sábado, 14 de febrero de 2015

MUIÑO DA ERMITA - O EIXO

 MUIÑO DA ERMITA
REGO DA COVA
PIÑEIRO
O EIXO
SANTIAGO


O EIXO
     San Cristovo do Eixo é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2012 tiña 1.043 habitantes (530 mulleres e 513 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 1.060 habitantes.




Xeografía
     O Eixo atópase rodeada polas parroquias de San Martiño de Aríns, Santa María de Marrozos, Cacheiras e Os Tilos. 

 

     Por ela discorre o río Aríns, que ó chegar alí cambia o seu nome polo de río Santa Lucía. 



     É así debido a que o seu leito flúe a carón da capela de Santa Lucía, un referente parroquial que se une cos cruceiros estendidos ó longo da vila á variedade cultural existente.



     É unha das parroquias compostelás que máis sofre o desenvolvemento das infraestruturas xa que se ve rodeada polas autoestradas AP-9, AP-53 e a liña do tren de alta velocidade (AVE). 



     Deste último cabe sinalar a ponte sobre o val que chega a acadar os 95 metros de altura na súa parte máis alta, referente a nivel estatal ó converterse na segunda ponte máis elevada do país.




CRUCEIRO DE SANTA LUCÍA
     O libro de contas do Santuario recolle a data da súa execución: 1798. Realizado en granito, a cruz é de sección circular e presenta a Cristo crucificado no anverso e á Virxe orando no reverso. 



     Capitel decorado con volutas e motivos vexetais sobre fuste liso de sección octogonal. O pedestal e a plataforma son cuadrangulares, e esta última ten tres chanzos.




Lugares do Eixo
     Bornais, O Eixo de Abaixo, O Eixo de Arriba, O Gaioso, O Igrexario, Os Laranxos, Pereiras, Piñeiro, A Uceira, O Valado


MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901