miércoles, 28 de enero de 2015

XENERAIS DA ULLA - ENTROIDO

 XENERAIS DA ULLA
ENTROIDO TERRA DA ULLA
A ESTRADA


      A primeira documentación que se ten sobre o entroido dos Xenerais da Ulla corresponde ós anos 70 do século XIX. Alfredo Vicenti, ilustre político santiagués, publica a partir de abril de 1875 no xornal El Heraldo Gallego unha serie de artigos titulados “En las orillas del Ulla”. Un deses artigos titúlase “La máscara” e nel narra a formación dunha comparsa de entroido na parroquia de Oca, concello da Estrada.



      Posteriormente foron moitos os autores que escribiron artigos ou pequenas notas para difundiren esta tradición carnavalesca, entre outros, Bouza Brey, Manuel García Barros, Neira Vilas, González Reboredo, Mariño Ferro, Arca Caldas, Federico Cocho, etc.



       
     Non se pode asegurar con certeza a orixe concreta dos Xenerais da Ulla, pero, polas características comúns destas mascaradas, esta hai que buscala nos diferentes enfrontamentos armados que se sucederon na comarca ó longo do século XIX: primeiro a loita contra a invasión francesa e, despois, a revolución do 1846, que rematou coa batalla de Cacheiras, coas tropas de cada un dos bandos percorrendo os espazos en que hoxe se mantén vivo este entroido.



     
     As diferentes guerras carlistas que se desenvolveron en España durante o século XIX axudarían, sen dúbida, a crear un abraio colectivo que desembocou na súa ridiculización.



      A celebración do entroido sitúase ó redor das datas marcadas pola Igrexa para esta conmemoración. Os días con máis actos son os correspondentes ó sábado e domingo de entroido, pero tamén hai actos o martes de entroido, o domingo de piñata, o domingo corredoiro e mesmo antes se é necesario pedir traxes ou bestas prestadas.


Historia
Singularidade.
     O entroido dos Xenerais é privativo da comarca natural da Ulla, en concreto dos concellos de Boqueixón (parroquias de Lestedo e Sergude), A Estrada (Cora, Couso, Paradela, Santa Cristina de Vea e Santeles), Santiago de Compostela (Aríns, Marrozos, O Eixo), Silleda (A Bandeira, Dornelas, Lamela), Teo (Bamonde, Cacheiras, Lucí, Oza, Rarís, Recesende, Reis, Vilariño, Teo), Touro (Bama, Fao, San Xoán de Touro), Vedra (Illobre, San Xián de Sales, Trobe, Vedra e Vilanova), Vila de Cruces (Merza, Piloño, Salgueiros). Tamén se celebra na parroquia padronesa de Carcacía.

 
     Antigamente había así mesmo xenerais da ulla noutras parroquias onde hoxe se perdeu a tradición, como San Mamede de Ribadulla e San Miguel de Sarandón en Vedra, Gres e Brandariz en Vila de Cruces e Ledesma en Boqueixón, entre outras. En ningún outro lugar de Galicia, nin que se saiba de España nin de Europa Occidental, hai nada semellante.

MAPA

Fuente: XENERAISDAULLA
XOAN ARCO DA VELLA

martes, 27 de enero de 2015

FERVENZA DE GRABA - SILLEDA

 FERVENZA DE SANTA MARIÑA
REGA DOS MOSQUEIROS
GRABA
SILLEDA


      Esta cascada situada en el lugar de Santa Mariña (Graba) es un salto de agua de singular belleza, se encuentra al pasar la pequeña aldea con un dificil acceso a pie, mucho menos conocido que las cataratas del Toxa pero más auténtico y natural.



     Un pequeño rincón de belleza natural recomendable para visitar andando por los bosques de ribera, parece que el tiempo se ha detenido en este hermoso paisaje rural. 




Graba
Lugares:   
     Arcos, Barreiro, Eirexe, Ervixe, O Fontao, O Outeiro, Pedrouzo, Penalta, Santa Mariña, O Souto, Vilar. 



Información turistica:    
     En esta parroquia con economía fundamentalmente basada en la ganadería se puede visitar, por su interés, la Capilla de Sta. Mariña, mártir gallega del S. II, lugar con romería tradicional y donde fue encontrada una ara en honor de los Lares Viales, protectores de los caminos, hoy en el Museo de Pontevedra; el conjunto megalítico del Monte Penido y el conjunto formado por la iglesia parroquial, centro social, y plaza con cruceiro muy interesante. 



     En Vilar, otra capilla está dedicada a San Sebastián, da testimonio de la vocación religiosa de la zona. También mencionar el Coto do Castelo, de la edad media, situado en el lugar de O Souto, cerca de un yacimiento conocido como Mina dos Mouros con restos de una explotación minera.



     Las fiestas son el 18 de julio en honor de Santa Mariña y el 15 y 16 de Agosto en honor de Santa María y el San Roque.



     De esta parroquia era nativo Xosé Dionisio Valladares (1787-1864),  gobernador de Ourense que jugó un papel decisivo en la lucha contra los franceses. Fue padre del ilustre escritor Marcial Valladares Núñez.




Sistema Fluvial Ulla-Deza
     Por longitud, el Ulla es el tercer río gallego después del Miño y el Sil.Hasta el estuario en la ría de Arousa se convierte en un variado corredor natural que recibe las aportaciones de una tupida red fluvial de afluentes como el Sar, cantado por Rosalía de Castro, y el Deza. 



     Precisamente en uno de los tributarios de este último,  se localiza la Catarata del río Toxa. 



     Un hermoso trayecto a pie enlaza el salto de este río, en el lugar de Pazos, con el Monasterio de Carboeiro. 



     La dureza de la piedra que aflora en este sitio provoca una de las caídas de auga más espectaculares de Galicia con una llovizna constante en el ambiente. 



     Entre todo el verde, el musgo no engaña. Si el agua es la vida, la catarata representa en el Toxa la alegría de vivir. 




     En cuanto a la flora en el Deza se desarrolla un bosque de ribera muy diverso y bien conservado. Dominan los alisos (alnus glutinosa), los sauces (salix atrocinerea) y los fresnos de río (frexinus angustifolia) a los que se incorporan, entre otras especies, quercus robar y quercus pyrenaica, acebos (llex aquifolium) y sanguiños (robledales galaico-portugueses (rhammus franguía).




     En cuanto a la fauna, decir que ambos son cursos fluviales con importante población piscícola en los que además de especies relacionadas con el estuario, como el salmón


MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

FERVENZA DOS FORNOS - ARMONDA

 FERVENZA DOS FORNOS
RÍO SEQUEIROS
ARMONDA
CAMPO LAMEIRO


     Campo Lameiro é unha excelente alternativa para todos aqueles que buscan algo mais que sol e praia no disfrute de seu tempo libre...


     

     Este concello pontevedrés alberga multitude de rincóns para perderse e viaxar ó pasado contemplando os grabados rupestres e os castros; asi como un amplio abanico de actividades e opcións para disfrutar duns días apacibles, cheos de bos momentos que os farán inolvidables.


     Varias zonas de recreo encóntranse repartidas ó longo deste vasto concello.



Castro de Penalba
     Este recinto situado no alto de monte Agüeiros reúne tradición, cultura, arte e ocio.



     Conserva el Castro de Penalba que data dos séculos VIII - VII a. C., un dos máis antigos de Galicia.



     O día 13 de xuño commemorase a festividade de S. Antonio, na capela celébrse a misa solemne e a tradicional puxa de ofrendas que levan os devotos.



     Así mismo, os visitantes poden contemplar as insculturas rupestres de “ A Pedra da Serpe” y a “ Rotea de Mendo”.



     Este recinto conta ademais, cun galpón, merendeiro, mesas, parrillas, fontes e un parque infantil.



Carballeira de Rozas
     Carballeira de CousoSituada na parroquia de Couso, esta magnifica carballeira centenaria posue mesas, zoa infantil e parrillas, o que a convirte nun estupendo lugar para disfrutar dnha relaxada xornada campestre .




Carballeira de Rozas
     Carballeira de CousoSituada na parroquia de Couso, esta magnifica carballeira centenaria posue mesas, zoa infantil e parrillas, o que a convirte nun estupendo lugar para disfrutar dnha relaxada xornada campestre .



Área recreativa de Lodeiro
Rio Lérez
     Situada na parroquia de San Miguel de Campo, é testemuña da unión do río Lérez co seu afluente o río Meneses.



     Esta ten un afamado coto de pesca e refuxio de pescadores.



     Unha pequena ruta de muiños, o merendero provisto de mesas e parrillas xunto coa praia fluvial, fan desta área un lugar ideal para o disfrute de nenos e maiores.



Praia fluvial de Redonde
     Ideal para facer un alto no camiño e obsequiarnos cun refrescante baño en augas do río Lérez.


MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 26 de enero de 2015

FERVENZA DE SEGÓN - QUINTILLÁN

FERVENZA DE SEGÓN
REGO DE SEGÓN
QUINTILLÁN
FORCAREI


 FORCAREI
     Forcarei é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en en 2012 tiña 3.916 habitantes. O seu xentilicio é forcaricense.




Xeografía
     Forcarei é un concello situado ao norte da provincia, linda cos concellos de Cerdedo, Silleda, A Estrada, Lalín, Beariz e A Lama.


Historia
     En 1833 creouse o concello de Forcarei, se ben entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.



Patrimonio
     Na capital municipal atópase a igrexa parroquial, dedicada a san Martiño. É obra de finais do século XVIII, do mestre canteiro Pedro Varela e o mestre asentador Pedro Gutiérrez. Orixinalmente era de planta de cruz latina pero en 1961 o arquitecto Javier García Santoro ampliou o brazo dereito.



     A única decoración da fachada, de estilo neoclásico, é unha pequena imaxe da Virxe nunha fornela sobre a porta.



     Á esquerda da fachada érguese a torre campanario, de sección cadrangular no primeiro corpo e octogonal no segundo, e rematada nunha pequena cúpula.



     Nas escaleiras de acceso á igrexa atópase un cruceiro construído a finais do XIX por Xosé Ferreiro. Este cruceiro estaba situado no centro da praza pero foi trasladado cando se acometeu a remodelación da praza e a construción do edificio do concello.
 


     A Casa do Concello foi proxectada polo arquitecto pontevedrés César Portela.



     Na parroquia de Santa María de Aciveiro sitúase o Mosteiro de Santa María de Aciveiro que ocupou un papel fundamental na rexión desde a súa constitución no século XII ata o ano 1893.Na actualidade é un Hostal Monumento co nome de Hospedería de San Gonzalo das Penas.



Turismo
     Forcarei conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo: o PR-G 100 "Sendeiro Natural Aciveiro - Candán", e o PR-G 113 "Ruta das Pontes do Lérez".



     A primeira é unha ruta sendeirista circular de 15 km con principio e fin no coñecido Mosteiro de Aciveiro. A segunda é lineal duns 14 km con principio/fin no Mosteiro de Aciveiro e remate/inicio en Gaxín.



QUINTILLÁN
     San Pedro de Quintillán é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes.



     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 256 habitantes (131 mulleres e 125 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 286 habitantes.




Historia
     A sociedade dos emigrantes da Terra de Montes na Arxentina, Residentes del Ayuntamiento de Forcarei en El Plata Pro Cultura y Protección, fundada o 22 de outubro de 1922 axudou a erguer un edificio escolar no lugar de Levoso.



     A primeira pedra colocouse o 4 de setembro de 1927, inaugurándose un ano despois.




Patrimonio
     A igrexa de San Pedro de Quintillán conserva varias imaxes do século XVI e unha pía bautismal do XIV. 




     Existen numerosos cruceiros, entre os que destaca o "Cruceiro das Procesións", barroco e moi historiado, no adro da igrexa parroquial.


     Lugares de Quintillán
     A Graña de Cabanelas, A Graña de Umia, Levoso, Quintillán, Rozados


MAPA


 XOAN ARCO DA VELLA