IGREXA DE SAN XOÁN
O PIÑEIRO
COVELO
O PIÑEIRO
COVELO
O Piñeiro
San Xoán do Piñeiro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 136 habitantes (74 mulleres e 62 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 166 habitantes.
Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 96 habitantes, sendo 44 homes e 52 mulleres.
Información
A parroquia áchase a 9 quilómetros da capital do concello, situada na faldra da Serra do Suído (Espazo natural protexido). Na Guía do Piñeiro, a uns 500 metros de altitude, existe unha capela sobre un castro sen levantar onde un afeccionado atopou unha brosa da Idade de Bronce. Tamén podemos atoparnos con cruceiros e unha vía empedrada.
Lugares do Piñeiro
A Bazoca, O Cabo, Os Carballos, O Coto Pequeno, O Cruceiriño, O Cruceiro, A Curuxeira, O Eido do Crego, O Laxendo, O Medio do Eido, O Piñeiro da Igrexa, O Piñeiro de Areas, O Portal, O Regueiro, O Rigueiro, O Souto, A Torre, O Zacalledo
Covelo
Covelo é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca da Paradanta. Segundo o IGE no 2014 tiña 2719 habitantes. O seu xentilicio é «covelense».
Limita cos concellos de Avión e Melón (na provincia de Ourense), A Cañiza, Mondariz e Fornelos de Montes.
Patrimonio
Conta cun foxo de lobo restaurado en 2013 na parroquia de Campo, con dous funís de entrada e unha profundidade de dous metros.
Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.
Parroquias de Covelo
Barcia de Mera (San Martiño), Campo (Santa María), Casteláns (Santo Estevo), Covelo (Santa Mariña), Fofe (San Miguel), Godóns (Santa María), A Graña (San Bernabeu), A Lamosa (San Bartolomeu), Maceira (San Salvador), Paraños (Santa María), O Piñeiro (San Xoán), Prado (San Salvador), Prado de Canda (Santiago), Santiago de Covelo (Santiago)
Comarca da Paradanta
A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.
Ocupa unha extensión de 333,3 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 13.226 habitantes no ano 2014.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube