sábado, 28 de septiembre de 2019

RUINAS DA CONSERVEIRA CURBERA - PINTÉNS - O HÍO - CANGAS

RUINAS DA CONSERVEIRA CURBERA
PINTÉNS
O HÍO
CANGAS


Pinténs
     Pinténs é un lugar da parroquia do Hío no concello pontevedrés de Cangas na comarca do Morrazo.



     Segundo o IGE, en 2011 tiña 309 habitantes (156 homes e 153 mulleres).


O Hío
      Santo André do Hío é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Cangas. 



      Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 2.938 habitantes (1.478 homes e 1.460 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.885 habitantes.


Xeografía

     A parroquia está situada ao oeste do concello. Varias das súas praias adoitan ter Bandeira Azul. Está cruzado por dous regatos. O rego de Donón nace en Donón, o seu leito e do Hío ata O Facho e desemboca en Barra. 



     Ten a vertente na ría de Vigo cunha lonxitude de 2.025 m e remata en estuario. 


     O Lagares nace en Vilanova e desemboca na praia de Areabrava. Ten a vertente na ría de Aldán, o seu réxime e regular cunha lonxitude de 2.100 m e acaba en estuario.


Historia
     O Hío comezou a estar habitado na Idade de Ferro, cando se poboou o Facho de Donón, onde logo se levantou o santuario galaico ao deus Berobreo. Na Idade Media pertenceu ao couto feudal da Casa de Soutomaior.



     Desde 1821, momento en que se constituíron os actuais municipios, ata 1862 pertenceu a Bueu, de igual xeito que a veciña freguesía de Aldán.


     No ano 1929 os emigrantes do Hío en Buenos Aires enviaron cartos para construír unha casa e traer un médico para a parroquia.


Patrimonio
Cruceiro do Hío.
      O cruceiro do Hío é obra de Xosé Cerviño, canteiro de Augasantas (Cerdedo-Cotobade). Foi feito en 1872, e está situado fronte ao adro e forma parte dun conxunto artístico-relixioso composto pola igrexa románica de Santo André de Hío e mais a casa reitoral.



     É da gran valor cultural un santuario galaico-romano na aldea de Donón, situado na Costa da Vela, concretamente no Monte do Facho.


Festas
     Son afamados os seus festexos populares do entroido. Coñecido popularmente como Carnaval do Hío, é unha festa popular que se celebra 40 días antes da Semana Santa, na cal se vai de aldea en aldea bailando e cantando e bebendo viño tinto. Este evento dura 3 días que sempre coinciden en domingo, luns e martes.



     Cada unha das sete aldeas do Hío contrata un cuarteto de gaiteiros, que son recibidos o domingo á tarde (con festa ata a madrugada na súa aldea). Durante luns e martes, todas as aldeas van visitando xuntas cada un dos núcleos de poboación: o luns van todos a Vilariño, O Igrexario, Pinténs e Vilanova; e o martes vaise a Liméns, Nerga e Donón. 


     En cada aldea hai un rito de irmandamento, un breve concerto de cada cuarteto (co conseguinte prestixio ou desprestixio para as aldeas, segundo a calidade dos músicos e das súas pezas) e unha saída na que os membros da aldea anfitrioa fan un corro aos visitantes.


     Cada noite, en cada aldea da parroquia, organízase un "baile" que dura ata que a xente aguante. Este baile é nun baixo calquera, que adoita cambiar cada ano.


Lugares do Hío
     Donón, O Igrexario, Liméns, Nerga, Pinténs, Vilanova, Vilariño



Parroquias de Cangas
      Aldán (San Cibrán), Cangas (Santiago e San Salvador), Coiro (San Salvador), Darbo (Santa María), O Hío (Santo André) 

 

Comarca do Morrazo
     A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A cal pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. 



     Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.


    É a comarca máis pequena de Galicia (140,7 km², o 0,47% de Galicia). 


     Tiña 82 445 habitantes no 2018, e é unha das cinco máis densamente poboadas (585,96 hab/km²).

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 27 de septiembre de 2019

SEQUEIROS DO MAZO - PARADA DE MONTES - A POBRA DO BROLLÓN

SEQUEIROS DO MAZO
PARADA DE MONTES
A POBRA DO BROLLÓN



DEVESA DE LOUREIRO E SEQUEIROS DO MAZO
     A devesa de Loureiro está situada na confluencia das parroquias de Salcedo, Parada dos Montes e Lamaigrexa. De relevo irregular e accidentado, atópase entre os 450 e os 600 m. de altitude, á beira do río Loureiro (afluente do río Lor).


     Estamos ante unha formación boscosa característica do clima atlántico, está orientada ao norte e rodeada por un ambiente sombrío e húmido que fai que estea poboada principalmente por árbores caducifolias e multitude de especies herbáceas e arbustivas. 



     Ademais do interese natural e paisaxístico que lle outorgan estas características, goza doutros recursos ligados ao carácter cultural e etnográfico, xa que esta devesa proporcionaba combustible á Ferrería de Loureiro, da que aínda quedan vestixios (casa da Ferrería, capela, antigo muíño, partes da presa,…).


A POBRA DO BROLLÓN
     Hai lugares nos que nos gusta perdernos, perdernos por vontade propia. Perdernos para atoparnos en camiños, en soutos, ao carón dun río. Iso acontece no concello da Pobra do Brollón.


     O municipio da Pobra do Brollón está situado no sur da provincia de Lugo, pertence á comarca de Lemos e forma parte do territorio Ribeira Sacra, ademais limita co concello do Courel. Estas circunstancias xeográficas fan que nun mesmo termo municipal teñamos paisaxes moi variadas e multitude de opcións para disfrutar da natureza.


     A Pobra do Brollón é tradición e natureza. Tradición a través dun pasado vinculado aos soutos, á montaña, á minería e á agricultura, e natureza porque agocha multitude de segredos en covas, bosques, ríos e ribeiras. Paraxes sen contaminar polo home que nos permiten unha sintonía absoluta coa natureza.



     Os ríos Cabe, Saa, Lor e Sil enchen de vida este territorio, creando profundos vales cheos de vida. Mentres na zona de montaña, a realidade é outra, en aldeas como Parada dos Montes o tempo parece deterse, ou mesmo que volvesemos ao pasado. Parada é, sen dúbida, unha visita etnográfica inexcusable como aldea de montaña e, moi perto, en Salcedo, a etnografía vincúlase directamente coa tradición do entroido. O luns de entroido o oso sae ás rúas da aldea para amedrentrar a nov@s e maiores. Durante días @s veciñ@s celebran a festa con representacións teatrais e diversas actividades que congregan cada ano a máis visitantes.


     A Pobra son numerosos castros, soutos e sequeiros, ademais dun pasado mineiro que crea paisaxes insólitas, aínda que a maioría están baixo terra.


     Igrexas (Veiga e Ferreiros, románicas), capelas, muíños, pazos, casas grandes e pontes como a de Barxa de Lor rematan de dar cores a un cadro imprescindible para quen queira achegarse á autenticidade dun municipio único.


     Para disfrutar de toda a riqueza da Pobra do Brollón podemos achegarnos aos miradoiros
    Catro Cabaleiros situado en Pena Redonda, a máis de 1.200 m. de altitude. Neste punto únense os municipios de A Pobra, O Incio, Samos e  O Courel. Cóntase que o nome lle vén dado porque antigamente os cabaleiros destes catro territorios xuntábanse neste punto para tratar da administración do territorio.


Os Pasos:
     Situado perto da aldea de As Laceiras, desde el pode verse todo o souto de Paramedela, ademais do río Lor e da Serra do Courel.
 A Capela:
     Ofrece excelentes vistas das ribeiras do Sil e dos viñedos en socalcos.


San Vitoiro
    San Vitoiro situado na cima dos acantilados, na parroquia de Saá. Desde el temos unhas amplas vistas, atópase xusto na parte superior desta área de esparcimento na que o 27 de Agosto se celebra unha tradicional romaría.



E para ir vendo ao pasar, temos interesantes propostas de rutas de sendeirismo:
Ruta dos Catro Cabaleiros:
     Ruta que leva a través da Serra de A Trapa ata a Mesa dos Catro Cabaleiros . Saímos da Pobra do Brollón pola estrada LU-653 ata o empalme de Saa (uns 300m). Dende aí, ata A Veneira de Roques, percórrense 7,2qm. Despois, a ruta continúa por Pena Redonda ata chegar á caseta forestal do Alto do Castro (sorprendente miradoiro dende o que se pode ver todo o Val de Lemos, O Incio, O Courel…). Nas súas proximidades atópase a Pena dos Catro Cabaleiros, a 1235m de altitude, e nela coinciden os límites dos concellos de A Pobra, O Incio, Samos e Folgoso do Courel.


Ruta Camiño Sur a Santiago:
    Unha das alternativas de peregrinación a Santiago a través do Camiño de Inverno ou Camiño Sur. No concello da Pobra comeza en Barxa de Lor, pasando pola ponte, un par de km despois chegamos á parte baixa dunha explotación mineira que data de época romana, A Pobra do Brollón e Cereixa. Cando chegamos á capitalidade municipal, en frente do concello hai unha estrada que leva cara Brollón Barrio, dirixímonos por esa estrada cara Nogueiras. No resto da ruta ata abandonar o termo municipal destaca o traxecto que discorre parello ao río Cabe.


Ruta do Lor:
     Ruta que leva desde Barxa de Lor ata Paramedela, bordeando o río Lor. Trátase dun tramo dunha ruta maior que parte de O Cebreiro e finaliza en Augasmestas.
Ruta Doade-Augasmestas: ​


     Lonxitude 8,5 Quilómetros (Tramo dentro do término municipal da Pobra). Dificultade media.

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 Fuente: Web Concello de A Pobra do Brollón
XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 26 de septiembre de 2019

MUIÑO NO REGO DE MANESES - REGO DE MANESES - CAMPO LAMEIRO

MUIÑO NO REGO DE MANESES
REGO DE MANESES
CAMPO LAMEIRO


Campo Lameiro
     Campo Lameiro é un concello galego, situado no interior da provincia de Pontevedra. 



     Pertence á comarca de Pontevedra.


     De 63 km2, limita cos concellos de Moraña, Cuntis, A Estrada, Cerdedo-Cotobade e Pontevedra. 



     A súa poboación era de 1.962 persoas conforme o censo de 2014. 


     O seu xentilicio é campolameirán


     Até 1916 recibía simplemente o nome de Campo, pero nese ano pasou a ser chamado Campo Lameiro para distinguilo do doutros concellos de España (o cacereño Campo, modificado nese decreto por Campo de Alcántara e Campo de Huesca, que non foi alterado).



Patrimonio histórico e artístico

     O concello é sobre todo coñecido polos seus petróglifos. Estes gravados rupestres sitúan poboamentos nesta zona ao redor do ano 3200 a.n.e.. 



     Nas terras do concello téñense atopado gran cantidade de pedras gravadas, con motivos moi diversos. A Idade de Bronce e a do Ferro que deron lugar ó desenvolvemento dunha importante cultura castrexa.


     Dentro da historia moderna do concello merece a pena citar a súa decidida oposición á ocupación francesa, actitude que deu lugar a numerosos ataques e mortos por parte das tropas do mariscal Soult.


     Lugares como Chan de Batalla e Mal Paso lembran escenas da batalla librada contra os franceses en 1809.


     Campo Lameiro conserva un valioso patrimonio arqueolóxico, pero tamén mostras significativas da arte posterior, concretamente do románico e do barroco, en igrexas como a de San Miguel do Campo, a de Santa María de Moimenta ou a de Santa Mariña de Fragas, que conserva a fachada da súa fábrica románica.


Parroquias de Campo Lameiro    
O Campo (San Miguel), O Couso (San Cristovo), Fragas (Santa Mariña), Moimenta (Santa María), Montes (San Isidro), Morillas (Santiago) 


MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA