domingo, 27 de diciembre de 2020

MEMORIA DO BLOG - ANO 2020

MEMORIA DO BLOG

ANO - 2020

       A piques de rematar o ano e como ven sendo habitual facemos balance do blog  WWW.XOANARCODAVELLA.COM.
     Estamos felices de superar os obxectivo marcado que era meter un traballo cada dia, pero foron 421 e varios miles de fotos para ilustralos.

     Chegamos a un total de 491.000 visitas este ano e alcanzamos un total de mais de 3.884.624


     Visitáronnos dende 145 paises, unha chea de lugares que desexamos gozaran de Galicia.


      Os visitantes mais habituais foron de:

     Os traballos mais vistos foron:


    O numero de seguidores nas redes sociais superou os 18.000 amigos e amigas, moitisimas grazas a cada un por acompañarnos....GRAZAS


     Quero agradecervos a axuda prestada e o voso tempo para poder chegar tan lonxe e espero contar convosco o proximo ano
FELIZ ANO 2021


SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


 

 

martes, 22 de diciembre de 2020

FELICES FESTAS E FELIZ ANO 2021

 FELICES FESTAS E FELIZ 2021


     Quero desexarvos que pasedes unhas Felices festas e que este ano 2021 veña cheo de cousas boas para todos vós e as vosas familias. 

     Unha aperta moi grande para toda Familia e galegos e galegas, e do mundo enteiro.

     Gracias a todos e todas que me acompañades neste sitio, Grazas

VIDEO

XOAN ARCO DA VELLA


lunes, 21 de diciembre de 2020

OUTEIRO DA MISA - CASAVELLA - SEIXIDO - A LAMA

 OUTEIRO DA MISA

CASAVELLA

SEIXIDO

A LAMA

Outeiro da Misa
     O Outeiro da Misa e un conxunto de rochas na parte alta do lugar de Casavella. Foi refuxio da xente que estaba con gando no monte, tamen  contan que a laxe superior do conxunto abalava, e o son recordaba unha campá, hoxe en día  pudemos comprobar e polos danos que ten xa e imposible que abale.


Seixido
     San Bartolomeu de Seixido é unha das parroquias do concello da Lama. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 347 habitantes (182 mulleres e 165 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 374 habitantes.

Lugares de Seixido
     Cabalar, O Campo, Carreiro, Casavella, Cendón, A Fentosa, A Gaiola, Pumar, O Seixido


A Lama
     A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio é lamense.

Xeografía
     O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial.  

     Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.

     Na súa extensión tópanse os seguintes montes de máis de 1000 metros:
     O Coto da Puza - Xesta     1035 m
     A Portela dos Xarotos - Xesta     1025 m
     A Pedra da Letra - Xesta     1019 m
     O Coto dos Pusallos - Xesta     1007 m
     O Foxo do Lobo - Xesta     1001 m
     O Seixo - A Barcia do Seixo     1000 m

Outras elevacións importantes son Santa Mariña (993 metros) ou o Cando (968 metros).

Turismo
     A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".

     É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.

     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.


Parroquias da Lama    
     Antas (Santiago), A Barcia do Seixo (Santa Ana), Covelo (San Sebastián), Escuadra (San Lourenzo), Gaxate (San Pedro), A Lama (San Salvador), Seixido (San Bartolomeu), Verducido (San Martiño), Xende (San Paulo) | Xesta (San Bartolomeu)

Nota: 

     Meu agradecemento a Merce Alegria por invitarme a acompañala....Gracias  

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 

XOAN ARCO DA VELLA


viernes, 18 de diciembre de 2020

ALDEA ABANDONADA DE TRABAZOS - MOURENTÁN - ARBO

 ALDEA ABANDONADA DE TRABAZOS

MOURENTÁN

ARBO

Mourentán
     San Cristovo de Mourentán é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Arbo. 

     Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 571 habitantes (282 homes e 289 mulleres) distribuídos en 63 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 738 habitantes.


Lugares de Mourentán
     A Abelenda do Cuarto, Agroi, O Canaval, O Carballal, A Carballeira, A Casanova do Cuarto, A Cavada, As Cavadas, A Choia, A Corredoira, As Corvaceiras, O Coto de Barcia, O Coto de Covas, O Coto de Sande, Covas de Abaixo, Covas de Arriba, O Covelo, A Cruz, A Cuqueira, O Currillo, Os Doños, A Eira, O Eirado, A Ermida, Esmoriz, A Fenteira, Fontán, A Fraguiña, A Igrexa, A Ladeira, A Lomba, Louredo, O Mato, O Meixoeiro, As Negráns, A Nogueira, Novás, O Outeiro de Abelenda, Paravedra, O Pazo de Sande, A Pereira, O Pibidal, Pimende, O Pombeiro, A Portela, O Pozo, Rande, O Reguengo, Riás,  A Rocha, A Rotea, San Roque, As Searas, O Souto, O Toural, Trabazos, Valiño, A Valouta, A Ventana, O Vieiro, Vilariño, Xixáns, O Xumezo


Parroquias de Arbo
     Arbo (Santa María), Barcela (San Xoán), Cabeiras (San Sebastián), Cequeliños (San Miguel), Mourentán (San Cristovo), Sela (Santa María)


Montes da Paradanta
     Os montes da Paradanta son unha cadea montañosa que transcorre polos concellos pontevedreses da Cañiza, Arbo e As Neves, en dirección NL-SO. A maior altura chega á cota dos 954 metros no monte Paradanta, situado na Cañiza.


     Outros montes salientables da serra son o San Nomedio, nas Neves, e o San Fins, en Cabeiras, Arbo.

     O último domingo de agosto acolle o curro da Paradanta. Tamén é salientábel a Romaría da Franqueira.

Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. 

     A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. 

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. 

     Ocupa unha extensión de 333,3 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 13.226 habitantes no ano 2014.  

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


jueves, 17 de diciembre de 2020

PONTILLON DO REGO GUTEIRAS - REGO GUTEIRAS - TOURÓN - PONTE CALDELAS

 PONTILLON NO REGO GUTEIRAS

REGO GUTEIRAS

TOURÓN

PONTE CALDELAS

 Tourón
     Santa María de Tourón é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE en 2016 tiña 1099 habitantes (536 homes e 563 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.


Xeografía e patrimonio
     Esta parroquia é a máis próxima a Pontevedra e linda con ese concello na parroquia de Marcón. Está atravesada pola estrada PO-532, tramo da antiga C-531.

     Hai varios petróglifos da Idade de Bronce, nos que predominan figuras animais (cabalos e cervos), circulares e cornixas.

     Na parroquia está o polígono industrial da Reigosa, anexo ao polígono industrial do Campiño. O punto de maior elevación é o monte do Pé da Moa, de 595 metros.

Lugares de Tourón
     Buchabade, Contixe, Mirón, A Reigosa, Tourón, Vilarchán


Ponte Caldelas
      Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio é pontecaldelán.

Xeografía
     O municipio de Ponte Caldelas sitúase nunha zona xeográfica de transición entre as montañas do interior pontevedrés e as ribeiras das rías Baixas. Está encadrada nunha comarca natural que se estende polas estribacións occidentais da serra do Suído. É terra de mananciais e ríos (Oitavén e Verdugo), de abruptas serras (A Fracha, Castrelada...) e encaixados vales. Limita ao norte con Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes e Soutomaior, ao leste coa Lama e ao oeste con Pontevedra.

      Ponte Caldelas presenta unha morfoloxía de fortes contrastes topográficos provocados por unha intensa erosión diferencial favorecida pola rede de fracturas tectónicas ás que foi sometido polos episodios xeolóxicos.

    As superficies de aplanamento orixinarias percíbense nos cumios suaves dos seus montes, entre os que destacan a serra da Castrelada (663 m), O Couto da Brea (536 m), A Penarada (544 m), monte do Antón (453 m) e monte do Taboadelo (432 m). Encaixados entre as serras, os ríos discorren por vales abruptos e profundos, con pronunciadas pendentes.

     A súa densa rede fluvial organízase en torno aos cursos do Verdugo e do Oitavén, alimentados por afluentes curtos, pero de abundante caudal debido ás elevadas precipitacións que se rexistran no paso das frontes atlánticas. Entre estes afluentes destaca o Calvelle que se une ao Verdugo antes do seu paso pola capital municipal, onde por atravesar algunhas fallas orixina a aparición de mananciais de augas minerais, ben coñecidas polas súas propiedades.

     No río Oitavén construíuse a presa de Eirás, que abastece de auga a área urbana de Vigo, antes de que, xa no municipio de Soutomaior, una as súas augas ás do río Verdugo, que poucos quilómetros máis adiante desembocará na ría de Vigo.


Patrimonio
     Calvario da Insua.
      No termo municipal ha numerosas testemuñas do seu pasado, destacando os castros de Santa María de Castro Barbudo e o monte Castrelo en Parada, onde tamén están os petróglifos de Tourón.
     A igrexa parroquial de Santa Eulalia de Ponte Caldelas destaca polo seu retablo pétreo, obra do mestre Manuel González, autor tamén da fonte que se atopa na praza do Bispo no centro da vila e do Calvario de Barbudo.
     A igrexa de Santa María de Tourón é de orixe románica de finais do século XII, conservando desa época algúns elementos dispersos. Nunha fachada lateral existe un escudo dos Pazos de Proben
     Destacan tamén as igrexas da Insua, aberta ao val cun Via Crucis de pedra arredor do adro, e a igrexa de Xustáns, cun conxunto de igrexa e cemiterio con outro cruceiro.
      Tamén destaca a Capela do Sagrado Corazón, dende onde se contempla a vista de paxaro a vila.
     Hai pazos e casas grandes en Tourón, Sande e San Ramón. Tamén destacan as casas de indianos de Caritel, A Insua e a da Vila.

Turismo
     Ponte Caldelas non tivo unha saída ao exterior ata hai pouco. Os aloxamentos baséanse en casas rurais, moi numerosas en parroquias como Anceu. Bastantes restaurantes foron creados recentemente, tanto por influencias do Campiño (na zona da Reigosa), como en Caldelas, polo turismo.

Festas
     As festas patronais celébranse no último domingo de agosto, pero tamén son importantes as de San Vicente, en xaneiro, coa chamada Romaría do Cocido, e en setembro, a Virxe das Dores, en Anceu, cunha tradicional danza á que se atribúe unha orixe celta.
     Outra celebración gastronómica destacada é a Festa da Troita de Ponte Caldelas que inclúe un Concurso Internacional de Pesca Deportiva previo á degustación do prato. Celebrada o último domingo de maio, leva máis de 35 edicións.
     Outras festas da parroquia son a romaría de San Vicente en Parada, a romaría da Virxe da Saúde en Rebordelo, a festa do Muíño, en Taboadelo, a festa dos Remedios en Vilarchán, a romaría de Cristo Rei en Xustáns e a festa de San Miguel en Contixe.


Parroquias
   Anceu (Santo André), Caritel (Santa María), Castro Barbudo (Santa María), Forzáns (San Fiz), A Insua (Santa Mariña), Ponte Caldelas (Santa Eulalia), Taboadelo (Santiago), Tourón (Santa María), Xustáns (San Martiño)

Nota:
     Moi agradecido a Elena por acompañarme e por o tempo que me adicaron a descubrir os tesouros do Río San Vicente e do Rego de Guteiras. GRAZAS 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA