis fortes. 


     O enxeñeiro francés Charles Lassart foi enviado a Oporto para determinar as obras necesarias no forte; decidiuse demoler a igrexa e a residencia, facendo deste xeito a fortaleza máis segura. Logo de concluídas as obras, reforzouse a presenza de tropas do lugar. 


     No século XVIII a fortaleza foi descrita con catro baluartes, un revellín, 18 pezas de artillería, pero ao final de século decidiuse que era necesario reforzar a súa seguridade, en especial coa finalización do foso e coa construción de dúas baterías. 


     No 1798 proxectouse tamén un portón de estilo neoclásico, con ponte levadizo, que sustituiu á primitiva porta de armas.


     A evolución do armamento e da capacidade de defensa levou a que este forte fose perdendo importancia durante o século XIX. 


     A mediados do século XX estaba abandonado, acabando por ser considerado Monumento de Interese Público e nos anos 80 e 90 foi obxecto de traballos de limpeza e consolidación.



Curiosidades:
     No século XVI as obras foron pagadas cos fondos obtidos polo imposto sobre o sal.



     Durante a Guerra Peninsular (1808-1814), o 6 de xuño de 1808, o Sarxento Maior Raimundo José Pinheiro ocupou as instalacións do forte. Na madrugada seguinte fixo izar no se mástil a bandeira portuguesa. Foi o primeiro acto de reacción portuguesa contra a ocupación napoleónica.


     Durante a Guerra Civil Portuguesa (1828-1834), protexeu, durante o asedio de Oporto (1832-1833), o desembarco de manutención para as tropas liberais da cidade.


     No século XIX serviu de cárcere política.


     A poetisa Florbela Espanca, casada cun dos oficiais, viviu no forte a principios dos anos 20.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA