domingo, 16 de mayo de 2021

RUINAS DA IGREXA DE SANTIAGO - AS CARBALLEIRAS - TRONCEDA - CASTRO CALDELAS

 RUINAS DA IGREXA DE SANTIAGO

AS CARBALLEIRAS

TRONCEDA

CASTRO CALDELAS

 As Carballeiras
     As Carballeiras é un lugar da parroquia de Tronceda no concello ourensán de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas.

     Tiña 13 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 7 eran homes e 6 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 15 habitantes (9 homes e 6 mulleres).


Tronceda
     Santiago de Tronceda é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 53 habitantes, deles 34 eran homes e 19 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares de Tronceda
     As Carballeiras, Susaus, Tronceda, Vilarellos


Castro Caldelas
     Castro Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca da Terra de Caldelas. 

     Segundo o padrón municipal en 2019 tiña 1.224 habitantes. O seu xentilicio é «caldelao».

     Ten 16 parroquias e 86 entidades de poboación, e forma parte da Ribeira Sacra. 

     Está situado no derramo setentrional do gran nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa no macizo Central Ourensán.

Xeografía
     Está situado no derramo setentrional do nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa, dentro da área denominada Ribeira Sacra. O río Sil constitúe a fronteira natural coa provincia de Lugo mentres o río Edo, afluente do Sil, baña a metade occidental do municipio. O punto máis elevado é o de Pena da Cruz (1289 m).

     O terreo caracterízase pola alternancia de bosques de carballos e castiñeiros, sobre todo ó norte. As terras adicadas ó cultivo son escasas, abundando os prados. O chan produtivo representa só unha cuarta parte, grazas ó predominio de pendente e solo rochoso.


 Parroquias de Castro Caldelas     

     Alais (San Pedro), O Burgo (San Pedro), Camba (San Xoán), Castro Caldelas (San Sebastián), Folgoso (Santiago), Mazaira (Santa María), Paradela (San Vicenzo), Pedrouzos (San Mamede), Poboeiros (San Xoán), San Paio de Abeleda (San Paio), Santa Tegra de Abeleda (Santa Tegra), Sas de Penelas (San Fiz), Trabazos (Santa Olaia), Tronceda (Santiago), Vilamaior de Caldelas (Santa María), Vimieiro (San Xoán)


Comarca da Terra de Caldelas
     A comarca da Terra de Caldelas é unha comarca galega situada no norte da provincia de Ourense.

    Pertencen a ela os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira. 

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


sábado, 15 de mayo de 2021

IGREXA DE SAN MARTIÑO DE LOIRO - LOIRO - BARBADÁS

 IGREXA DE SAN MARTIÑO

LOIRO

BARBADÁS

IGREXA DE SAN MARTIÑO DE LOIRO
     Construida no século XII (1110) e modificada posteriormente.


     Pequena igrexa do románico rural, dunha soa nave.
Conserva o arco triunfal cunha ventá sobre a ábsida románica da primeira etapa. Dispón de dúas portas laterais ao exterior e na fachada principal ten unha porta con arquivoltas e tres baquetóns rodeando o tímpano, formado este con unha ventá e dúas figuras humanas rodeando unha cruz.

     Sobre ela corre unha cornixa perlada sostida por arcos adornados con figuras humanas,mitolóxicas, animais, vexetais e xeométricas.

      Na cuberta da nave hai unha cruz e no testeiro da ábsida un Agnus Dei. A súa portada occidental presenta claras influencias da catedral de Ourense.

Loiro
     San Martiño de Loiro é unha parroquia do concello ourensán de Barbadás situada na estrada que une Ourense con Portugal pasando por Celanova e Bande.

     Segundo o IGE en 2011 tiña 142 habitantes (67 homes e 75 mulleres).

     A súa igrexa parroquial é de estilo románico, da segunda metade do século XII. A súa portada occidental presenta claras influencias da catedral de Ourense.

Lugares de Loiro
     Loiro


Barbadás
     Barbadás é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense.

     Segundo o IGE en 2016 tiña 10 638 habitantes (10463 en 2015, 8426 no 2006, 7939 no 2005, 7597 no 2004, 7193 no 2003).O seu xentilicio é barbadés ou barbalatense.

Xeografía
     O concello, de 30,33 km², abrangue 6 parroquias. Limita ao norte con Ourense. O seu principal núcleo é A Valenzá, vila dormitorio de Ourense.

     Cara ao norte está o río Miño, ao que se dirixe o río Barbaña, principal curso fluvial do concello. As zonas máis montañosas están cara ao suroeste, acadando os 600 m no Alto do Castro.


Patrimonio
     A igrexa de Santa María de Sobrado do Bispo é un templo de orixe románica. No exterior ten grandes contrafortes e ménsulas no tellado. Na portada lateral ten un arco apuntado de transición ao gótico, coroado por unha arquivolta de bólas. No interior hai un retablo barroco. Nesta mesma parroquia está a capela de San Xoán, de estilo neogótico.

     A igrexa de San Martiño de Loiro foi construída en 1110 e modificada posteriormente. Da primeira etapa conserva o arco triunfal cunha ventá sobre a ábsida románica. Ten dúas portas laterais, e na fachada principal unha porta con arquivoltas e tres mediacanas rodeando o tímpano, que ten unha ventá e dúas figuras humanas rodeando unha cruz. Sobre ela hai unha cornixa perlada sostida por arcos adornados con figuras humanas, mitolóxicas, animais, vexetais e xeométricas. Na cuberta da nave hai unha cruz, e no testeiro da ábsida un Agnus Dei.

     A ermida de San Bieito, na Cova do Lobo, é un pequeno templo, onde se celebra unha romaría.

     A igrexa de San Bernabeu da Valenzá construíuse en 1576, trala epidemia que asolagou a zona entre 1569 e 1571. Ten unha capela pegada, mandada construír en 1584 polo capitán Tomé Rodríguez Punxín, retornado das Indias.

     A igrexa de San Lourenzo de Piñor é do século XVI. A fachada está flanqueada nas esquinas por dúas pilastras que soportan un frontón partido por un fornelo coa imaxe de San Lourenzo. A porta de acceso está coroada por un deseño renacentista, e o acceso ao templo faise mediante unha grande escalinata barroca. O campanario está coroado cunha balaustrada.

     O pazo de Bentraces foi construído no século XV como residencia episcopal do mosteiro de Celanova. A familia portuguesa Soarez Tanxil transformouno en casa señorial. Da primeira época consérvase a área que une as tres edificacións actuais.

     O pazo de Piñor é do século XVI, ampliado posteriormente cunha solaina con ampla balaustrada barroca. Ten dúas edificacións anexas de dúas alturas, a máis moderna de planta rectangular. Dispón dunha capela próxima o edificio. A leira está rodeada por un muro de pedra.

     A capela de San Amaro, en Barbadás, ten un peto de ánimas.

Parroquias de Barbadás     
     Barbadás (San Xoán), Bentraces (San Xoán), Loiro (San Martiño), Piñor (San Lourenzo), Sobrado do Bispo (Santa María), A Valenzá (San Bernabeu) 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Turismo de Barbadás

XOAN ARCO DA VELLA


CANASTROS DE NIGUEIROÁ - PARDERRUBIAS - A MERCA

 CANASTROS DE NIGUEIROÁ

NIGUEIROÁ

PARDERRUBIAS

A MERCA

 Nigueiroá
     Nigueiroá é un lugar da parroquia de Parderrubias no concello ourensán da Merca na Comarca da Terra de Celanova. 

     Tiña 33 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 17 eran homes e 16 mulleres.


Lugares de Parderrubias

     Barrio, A Carballeira, Nigueiroá, Outeiro, Parderrubias

Parderrubias

     Santa Olaia de Parderrubias é unha parroquia do concello ourensán da Merca na comarca da Terra de Celanova. 

     No ano 2007 tiña 234 habitantes, deles 107 eran homes e 127 eran mulleres, o que supón unha diminución de 23 habitantes en relación ao ano 2000.


A Merca
     A Merca é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE a súa poboación en 2018 era de 1.911 persoas (2.373 en 2003).

Xeografía
     O concello atópase na súa maior parte entre os 400 e 500 m de altitude. Está dividido á metade por unha pequena serra, prolongación do outeiro de Boa Madre e dos montes de Augas Santas e Cousa, que separan as cuncas dos ríos Miño e Arnoia. Os maiores cumio son o monte de Castrelos (645 m), Outeiro de Fontefría (561 m) e Alto de Rodela (510 m). Floracións deste cordón son tamén as altitudes do noroeste, como A Vaqueiriza (522 m), Labradas (602 m), Castro de Pereira (530 m), O Pozo (540 m) e As Picoñas (550 m). A Cota máxima sitúase na fronteira co concello de Allariz, nos montes do Barracel (856 m). Xeoloxicamente a zona setentrional ten unha orixe precámbrica e paleozoica.

Historia
     Ao longo do río Arnoia apareceron os máis antigos vestixios, como os castros da Peneda da Lebre (en alusión a unha ermida antiga, da que non existen restos, adicada a San Amaro, de onde procede unha imaxe conservada na Capela do Espírito Santo); o de Outeiro de San Marcos (situado na Mezquita, próximo á Compostela), o de Castro de Rodela (é o de maiores dimensións, e está situado en Faramontaos, entre o Concello da Merca e o de Celanova) e o do Monte do Castro de Olás.


Patrimonio

     A igrexa de San Pedro da Mezquita foi declarada Monumento Nacional en 1931. Nas súas proximidades consérvanse sepulcros antropomorfos e un cruceiro de fuste estriado, decorado con figuras na parte central e descansando sobre o seu capitel un Cristo de gran tamaño.

     A torre de San Pedro da Mezquita foi no pasado sede do señorío da Casa de Brangança, pero tras sufrir diversos derrubes e modificacións, na actualidade consérvase só a parte inferior.

     No concello hai varias casas solariegas, destacando a Casa da Rapela en Salpurido e, o pazo de Santa María de Olás de Vilariño, cunha solaina voada. Ademais, e como testemuña da súa antiga riqueza agrícola, o municipio dispón dun singular conxunto de canastros.

     No Entroido da Mezquita os "galos" bailan polas rúas xuntándose cos "mecos" de Froxás das Viñas. Estes últimos, presentan unha singular persecución co público asistente aos actos, mostrando unha vestimenta de gran riqueza cromática.

Parroquias da Merca    
     Corvillón (Santa María), Entrambosríos (Santa Mariña), Faramontaos (San Xes), A Manchica (Nosa Señora de Lourdes), A Merca (Santa María), A Mezquita (San Pedro), Olás de Vilariño (Santa María), Parderrubias (Santa Olaia), Pereira de Montes (Santa María), Proente (Santo André), San Vitoiro da Mezquita (San Vitoiro), Zarracós (Santo André) 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA