martes, 2 de septiembre de 2025

ERMIDA DE SAN XOÁN - VILAMAIOR DA BOULLOSA - BALTAR

 ERMIDA DE SAN XOÁN

VILAMAIOR DA BOULLOSA

BALTAR

Ermida de San Xoán
       Pequena ermida a carón do camiño principal dunha soa nave moi baixo e non moi longa e cunha fachada dunha porta alintelada franqueda por dúas pequenas xanelas cadradas debaixo dunha espadana sinxela dun só oco coa cruz de pedra no vértice, e franqueada a espadana por dous pináculos con bola.

Vilamaior da Boullosa
       Santa María de Vilamaior da Boullosa é unha parroquia do concello de Baltar na comarca da Limia, na provincia de Ourense. 

         Segundo o IGE en 2011 tiña 290 habitantes, deles 146 eran homes e 144 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 324 habitantes.

Patrimonio
       A igrexa de Santa María de Vilamaior da Boullosa é un templo barroco.

Lugares de Vilamaior da Boullosa
       Montecelo, Santo Antoíño, Vilamaior da Boullosa

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 1 de septiembre de 2025

CAPELA DE SAN ANTONINO - VILAMAIOR DA BOULLOSA - BALTAR

 CAPELA DE SAN ANTONINO

VILAMAIOR DA BOULLOSA

BALTAR

 Capela de San Antonino
      Pequena capela incrustada no medio das vivendas da aldea, cunha pequena nave curta e baixa que se completa cun enorme cabido suxeito por dúas columnas pétreas compostas, cubrindo unha porta arquitrabada pequena e todo coroado por unha pequena espadana cunha cruz de pedra estilizada. 

Santo Antonino
       Santo Antonino é un lugar da parroquia de Vilamaior da Boullosa no concello ourensán de Baltar na comarca da Limia. 

      Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 32 habitantes (16 homes e 16 mulleres), un máis ca en 2010 (17 homes e 14 mulleres). 

Vilamaior da Boullosa
      Santa María de Vilamaior da Boullosa é unha parroquia do concello de Baltar na comarca da Limia, na provincia de Ourense. 

      Segundo o IGE en 2011 tiña 290 habitantes, deles 146 eran homes e 144 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 324 habitantes.

Patrimonio
      A igrexa de Santa María de Vilamaior da Boullosa é un templo barroco.

Lugares de Vilamaior da Boullosa
       Montecelo, Santo Antonino, Vilamaior da Boullosa. 

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA 



CRUCEIRO DO CEMITERIO - MOROUZÓN - CAMEIXA - BOBORÁS

 CRUCEIRO DO CEMITERIO

MOROUZÓN

CAMEIXA

BOBORÁS

 Morouzón
     Morouzón é un lugar da parroquia de Cameixa no concello ourensán de Boborás, na comarca do Carballiño.

Cameixa
     San Martiño de Cameixa é unha parroquia que se localiza no concello de Boborás. 

     Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 316 habitantes (159 homes e 157 mulleres), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 349 habitantes.

Xentilicio
     O seu xentilicio é cameixeiro.

Patrimonio
     A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.

Lugares de Cameixa    
        Cameixa, Córneas, O Currelo, O Domo, Figueiroa, Gontelle, A Granxa, Leboreira, Morouzón, O Outeiro, Parada, A Petada, Salceda, San Bartolomeu, San Cristovo, Vilanova  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA