miércoles, 7 de enero de 2026

PETO DA CARBALLEIRA - A CARBALLEIRA - O MATO - CHANTADA

PETO DA CARBALLEIRA

A CARBALLEIRA

O MATO

CHANTADA

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...   

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

martes, 6 de enero de 2026

CRUCEIRO DO CRISTO DO VENTO - PIGARZOS - XESTA - A LAMA

 CRUCEIRO DOS CRISTO DO VENTO

PIGARZOS

XESTA

A LAMA

Pigarzos
       Pigarzos é un lugar da parroquia de Xesta, no concello pontevedrés da Lama, na comarca de Pontevedra. 

        Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 91 habitantes (41 homes e 50 mulleres.

Xesta
       San Bartolomeu de Xesta é unha parroquia que se localiza no concello da Lama. 

       Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 349 habitantes (188 mulleres e 161 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 300 habitantes. 

Lugares de Xesta
       O Aredo, As Barreiras, Campelo, A Grifa, Liñares, O Outeiro, Pigarzos, Portomartiño, Xesta 

Comarca de Pontevedra
       A comarca de Pontevedra é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Pontevedra. 

       Pertencen a esta comarca os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa. No 2020 tiña 125.280 habitantes.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO-PETO DE SAN LOURENZO - SAN LOURENZO - ESCUADRA - A LAMA

 CRUCEIRO-PETO DE SAN LOURENZO

SAN LOURENZO

ESCUADRA

A LAMA

 San Lourenzo
        San Lourenzo é un lugar da parroquia de Escuadra, no concello pontevedrés da Lama, na comarca de Pontevedra. 

       Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 30 habitantes (17 homes e 13 mulleres).

Toponimia
        O topónimo San Lourenzo é un haxiotopónimo referido ao mártir Lourenzo, e débese á presenza no lugar da igrexa de San Lourenzo de Escuadra.

Escuadra
       San Lourenzo de Escuadra é unha parroquia que se localiza no concello da Lama. 

       Segundo o IGE en 2009 tiña 178 habitantes (100 mulleres e 78 homes), un menos ca en 1999. 

       Ten once entidades de poboación. 

Lugares de Escuadra
      Albáns, Barbeira, Os Cabanelas, Carrizáns, As Chozas, O Peso, Portela das Eiras, Rozadas, San Lourenzo, Sualomba, O Verdugo 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

RESTOS DAS ÁNIMAS DA CARAMBOLA - CAMIÑO DA CARAMBOLA - ASNELLE DE ABAIXO - REBOREDA - REDONDELA

 RESTOS DAS ÁNIMAS DA CARAMBOLA

CAMIÑO DA CARAMBOLA

ASNELLE DE ABAIXO

REDONDELA

          A día de hoxe pouco se pode ver deste cruceiro de ánimas: unha base cuadrangular coas arestas rebaixadas e o arranque do varal, e xunto a el unha pedra fincada no chan que era o retablo de ánimas, de trazos sinxelos no que se podía ver a San Francisco axudando a un grupo de ánimas a saír do Purgatorio.

      Este cruceiro de ánimas foi esnaquizado por un vehículo na primeira metade do século XX. 

      Cando se fixo o cemiterio, foi remprazado por outro cruceiro tamén destruído nos anos 70. 

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto: Oscar Franco 

XOAN ARCO DA VELLA