IGREXA DE SAN PAIO DE MURADELLE
MURADELLE
CHANTADA
A igrexa sufriu constantes reformas que alteraron a súa fábrica románica de finais do século XII.
Dela conserva dúas portadas e a pía bautismal.
Na fachada occidental ábrese a porta principal enmarcada por unha arquivolta lixeiramente peraltada.
Esta apóiase sobre columnas ornadas con follas e con dous grifóns moi similares aos situados en Fornas e Brigos.
Na parte central localízase un tímpano semicircular decorado con tres figuras sobre un fondo de estrelas.
Todos os personaxes portan túnica e auréola do mesmo modo que na igrexa de Requeixo.
Muradelle
San Paio de Muradelle é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo.
Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2016 tiña 175 habitantes (81 homes e 94 mulleres), 40 menos ca en 2007 (101 homes e 114 mulleres).
Patrimonio
Igrexa de San Paio de Muradelle, do século XII.
Capela de San Antonio, do século XVII.
Cruceiro de Muradelle.
Casa grande da Quintá.
Lugares de Muradelle
Barrio, Boán, Limiñón, Muradelle, Paderne, A Quintá, San Paio, Uriz
Comarca de Chantada
A comarca de Chantada, coñecida historicamente como Terra de Asma, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Chantada.
Pertencen a ela os concellos de Carballedo, Chantada e Taboada.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA

















































