CRUZ DE ARMANDO VAQUEIRO OUBIÑA
SERRA DO SUÍDO
PIGARZOS
XESTA
A LAMA
Os que coñecedes Galicia teredes visto miles de cruceiros, petos de ánimas, ou as veces simplemente cruces situadas á beira dos camiños, nos montes ou na nosa costa.
Unhas veces a súa misión era de protección, outras para salvar a alma e moitas lembran tráxicos sucesos.
A de hoxe publicámola grazas á axuda de impagable a Nely Boullosa e Manuel Boullosa Costal.
Tamén quería agradecer á a confianza que puxeron en min para que o contara o motivo de esta cruz, grazas.
Esta cruz está dedicada a Armando Vaqueiro Oubiña que morreu ao pé da roca onde se situa a cruz un 25 de Octubre de 1998 os 69 anos, a cruz foi mandada facer por Celso Boullosa e colocada ali por familiares e coñecidos.
Armando era veciño da Pigarzos na parroquia de Xesta - A Lama, a pesar de estar na emigración non perdia ocasión para volver a Serra do Suído a minima oportunidade que tiña e disfrutar da pasion que tiña por a caza.
O lugar onde atopamos esta cruz está na estrada da Graña a man dereita vindo de Pigarzos na Lama, no lugar coñecido como Coto do Seteiro da Xesteira, tamen ali moi cerquiña no Outeiro do Val do Homo ai unha fonte coñecida como de Armando Vaqueiro.
VIDEO
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA








No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901