viernes, 5 de septiembre de 2025

IGREXA DE SAN XOÁN DE CUTIÁN - CUTIÁN - ANTAS DE ULLA

 IGREXA DE SAN XOÁN

CUTIÁN

ANTAS DE ULLA

 Cutián
      San Xoán de Cutián é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla.  

     Segundo o IGE en 2014 tiña 26 habitantes (doce homes e catorce mulleres), cinco menos ca en 2004 (dezaoito mulleres e trece homes) e dezaoito menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación.

Lugares de Cutián
      O Cruceiro, Cutián, Fonfría, Martín, Penela 

Antas de Ulla
     Antas de Ulla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. 

     Segundo o IGE, en 2014 tiña 2 152 habitantes. 

     O xentilicio é seoanés, ullán ou ullao.

Xeografía
       O concello limita ao norte con Palas de Rei, ao sur con Taboada, ao oeste con Agolada e Rodeiro e ao leste con Monterroso. 

     A capital municipal, do mesmo nome, dista 45 km da capital provincial, Lugo.

       Do seu relevo, tendente á horizontalidade, destaca o monte Farelo, con 951 m de altura, e da súa hidrografía o río Ulla, que nace na parroquia de Olveda e conta con afluentes coma o Estanco, o Fadal, o Peizal, o Medeiros, o Peibás ou o Pequeno. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901