sábado, 1 de noviembre de 2025

CALVARIO DE TABOADELO - TABOADELO - PONTE CALDELAS

 CALVARIO DE TABOADELO

TABOADELO

PONTE CALDELAS

 Conxunto formado por dous cruceiros:
* O primeiro deles nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica presenta un gravado nunha das súas caras, “1674”. O varal, de sección octogonal, posúe relevos da Paixón de Cristo (unha escada, un cáliz, unha soga, un látego, unha lanza, tenaces , tres cravs e un martelo). 

     O capitel moldurado presenta volutas e cabezas de anxo nos catro lados. No cume vemos unha cruz tipo latina na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e unha pequena Virxe sobre unha peaña con forma de cabeza de anxo no reverso.

* o segundo cruceiro nace sobre tres chanzos de sección cadrada, ainda que o superior aparece parcialmente estragado. A súa base cúbica da paso a un varal de sección octogonal no que podemos ver unha imaxe de San Xudas Tadeo na súa metade. A continuación un capitel moi semellante ao anteriomente descrito aínda que de maior volume. 

     O cruceiro remata cunha cruz tipo latina na que aparece a imaxe da Virxe sobre unha peaña con frmoa de anxo alado no anverso. O reverso da cruz posúe diferentes motivos gravados.

     Estes dous cruceiros marcan o remate do Vía Crucis que sae da igrexa parroquial.

      Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

      Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.

      Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.

MAPA

  

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901