CAPELA DE SAN XOÁN
SAN XOÁN
CREPOS
MOURISCADOS
MONDARIZ
Crespos
Crespos é un lugar da parroquia de Mouriscados, no concello pontevedrés de Mondariz.
Tiña 80 habitantes no ano 2013 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 42 homes e 38 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 89 habitantes.
Lugares de Mouriscados
O Campo do Mouro, Crespos, Fontán, Fontebalán, A Lamela, Poñe, A Porteliña, Zamorelle
Mouriscados
San Cibrán de Mouriscados é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 267 habitantes (141 mulleres e 126 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2005 cando tiña 311 habitantes. Por esta parroquia pasa a N-120, que comunica Vigo e Ourense.
Historia
Nos lugares de Couto do Santo e Campo de Mouro atopáronse restos de cerámica castrexa e tegulas romanas, sobre os que hai varias lendas.
A igrexa parroquial, adicada a San Cibrán, data do século XVII. Dela partía un antigo viacrucis que ía ata o outeiro do Calvario. Anterior a esta igrexa existiu outra situada no «Couto da Igrexiña».
Patrimonio
Cruceiro e peto de ánimas de Mouriscados, peto de ánimas pechado con cruceiro por detrás del.
Castro de Campo de Mouro
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA