lunes, 1 de septiembre de 2025

CAPELA DE SAN ANTONINO - VILAMAIOR DA BOULLOSA - BALTAR

 CAPELA DE SAN ANTONINO

VILAMAIOR DA BOULLOSA

BALTAR

 Capela de San Antonino
      Pequena capela incrustada no medio das vivendas da aldea, cunha pequena nave curta e baixa que se completa cun enorme cabido suxeito por dúas columnas pétreas compostas, cubrindo unha porta arquitrabada pequena e todo coroado por unha pequena espadana cunha cruz de pedra estilizada. 

Santo Antonino
       Santo Antonino é un lugar da parroquia de Vilamaior da Boullosa no concello ourensán de Baltar na comarca da Limia. 

      Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 32 habitantes (16 homes e 16 mulleres), un máis ca en 2010 (17 homes e 14 mulleres). 

Vilamaior da Boullosa
      Santa María de Vilamaior da Boullosa é unha parroquia do concello de Baltar na comarca da Limia, na provincia de Ourense. 

      Segundo o IGE en 2011 tiña 290 habitantes, deles 146 eran homes e 144 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 324 habitantes.

Patrimonio
      A igrexa de Santa María de Vilamaior da Boullosa é un templo barroco.

Lugares de Vilamaior da Boullosa
       Montecelo, Santo Antonino, Vilamaior da Boullosa. 

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901