Mostrando entradas con la etiqueta FERVENZAS E RIOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FERVENZAS E RIOS. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de octubre de 2024

FERVENZA DE O COTILLÓN - REGO DE AÚDE - ACEDRE - PANTÓN

FERVENZA DE O COTILLÓN

O COTILLÓN

REGO DE AÚDE 

ACEDRE

PANTÓN

 O Cotillón
        O Cotillón é un lugar da parroquia de Acedre no concello lucense de Pantón na comarca de Terra de Lemos.

Acedre
      San Romao de Acedre é unha parroquia do concello lugués de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo.

      Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 93 habitantes, deles 42 eran homes e 51 eran mulleres, o que supón unha diminución de 10 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Xeografía
      Limita polo norte coa parroquia de Santiago de Cangas, e polo oeste con San Xoán de Frontón; e limita coas parroquias de Sober de Santo Estevo de Anllo polo sur e coa parroquia de San Miguel de Rosende polo leste.

Cultura
      Nesta parroquia celebrábase o Entroido de Budián, que garda grandes similitudes co Entroido que celebraban na Arribada en San Fiz de Cangas.

Lugares de Acedre
   A Abelaira, Acedre, As Adegas, Budián, Cima de Vila, O Cotillón, A Oseira, San Romao

Comarca de Terra de Lemos
      Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca.

       A maioría da superficie (toda agás o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

      Pertencen á comarca de Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

       A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 13 de marzo de 2024

REGO DOS LADRÓS - DEVESA DE ARRIBA - PRESQUEIRAS - FORCAREI

 REGO DOS LADRÓS

DEVESA DE ARRIBA

PRESQUEIRAS

FORCAREI

 Devesa de Arriba
     Devesa de Arriba é un lugar da parroquia de Santa Mariña de Presqueiras, no concello pontevedrés de Forcarei.

     Segundo o IGE en 2008 tiña 33 habitantes (12 homes e 21 mulleres), menos ca en 2007.

Santa Mariña de Presqueiras
      Santa Mariña de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2014 tiña 125 habitantes (52 homes e 73 mulleres).

      En 2004 tiña 195 habitantes (120 mulleres e 75 homes), 27 menos ca en 1999. Ten 8 entidades de poboación.

Topónimo
     Posibelmente do étimo petriscarias, derivado do latín petra(m) co sufixo latino -aria, referido a un lugar onde abundan as pedras.

Lugares de Santa Mariña de Presqueiras
      Alfonsín, Cernadelo, Devesa de Abaixo, Devesa de Arriba, Fontegrande, Penalba, Ratel, Regotraveso

Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
     A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei. Tamén se inclúe nesta comarca o concello de Cerdedo malia a súa fusión no 2016 co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra. 

       A comarca está formada por dúas bisbarras diferenciadas: por unha banda, Tabeirós (integrada polo concello da Estrada); e pola outra, unha gran parte da comarca histórica de Terra de Montes.

Situación
       Esta comarca de 450,39 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sur.

Historia
      A Terra de Montes conformouse desde a división parroquial que realizaran os reis suevos Teodomiro e Miro na segunda metade do século VI. A comarca consolidouse coa súa incorporación á sede arcebispal de Iria Flavia.

       En 1115 o arcebispo Xelmírez, por doazón de Dona Urraca, construíu a torre-fortaleza do Castro de Montes, desde a que os xuíces-meiriños gobernaban a comarca. En 1135 construíuse o mosteiro de Aciveiro, arredor do cal se creou unha importante actividade comercial e artesanal a partir do século XII. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


jueves, 22 de diciembre de 2022

FERVENZA DE VILAGOCENDE - RÍO PORTELIÑA - A FONSAGRADA

 FERVENZA DE VILAGOCENDE

RÍO PORTELIÑA

A FONSAGRADA

A FERVENZA MÁIS GRANDE DE GALICIA.
     Para chegar ata o roteiro collemos na Fonsagrada a estrada LU-721, dirección á aldea de Vilagocende.

     300 metros antes de chegar a este pobo aparcamos o coche e onde atoparemos un cartel do roteiro a man dereita. 

     Deixamos a estrada asfaltada ás nosas costas para penetrar de cheo no camiño que transcorre entre tramos de bosque de carballos e de piñeiros do país.

GOZA DA NATUREZA EN ESTADO PURO.
     Avanzando entre diversas pasarelas de madeira atopámonos coa bravura e a intensidade coa que as augas do río Porteliña baten desde unha caída libre de máis de 50 metros.

     A través da ponte podemos acceder á base da mesma e contemplar a súa fermosura protexida por un bosque de ribeira constituído por bidueiros, ameneiros e carballos.

     Tamén existe a alternativa de visitar un miradoiro situado arriba da fervenza que nos ofrece outra perspectiva da mesma non menos espectacular.

     Para volver ao momento de inicio teriamos que volver polo mesmo camiño.

VIDEO

MAPA 

 

Fuente: Concello de A Fonsagrada

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 22 de noviembre de 2022

FERVENZA DA SEIMEIRA DE QUEIXOIRO "DOUS " RÍO QUEIXOIRO - A FONSAGRADA

 FERVENZA DA SEIMEIRA DE QUEIXOIRO "DOUS"

RÍO QUEIXOIRO

A FONSAGRADA

  Seimeiras de Queixoiro
      Fermosas fervenzas no río Queixoiro, de considerable altura, moi próximas entre si e rodeadas dunha fermosa paisaxe de carballos e castiñeiros.

     Estas fervenzas cristalinas, chamadas Seimeiras, son unha marabilla da natureza e unha festa para os ollos.

      Un acceso con escaleiras permite a visión desde diferentes ángulos e toda a vexetación que o rodea. Un fermoso lugar que se fai case máxico neste fantástico bosque poboado por especies autóctonas.

     As seimeiras están dentro da ruta de sendeirismo do Forno do Bolo, un aliciente máis que nunca pasará desapercibido para os que deciden percorrela.

     As Seimeiras de Queixoiro están situadas na parroquia do mesmo nome, un lugar con encanto propio e lugares dignos de visitar.

     En Terras de Burón dentro do concello lugués da Fonsagrada, situado dentro da Rede Natura 2000, Xeodestinos de Galicia e a Reserva da Biosfera Eo-Oscos-Terras de Burón.

Comarca da Fonsagrada
     A comarca da Fonsagrada, ou terra de Burón, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é A Fonsagrada.

     A esta comarca pertencen os concellos de Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz. No ano 2020 tiña 4.830 habitantes (IGE) e unha superficie é de 679,51 quilómetros cadrados. O concello da Fonsagrada é o de maior poboación da comarca  

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Web Terras de Burón

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 21 de noviembre de 2022

FERVENZA DA SEIMEIRA DE QUEIXOIRO " UN " RÍO QUEIXOIRO - A FONSAGRADA

FERVENZA DA SEIMEIRA DE QUEIXOIRO "UN"

RÍO QUEIXOIRO

A FONSAGRADA

 Seimeiras de Queixoiro
      Fermosas fervenzas no río Queixoiro, de considerable altura, moi próximas entre si e rodeadas dunha fermosa paisaxe de carballos e castiñeiros.

     Estas fervenzas cristalinas, chamadas Seimeiras, son unha marabilla da natureza e unha festa para os ollos.

      Un acceso con escaleiras permite a visión desde diferentes ángulos e toda a vexetación que o rodea. Un fermoso lugar que se fai case máxico neste fantástico bosque poboado por especies autóctonas.

     As seimeiras están dentro da ruta de sendeirismo do Forno do Bolo, un aliciente máis que nunca pasará desapercibido para os que deciden percorrela. As Seimeiras de Queixoiro están situadas na parroquia do mesmo nome, un lugar con encanto propio e lugares dignos de visitar. 


     En Terras de Burón dentro do concello lugués da Fonsagrada, situado dentro da Rede Natura 2000, Xeodestinos de Galicia e a Reserva da Biosfera Eo-Oscos-Terras de Burón.

Comarca da Fonsagrada
     A comarca da Fonsagrada, ou terra de Burón, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é A Fonsagrada.

     A esta comarca pertencen os concellos de Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz. No ano 2020 tiña 4.830 habitantes (IGE) e unha superficie é de 679,51 quilómetros cadrados. O concello da Fonsagrada é o de maior poboación da comarca 

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Web Terras de Burón

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 11 de septiembre de 2022

FERVENZA DE NARAIO - O CASTELO - RÍO CASTRO - NARAIO - SAN SADURNIÑO

 FERVENZA DE NARAIO

O CASTELO

RÍO CASTRO

NARAIO

SAN SADURNIÑO

Castelo
     Castelo é un lugar da parroquia de Naraío no concello coruñés de San Sadurniño, na comarca de Ferrol. Segundo o IGE, en 2011 estaba despoboado.

     O medieval Castelo de Naraío é o que dá nome ao lugar.

Naraío
     Santa María de Naraío é unha parroquia que se localiza no sur do concello de San Sadurniño.

     Segundo o IGE en 2013 tiña 547 habitantes (261 homes e 283 mulleres) distribuídos en 35 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 670 habitantes. 

     Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Comarca de Ferrol
Concellos da comarca de Ferrol: 

     Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Ned, As Somozas, Valdoviño

     A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol.

     A ela pertencen os concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño.

     Limita ao norte e ao leste co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. 


     Ten unha extensión de 623,45 km² e conta cunha poboación de 151.822 habitantes no 2020, distribuídos en 11 concellos.

      Xunto coas comarcas de Eume e Ortegal, integra a ambigua e non oficial Ferrolterra.

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA