Mostrando entradas con la etiqueta XENTES E MEMORIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XENTES E MEMORIAS. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de enero de 2025

CIRCO DOS MUCHACHOS - BEMPOSTA - OURENSE

 CIRCO DOS MUCHACHOS

BEMPOSTA

OURENSE

Circo dos Muchachos
     O Circo dos Muchachos foi o primeiro proxecto de escola de circo en España. Fundado polo padre Jesús Silva Méndez na década de 1960, instalouse nunha leira chamada «Benposta» (tamén coñecida como «La Ciudad de los Muchachos»), no arrabalde sur da cidade de Ourense, na parroquia de Seixalbo.

     Mantívose en activo até a primeira década do 2000. Foi catalogada como unha experiencia de autoxestión xuvenil, dentro dun estrito marco legal durante a ditadura franquista.

      Este modelo tivo réplicas noutros proxectos xuvenís, especialmente en América Latina, e marcou varias xeracións de artistas. Entre eles destacan Benposta Colombia (Bogotá, Villavicencio e Montería), fundada por José Luís Campo Rodicio, e mais Benposta Venezuela (La Guaira, Sinamaica e Caracas).

Historia
       Antes de completar os seus estudos de teoloxía na Universidade de Salamanca, na década de 1950, Jesús Silva Méndez fundou en Ourense, xunto con outras mozas e mozos, unha asociación xuvenil. En principio, a sede estivo no baixo da casa da súa nai, e despois trasladouse a Benposta, unha leira de 200.000m² na parroquia de Seixalbo.

Benposta, «La Ciudad de los Muchachos»
      A leira recibiu o nome de «Benposta» para acoller a «Ciudad de los Muchachos», debido á organización e construcións en forma de pequena cidade. Moitas das edificacións da leira de Seixalbo foron realizadas polo arquitecto Alberto Muñiz, fundador da CEMU (Ciudad Escuela Muchachos).

     Benposta foi fundada con base nunha intensa ideoloxía católica. Moita xente considera que a «Ciudad de los Muchachos» estaba dedicada á caridade para as nenas e os nenos sen fogar. Porén, o padre Silva propugnaba que a motivación real era crear unha comunidade educativa onde as nenas e os nenos fosen parte dun «mundo novo» baseado nos principios católicos.

Escola de circo
      É considerada a segunda escola de circo do mundo, trala escola do circo de Moscova. Este circo foi pioneiro e describiría a folla de ruta que máis adiante seguiría o Circo do Sol nas súas actuacións de circo sen animais. Con todo, no 30º aniversario, o espectáculo dos Muchachos incluíu cabalos en liberdade montados por acróbatas.

     Unha das actividades do circo a inicios da década de 1960 era o proxecto de reciclaxe «TraPaBoCha». Consistía en reciclar trapos de tea, papel, botellas e ferralla co fin de financiar as actividades filantrópicas orientadas á mocidade.

Revolution Circus
      A primeira actuación foi na Praza de Catalunya (Barcelona) en 1966. Despois fixeron xiras por Portugal e o resto de España, e en 1970 actuaron en Francia. O Circo de los Muchachos foi o primeiro en actuar no Grand Palais parisiense. Tamén realizaron xiras por Bélxica e os Países Baixos. En 1973, actuaron no Madison Square Garden de Nova York. Publicaron un LP coas cancións deste espectáculo para continuar coas xiras polos EUA e Suramérica. A finais dos 70, foron incluídos como artistas prohibidos pola ditadura arxentina. Tamén actuaron en países de Asia e mais en Australia. Na década de 1980 inauguraron un espectáculo en Israel e levárono por toda Europa. O circo fixo actuacións especiais en Alemaña, onde a ideoloxía de Benposta era moi coñecida grazas a libros e documentais.

Declive
       O seu declive comezou na primeira década dos 2000. Tralo pasamento do padre Silva, produciuse practicamente o seu desmantelamento.

O poliedro de Benposta
      Na leira de Seixalbo instalouse un poliedro deseñado polo arquitecto Emilio Pérez Piñero. Pertencente á instalación Cinerama, foi empregado como instalación permanente da escola de circo, amais de para realizar funcións semanais.

O Museo Circo de los Muchachos
     En febreiro de 2019, a Asociación Cultural Padre Silva (creada trala morte deste en 2011) abriu as portas do Museo Circo de los Muchachos, situado na zona vella da cidade de Ourense, no número 6 da rúa Bailén. Este museo conta cunha exposición que recolle a evolución histórica da Benposta ourensá.

Algúns artistas coñecidos que tiveron o seu inicio en Benposta foron:
    O pallaso Pancracio, que actuou no circo a finais dos anos 60 e principios dos 70 do século XX.
    Julio Sabala, artista e imitador.
    Suso Clown, Premio Nacional de Circo en 2003.
    Mustafa «Danger», funámbulo do extinto circo Ringling Brothers

      Especial atención merece o colectivo de 12 ecuatoguineanos que se uniron ao programa educativo de Benposta trala descomposición dese estado africano durante o goberno de Macías. Xorden así profesionais do teatro, a música ou o cine como Marcelo Ndong, Hermenegildo Alogo Mebuy (Hermes, guitarrista de Los Suaves), Ponciano Bakale, Pedro Ekong Mengue, Patricio Mitogo Nsue ou os irmáns Fernando e Isabel Daperia.

 VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

miércoles, 18 de diciembre de 2024

MEMORIA DO ANO 2024 - BLOG XOAN ARCO DA VELLA

  MEMORIA DO ANO 2024
BLOG XOAN ARCO DA VELLA

      A piques de rematar o ano 2024 e como ven sendo normal facemos balance do blog

WWW.XOANARCODAVELLA.COM.

     Contento de seguir poñendo un traballo diario, este ano seran 366 entradas, e tamen feliz de disfrutar da vosa compañia, e de poder axudar a mostar Galicia

     Chegamos no 2024 a un total de 219.356 visitas este ano e alcanzamos un total de mais de 5.210.114

     Visitáronnos dende moitos paises o longo do tempo, unha chea de lugares que desexamos gozaran de Galicia.

    O numero de seguidores nas redes sociais superou os 36.023 amigos e amigas, moitisimas grazas a cada un por acompañarne....GRAZAS

     Quero agradecervos a axuda prestada e o voso tempo para poder chegar tan lonxe e espero contar convosco o proximo ano 2025. 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 16 de diciembre de 2024

BON NADAL E FELIZ ANO 2025

 BON NADAL

FELIZ 2025

         Grazas por acompañarnos este ano, vos sodes o motivo que me impulsan a traballar cada día máis e si pode ser mellor, e seguir facendo mais cada día.

   Pero queria ter un detalle neste día tan especial con vos as seguidoras/es nas redes sociais e no blog ao longo deste tempo, darvos unha aperta a cada un de vos.

     Son feliz de contar coa vosa axuda e compañia.

       Quero agradecer tamen o tempo que me prestan as xentes do programa SEMPRE EN GALICIA RADIO CORNELLÁ e a plataforma dixital HI GALICIA por permitirme estar no seu equipo.

GRACIAS, MOITAS GRACIAS.. 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 1 de abril de 2024

LUZ PRADO - "REENCÁIXAME" - MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS

DISEÑADORA LUZ PRADO

"REENCÁIXAME" 

MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS

       “ReEncáixame” contou coa presenza da diseñadora Luz Prado

     A edición número trinta e tres da Mostra do Encaixe de Camariñas trouxo consigo varias novidades.

        Unha das máis destacadas na pasarela “ReEncáixame”, na que e Luz Prado, que participou nesta edición re interpretando as súas coleccións coas que participaron no seu día no concurso de Noveis Deseñadores.

     Pola súa banda, Luz Prado participou na edición de 2018 do concurso de Noveis Deseñadores. Para este “ReEncáixame”, reeditou a súa colección “Ascalapta”, realizada en polipel, un material sostible “que axuda a reducir ou impacto ambiental e frea ou sacrificio de animais”

      A nova colección terá o nome de “Espertar” e será a fusión da colección presentada en Camariñas en 2018 e unha reedición anterior, “Ardora”. 

      “Sempre confecciono encaixe a man, xa que é un produto feito artesanalmente, con moito mimo e esmero”, recoñece Luz Prado.

      “ReEncáixame” busca incentivar aos deseñadores a re interpretar unha colección pasada volvendo usar tanto os tecidos como o encaixe de Camariñas, mostrando o proceso nunha nova cun enfoque de reutilización de materiais e redución de desperdicio.


     Participan persoas que pasasen polo concurso de Noveis Deseñadores. 

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Diario de Bergantiños

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 26 de diciembre de 2023

5.000.000 VISITAS NO BLOG - XOAN ARCO DA VELLA

 5.000.000 DE VISITAS

BLOG WWW. XOANARCODAVELLA

      5.000.000 de grazas por facer realidade este logro no noso blog WWW.XOANARCODAVELLA.COM. 

     A vosa compañía, apoio e entusiasmo fixerono posible. Seguimos adiante xuntos, construíndo esta comunidade única. 

     Grazas por ser parte deste camiño.

XOAN ARCO DA VELLA 

domingo, 24 de diciembre de 2023

MEMORIA DO ANO 2023 - BLOG DE XOAN ARCO DA VELLA

 MEMORIA DO ANO 2023
BLOG XOAN ARCO DA VELLA

      A piques de rematar o ano 2023 e como ven sendo normal facemos balance do blog

WWW.XOANARCODAVELLA.COM.

     Contento de seguir poñendo un traballo diario, este ano seran 365 entradas, e tamen feliz de disfrutar da vosa compañia, e de poder axudar a mostar Galicia

     Chegamos no 2022 a un total de 352.438 visitas este ano e alcanzamos un total de mais de 4.998.207

     Visitáronnos dende 158 paises o longo do tempo, unha chea de lugares que desexamos gozaran de Galicia.

    O numero de seguidores nas redes sociais superou os 34.452 amigos e amigas, moitisimas grazas a cada un por acompañarne....GRAZAS

     Quero agradecervos a axuda prestada e o voso tempo para poder chegar tan lonxe e espero contar convosco o proximo ano 2024.

XOAN ARCO DA VELLA

 

lunes, 18 de diciembre de 2023

BON NADAL E FELIZ ANO 2024

 BON NADAL

FELIZ ANO 2024

        Grazas por acompañarnos este ano, vos sodes o motivo que me impulsan a traballar cada día máis e si pode ser mellor, e seguir facendo mais cada día.

   Pero queria ter un detalle neste día tan especial con vos as seguidoras/es nas redes sociais e no blog ao longo deste tempo, davos unha aperta a cada un de vos. 

     Son feliz de contar coa vosa axuda e compañia.

GRACIAS, MOITAS GRACIAS..

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 18 de septiembre de 2023

LUZ PRADO SORPENDEU NA PASARELA DE MODA DE MOS

 LUZ PRADO SORPRENDEU EN MOS

PASARELA DE MOS

       A deseñadora que captou a maxia do mar de ardora e subiuna á pasarela convertida en 6.000 cristais Swarovski

Fuente: La Voz de Galicia

Autora: Rosa Estévez
     Luz Prado cose sentada baixo un raio de sol que ilumina a parede do estudo de corte e confección que dirixe no barrio de As Pistas, en Vilagarcía. O seu xesto é de concentración e o movemento das súas mans marca un ritmo particular mentres cose.

       A serenidade da estampa, con todo, é un trampantoxo: o cerebro da deseñadora traballa a pleno rendemento e no seu estómago aletean os nervios que sempre a acompañan cando está a piques de presentar unha nova colección.

     E nesas está, precisamente: o sábado 16 presenta no Pazo de Mos tres deseños, no marco dun certame organizado polas palilleiras desa localidade pontevedresa.

       Os tres modelos, que desfilarán no apartado de firmas convidadas, forman a colección Mar de Ardora, unha proposta tran brillante como as augas da costa galega.

      Non é estraño que Luz Prado mirase ao mar para crear os seus novos deseños. A final de contas, leste é desde hai anos un bo compañeiro de viaxe para esta muller, natural de Barro, que aproveita todas as ocasións que se lle presentan para dar longos paseos pola beira do océano. Soa ou acompañada polo seu fillo, acha neses encontros co océano e a area o mellor antídoto contra o estrés e os sentimentos máis tóxicos. «Gústame moito o monte, pero pasear á beira do mar é bo para min», di. Así que, cando a convidaron ao desfile de Mos, tivo claro que chegara a hora de facer realidade os bosquexos de inspiración mariña nos que levaba meses traballando: unha primeira proposta e un proceso continuo de pulido que culmina agora, cando chega a hora de que os modelos salten do papel á tea.

       «Non me queda moito tempo e vou a contrarreloxo», confesa mentres fai unha pausa no traballo. Sorprendida como tantas outras persoas pola maxia do mar de ardora, que fai refulxir as augas da costa durante a noite, decidiu consagrar a súa colección a ese espectacular fenómeno. E para iso necesita a friorenta dunhas seis mil pezas de cristais Swarovski, que cose con minucioso coidado sobre a tea dos conxuntos que sacará á pasarela.

      Os deseños brillarán grazas a esas diminutas pedras que compartirán protagonismo con pezas de encaixe de Camariñas, como establecen as normas do certame de Mos.

      O traballo, pódenllo imaxinar, é enorme. Cada pedra debe ser colocada primorosamente e cosida con esmero á tea. «É verdade que esixe moito tempo, pero a min reláxame», recoñece a deseñadora. Pero iso a ela non lle dá medo. Ao contrario, reláxaa. «As pezas de encaixe tamén van cosidas a man. Paréceme un pecado coser a máquina un traballo artesanal como ese», sinala.

     Sen présas que poidan provocar unha mala puntada, Luz traballa sen pausa para chegar a tempo para o certame. Farao. Pero un desfile non sería un desfile se durante as semanas previas a deseñadora non vivise envolta en dúbidas. ¿Serán os modelos adecuados? ¿Haberá pedras de máis? ¿Haberá pedras de menos?

      Esas preguntas e o estrés que producen desaparecerá, por sorpresa, o sábado en Mos. Ou nun deses paseos que Luz adoita dar pola praia, deixando que o mar leve todas as dúbidas, todos os medos.

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA