martes, 26 de septiembre de 2023

EXPOSICIÓN "GAXATE NA SENDA DO TEMPO" - GAXATE - A LAMA

 EXPOSICIÓN 

"GAXATE NA SENDA DO TEMPO"

GAXATE 2023
A LAMA

       Ata o día 31 de Otubro na Casa do Pobo de Gaxate - A Lama podese ver a exposición de  fotografías antigas de acontecementos, xentes e momentos de Gaxate.

Os horario de visita son:

     SABADOS de 16 a 20

     DOMINGOS de 11  A 14 

     Unha interesante mostra de fotografías antigas, algunhas feitas a principios do século XX.

      A exposición e un verdadeiro luxo, e de seguro sorprende.

      A exposición foi posible grazas o traballo da AA.VV de GAXATE que o longo de estes ultimos tempos ven facendo un gran traballo de difusión do patrimonio material e inmaterial da parroquia.

     En resumo esta expo e unha ollada ao pasado de Covelo, eu persoalmente disfrutei moitisimo.

        Quero agradecer a xentes de Gaxate por o ben recibido que son e sempre dispostos a axudar.

     Parabéns para todas e todos

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

domingo, 24 de septiembre de 2023

CAPELA DE SAN SILVESTRE - PAREDES - SERANTES - LEIRO

 CAPELA DE SAN SILVESTRE

PAREDES

SERANTES

LEIRO

Paredes
     Paredes é un lugar da parroquia de Serantes no concello ourensán de Leiro na comarca do Ribeiro.

      Tiña 98 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 47 eran homes e 51 mulleres.

Lugares de Serantes
      Paredes, Sa, San Tomé de Serantes, Suigrexa

Serantes
      San Tomé de Serantes é unha parroquia do concello de Leiro, na provincia de Ourense.

      Segundo o IGE en 2013 tiña 155 habitantes (79 mulleres e 76 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 230 habitantes.

Comarca do Ribeiro
      A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

        Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). 

      Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.

       Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 23 de septiembre de 2023

AS LACEIRAS - SALCEDO - A POBRA DO BROLLÓN

 AS LACEIRAS

SALCEDO

A POBRA DO BROLLÓN

 As Laceiras

        Está situada na poboación de Salcedo, dentro do Concello de A Pobra de Brollón, vive desde fai moitos anos Fernando Pena Novo con súa familia.

     Con gran esforzo persoal, e pouco apoio institucional, foron arranxando, restaurando e creando un espazo para vivir acorde ás súas propias conviccións e filosofía.

        Dedícanse ao traballo artesanal do coiro e tamén cultivan unha horta ecolóxica, froiteiras, obteñen mel, e crían varias especies animais como paxaros, galiñas…

Salcedo
       Salcedo é unha aldea pertencente á parroquia de Salcedo, no concello da Pobra do Brollón, na provincia de Lugo. É a segunda aldea máis poboada do concello tras A Pobra do Brollón.

       Contaba en 2007 segundo o IGE, con 173 habitantes (89 homes e 84 mulleres), 6 habitantes menos que no ano anterior.

      Está situada a 576 m de altitude e ten un campo de fútbol e un establecemento, así como varias casas de turismo rural.

A Pobra do Brollón
       A Pobra do Brollón é un concello da provincia de Lugo en Galicia.

       Situado no sur da provincia, pertence á comarca da Terra de Lemos e forma parte da Ribeira Sacra. 

        Ten unha poboación de 1.709 habitantes segundo o censo de 2017.

       Limita cos concellos do Incio ao norte; Quiroga e Ribas de Sil ao sur; Samos, Quiroga e Folgoso do Courel ao leste; e Monforte de Lemos e Bóveda ao oeste.

Xeografía
      O concello da Pobra do Brollón ten unha superficie de 174,8 km², situados entre o Val de Lemos, na metade oeste, e a serra do Courel, ao leste. Está caracterizado pola súa topografía montañosa na metade leste.

      Cabe destacar os seguintes montes: Alto da Veneira (1.164 m), Mioteira (871 m), O Home Grande (824 m), Cerro de Pereira (648 m), O Covallo (564 m) e Moncai (531 m). A menor altitude sitúase na Ribeira de Val de Frades, xunto ao río Sil.

 Comarca da Terra de Lemos
       A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca.

       A maioría da superficie (toda agás o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

     Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

      A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

miércoles, 20 de septiembre de 2023

PETO CRUCEIRO DE SAN TEOTONIO - RÚA DO MENDO - GANFEI - VALENÇA DO MINHO

 PETO CRUCEIRO DE SAN TEOTONIO

RÚA DO MENDO

GANFEI

VALENÇA DO MINHO

    Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira).

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA



 

 

IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOVO DE FORNAS - CHANTADA

IGREXA DE SAN CRISTOVO

FORMAS

CHANTADA

 IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOVO DE FORNAS
      Edificio da segunda metade do século XII, con numerosas reformas posteriores. A nave e a ábsida son de planta rectangular, e a cuberta de tella a dúas augas.

     Ten no interior arco triunfal de medio punto, de tendencia á ferradura, de sección rectangular, axadrezado, imposta sinxela e columnas apegadas con capiteis con decoración zoomorfa. 

      No testeiro hai unha ventá con arquivolta de toro, moldura de billetes e capiteis historiados.

      O tellado da ábsida conserva canzorros lisos. A portada principal está alterada, pero conserva arco de medio punto con arquivoltas, capiteis rudos e un tímpano liso con inscrición ilexible. 

      O frontispicio culmínase cunha espadana de dous vans.

Acceso
      Partir de Chantada en dirección Antas de Ulla, pola estrada LU-P-1809. A 2 km coller o desvío á dereita. A igrexa atópase a 40 m do cruzamento.

Fornas
     San Cristovo de Fornas é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo.

      Tiña 94 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 47 homes e 47 mulleres.

     O que supón unha diminución de 12 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 106 habitantes (48 homes e 58 mulleres).

Topónimo
     O máis probable é que as tumbas antropomorfas desen o nome a toda a parroquia. Etimoloxicamente, o topónimo Fornas pode derivar da palabra latina "furnus" (concavidade ou forno).

Patrimonio
    Igrexa de San Cristovo de Fornas, da segunda metade do século XII, con numerosas reformas posteriores.
    Cruceiro de Fornas ou Ansoar.
    Tumbas antropomorfas escavadas en pedra.

 Lugares de Fornas
     Ansoar, Fornas de Abaixo, Fornas de Arriba, Sobreira de Abaixo, Sobreira de Arriba

Comarca de Chantada
     A comarca de Chantada, coñecida historicamente como Terra de Asma, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Chantada.

     Pertencen a ela os concellos de Carballedo, Chantada e Taboada. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA