EIRA DO REGO
PARADA
CAMPO LAMEIRO
Campo Lameiro é unha excelente alternativa para todos aqueles que buscan algo mais que sol e praia no disfrute de seu tempo libre...
Este concello pontevedrés alberga multitude de rincóns para perderse e viaxar ó pasado contemplando os grabados rupestres e os castros; asi como un amplio abanico de actividades e opcións para disfrutar duns días apacibles, cheos de bos momentos que os farán inolvidables.
Varias zonas de recreo encóntranse repartidas ó longo deste vasto concello.
Castro de Penalba
Este recinto situado no alto de monte Agüeiros reúne tradición, cultura, arte e ocio.
Conserva el Castro de Penalba que data dos séculos VIII - VII a. C., un dos máis antigos de Galicia.
O día 13 de xuño commemorase a festividade de S. Antonio, na capela celébrse a misa solemne e a tradicional puxa de ofrendas que levan os devotos.
Así mismo, os visitantes poden contemplar as insculturas rupestres de “ A Pedra da Serpe” y a “ Rotea de Mendo”.
Este recinto conta ademais, cun galpón, merendeiro, mesas, parrillas, fontes e un parque infantil.
Carballeira de Rozas
Carballeira de CousoSituada na parroquia de Couso, esta magnifica carballeira centenaria posue mesas, zoa infantil e parrillas, o que a convirte nun estupendo lugar para disfrutar dnha relaxada xornada campestre .
Carballeira de Rozas
Carballeira de CousoSituada na parroquia de Couso, esta magnifica carballeira centenaria posue mesas, zoa infantil e parrillas, o que a convirte nun estupendo lugar para disfrutar dnha relaxada xornada campestre .
Área recreativa de Lodeiro
Rio Lérez
Situada na parroquia de San Miguel de Campo, é testemuña da unión do río Lérez co seu afluente o río Meneses.
Esta ten un afamado coto de pesca e refuxio de pescadores.
Unha pequena ruta de muiños, o merendero provisto de mesas e parrillas xunto coa praia fluvial, fan desta área un lugar ideal para o disfrute de nenos e maiores.
Praia fluvial de Redonde
Ideal para facer un alto no camiño e obsequiarnos cun refrescante baño en augas do río Lérez.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
EIRA DO TOMBELO
FEÁS
BOBORÁS
OURENSE
Santo Antón de Feás é unha parroquia do concello ourensán de Boborás. A parroquia abarca os núcleos de poboación de Feás, Borraxas, Vilachá e A Fenteira.
A capitalidade parroquial está na aldea de Feás. No século XX sufriu un gran descenso de poboación pola emigración, maiormente a México, pero tamén a Panamá, Venezuela, Suíza, Alemaña e incluso a Sudáfrica. Segundo o IGE, en 2012 contaba con 427 habitantes (186 homes e 241 mulleres).
O nome da parroquia ten orixe na palabra latina fenales, é dicir, lugar de feno, de herba seca.
Xeografía
Para chegar a Feás débese usar a estrada N-541 (Ourense-Pontevedra), desviándose á altura de Brués.
A parroquia de Feás está situada ó abeiro da cadea montañosa do Testeiro, ó agarimo do norte nas estribacións da serra.
A parte máis alta da parroquia localízase no lugar da Fenteira, situada arredor dos 800 metros e chega nas cotas máis baixas ata os 450 metros de Borraxas, atopándose nunha zona de transición A Vilachá e Feás, que teñen unha altitude próxima ós 500 metros.
A disposición destes dous últimos lugares semella a dunha zona de aterrazamento formadas nesa transición das terras de montaña cara ós fondos vales que describen os ríos Cardelle e Lodairo, xa en altitudes próximas ós 320 metros.
Son estes cursos fluviais os que permitiron a construción de muíños e propician a aparición das primeiras paisaxes de viñedo na zona do Foxo e Amarante.
Cunha superficie de 12,6 km², o seu terreo está constituído por rochas xistosas que modelan un relevo típico que se prolonga ata as veciñas terras de Beariz e ata o río Lodairo, onde se produce o contacto co dominio granítico, predominante na súa marxe esquerda.
Demografía
A evolución demográfica de Feás está marcada pola emigración cara a América e Europa e, como noutras moitas zonas de Galicia, polo progresivo abandono do mundo rural.
Historia
A parroquia de Santo Antón de Feás nace oficialmente o día 11 de xullo de 1789 ó segregarse xunto coa de Cardelle da de San Miguel de Albarellos á que pertencían as dúas.
O primeiro párroco de Feás foi Agustín Otero, natural da mesma. Inicialmente quedou constituída polos lugares de Feás, As Costiñas, A Vesada, Puzós, Vilachá, A Fenteira e Antas Portas.
En 1893 produciuse por parte do Bispado de Ourense un arranxo parroquial que afectou á configuración dos seus lindes, incorporando nesa data o lugar do Curro, que pertencía a Moreiras, e o de Borraxas, que dependía da parroquia de Cameixa.
Na Idade Media e Moderna, a súa dependencia á Encomenda de Pazos de Arenteiro, da Orde de San Xoán, condiciona a súa vida e a dos seus habitantes, marcada pola existencia dos chamados foros ou arrendamentos de terras, constituíndo un territorio agrícola e gandeiro e lugar de paso de arrieiros e comerciantes cargados de viño do Ribeiro con dirección a Pontevedra.
Este paso dunha importante vía de comunicación fai dela unha parroquia puxante e así, no ano 1842, comeza a realizarse cada día 5 -máis adiante pasará ó día 8- unha importante feira á que concorren as xentes do seu contorno a comerciar co gando e demais especies da zona. Esta feira mantivo certo pulo ate a década de 1980.
Patrimonio
A presencia do home nesta terra vén dende moi antigo, quedando como testemuña milenaria desta pegada humana a existencia de numerosas mámoas espalladas por todo o seu territorio: 4 na Vesada, 3 no Curro, 5 en Vilachá e 1 na Fenteira. Estes indicios prehistóricos son tamén visibles no chamado Castro de Meimón, en Vilachá.
A parroquia mantén, aínda que cada vez máis deturpada, unha rica arquitectura tradicional que se observa nas zonas máis antigas da mesma e que está presente en toda a zona montañosa conformada polas serras do Testeiro e do Suído. É unha arquitectura cunha tipoloxía básica de casa de cachotería de xisto, tellado de grandes lousas, corredor pétreo e patín. En moitas delas vese un curral que pecha por diante a casa e que recibe o nome de quinteiro.
O cruceiro situado no lugar da Cruz é o único vestixio artístico do seu pasado máis recente. Estas arquitecturas tradicionais, completadas con eiras e numerosos hórreos, víronse alteradas coas novas edificacións construídas polos numerosos emigrantes, que racharon cos modelos tradicionais.
Testemuña interesante das súas tradicións é a figura do felo, personaxe asociado ó entroido desta parroquia, que por esas datas percorrían disfrazados de tal figura os camiños e casas os mozos de Feás.
Ían dotados dunha vestimenta na que destacan as colchas coas que se cobren, a carauta e o gorro con numerosas fitas de cores.
Eran personaxes dotados dunha certa "agresividade", xa que zoupaban coas varas que portaban facendo fuxir coas súas carreiras a quen se lle puña por diante. Actualmente acoden anualmente ó Entroido de Boborás.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
EIRA DE O SIXTO
O SIXTO
PARDESOA
FORCAREI
FORCAREI
Forcarei é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en en 2012 tiña 3.916 habitantes. O seu xentilicio é forcaricense.
Xeografía
Forcarei é un concello situado ao norte da provincia, linda cos concellos de Cerdedo, Silleda, A Estrada, Lalín, Beariz e A Lama.
Historia
En 1833 creouse o concello de Forcarei, se ben entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.
Patrimonio
Na capital municipal atópase a igrexa parroquial, dedicada a san Martiño. É obra de finais do século XVIII, do mestre canteiro Pedro Varela e o mestre asentador Pedro Gutiérrez.
Orixinalmente era de planta de cruz latina pero en 1961 o arquitecto Javier García Santoro ampliou o brazo dereito.
A única decoración da fachada, de estilo neoclásico, é unha pequena imaxe da Virxe nunha fornela sobre a porta.
Á esquerda da fachada érguese a torre campanario, de sección cadrangular no primeiro corpo e octogonal no segundo, e rematada nunha pequena cúpula.
Nas escaleiras de acceso á igrexa atópase un cruceiro construído a finais do XIX por Xosé Ferreiro. Este cruceiro estaba situado no centro da praza pero foi trasladado cando se acometeu a remodelación da praza e a construción do edificio do concello.
A Casa do Concello foi proxectada polo arquitecto pontevedrés César Portela.
Na parroquia de Santa María de Aciveiro sitúase o Mosteiro de Santa María de Aciveiro que ocupou un papel fundamental na rexión desde a súa constitución no século XII ata o ano 1893. Na actualidade é un Hostal Monumento co nome de Hospedería de San Gonzalo das Penas.
Turismo
Forcarei conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo: o PR-G 100 "Sendeiro Natural Aciveiro - Candán", e o PR-G 113 "Ruta das Pontes do Lérez".
A primeira é unha ruta sendeirista circular de 15 km con principio e fin no coñecido Mosteiro de Aciveiro. A segunda é lineal duns 14 km con principio/fin no Mosteiro de Aciveiro e remate/inicio en Gaxín
PARDESOA
Santiago de Pardesoa é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 267 habitantes (148 mulleres e 119 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 318 habitantes.
O SIXTO
A localidade de O Sixto, no témino municipal de Forcarei, provincia de Pontevedra, conta cunha poboación de 36 habitantes segundo o censo de 2009, 18 homes e 18 mulleres (fonte I.N.E.).
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA