IGREXA DE SANTA CRUZ
A VEIGA DE CASCALLÁ
RUBIÁ
A Veiga de Cascallá
Santa Cruz da Veiga de Cascallá é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rubiá.
Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 82 habitantes (40 homes e 42 mulleres), nunha entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 146 habitantes.
Está situada entre o río Galir -afluente do Sil- e a estrada N-120, e crúzaa a estrada OU-622.
A igrexa parroquial, de estilo neoclásico, foi construída en 1959 coas pedras da igrexa da Alberguería (A Veiga), parroquia asolagada en 1958 ao se construír o encoro de Prada, no río Xares.
Lugares de A Veiga de Cascallá
A Veiga de Cascallá
Rubiá
Rubiá é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1494 habitantes (1716 en 2003). O seu xentilicio é «rubiao».
Historia
A zona estivo poboada desde a prehistoria, conservándose dous poboados castrexos: o castro de Pardellán e o castro de Cabeza. Durante a romanización construíronse varias vías.
Na idade media albergou varios mosteiros. Desa época consérvase un templo románico en Pardollán. Hai tallas barrocas, como o retablo do Rosario e a talla dos doce apóstolos do retablo maior da parroquial de Rubiá, ou a talla da Virxe do Rosario, o Sagrario coa Verónica na porta (obras de Gregorio Español) e a pequena talla de santo Antón Abade en Biobra.
Entre a arquitectura civil destaca a Casa Grande de Rubiá e a ponte de Regueiral.
Sendeirismo
Rubiá conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 144 "Ruta Natural dos Castros a Nivieira". É unha ruta sendeirista circular de 6 km con principio e fin en Rubiá.
No concello localízase a árbore senlleira aciñeira de Covas.
Parroquias de Rubiá
O Barrio de Cascallá (Nosa. Sra. da Asunción), Biobra (San Miguel), Covas (San Salvador), Oulego (San Miguel), Pardollán (Santo Estevo), O Porto (San Cristovo), Quereño (San Cristovo), O Robledo da Lastra (Nosa Sra. da Concepción), Rubiá (Santa Mariña), A Veiga de Cascallá (Santa Cruz)
MAPA
SÍGUENOS:
Fotos cedidas por: C.P.C
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901