BALDAQUINO DE FURCOS
IGREXA DE SAN BREIXO DE ARCOS
CUNTIS
Baldaquino de San Breixo de Arcos de Furco
Na igrexa de San Breixo de Arcos (Arcos, Cuntis) consérvanse tres relevos procedentes dun baldaquino, incrustadas no muro perimetral do adro da igrexa, rodeando un altar.
Representan con rechamante similitude as mesmas escenas que se poden observar no baldaquino de San Salvador de Meis:
O Nacemento de Cristo: con san Xosé á esquerda, a mula e o boi sobre a moldura do arco, o meniño Xesús no seu presebe de pallas e a Virxe axeonllada á dereita.
A adoración dos Reis, cos tres reis magos á esquerda, o central sinalando a estrela que os guía e o máis adiantado entregando os regalos; a Virxe en maxestade, sostendo no colo a Xesús, e san Xosé á dereita.
O Descendemento, co corpo de Cristo centrado, sobre o colo da Virxe María, un dos santos homes á esquerda, sosténdolle a cabeza, e dúas Marías (María Magdalena e María Salomé) á dereita.
Arcos
San Breixo de Arcos é unha parroquia que se localiza no concello de Cuntis.
Limita coas parroquias de Cuntis, Couselo, Piñeiro e Portela, e co concello da Estrada no nordeste do concello de Cuntis na comarca de Caldas. En 1836 tiña unha poboación de feito de 725 persoas. Nos anos que van de 1986 a 2009 a poboación pasou de 799 a 662, o cal significou unha perda do 17,1 %. Segundo o IGE en 2011 tiña 642 habitantes (336 mulleres e 306 homes).
Está formado polos seguintes lugares ou aldeas:
A Casiña, Anllada, Arcos de Arriba, Casa da Cruz, Cornado, Ducío, Ferreiros, Furco, O Caeiro, Piñeiro e Piso.
Topónimo
O topónimo Furcos vén dado polas diferentes aldeas que levaban o topónimo "Furco": Furco, Furcodona, Furcomao.
Situación
A parroquia, situada nas abas do monte Arca e Castroloureiro, limita ao norte e leste co concello da Estrada, coas parroquias de Matalobos, A Estrada, Ouzande e A Somoza. Ao sur e oeste coas parroquias de Baños de Cuntis, Piñeiro, Couselo e Portela, todas elas do concello de Cuntis.
Arcos de Furcos sitúase na vertente leste do val do río Gallo, ao pé do Castro de Arcos e do monte da Hermida. Nesta zona está a parte habitada da parroquia. Detrás destes montes, a parroquia esténdese por unha zona deshabitada, de formas onduladas, coñecida co nome de Chan da Quenlla.
Aquí atópase o coñecido Mar dos Moros, pequena lagoa que nos últimos anos se viu moi deteriorada e desecada pola plantación extensiva de eucalipto.
Nesta parroquia nace o río Gallo, afluente do Umia, así como múltiples regatos afluentes deste, como son o Lavandeira.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA













No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901