CRUCEIRO DA IGREXA DE VERDUCIDO
VERDUCIDO
A LAMA
No adro da igrexa parroquial podemos ver este cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada.
A súa base cúbica posúe unha pequena moldura na parte superior e varios elementos decorativos nas catro caras.
A continuación o varal, que comeza en sección cadrada moldurada e segue en cilíndrica.
O capitel decorado con motivos vexetais, volutas e caras de anxos nos catro lados, da paso a unha cruz de sección cilíndrica na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe co seu fillo xacente no colo no reverso.
Comarca de Pontevedra
A comarca de Pontevedra é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Pontevedra.
Pertencen a esta comarca os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.
No 2020 tiña 125.280 habitantes.
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
Texto: Oscar Franco
XOAN ARCO DA VELLA








No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901