IGREXA DE SAN MIGUEL DE MARCELLE
A REGUENGA
MARCELLE
MONFORTE DE LEMOS
A Reguenga
A Reguenga é un lugar da parroquia de Marcelle no concello lucense de Monforte de Lemos, na comarca da Terra de Lemos.
Marcelle
E unha parroquia do concello de Monforte de Lemos na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo.
No ano 2007 tiña 129 habitantes, deles 69 eran homes e 60 eran mulleres.
Limita ao norte coas parroquias de Guntín e A Penela, ao leste con Vilamarín e Doade, ao sur con Paradela e ao oeste con Neiras, Gundivós, Brosmos e Doade.
Lugares de Marcelle
Agrelos. Os Asenxos. Barxa. O Campelo. Candeda. O Colado. A Costa. A Esfarrapa, A Estrada, Freixo, Matelas, A Meda de Abaixo, A Meda, As Minas de Freixo, Pacios, Os Palleiros, A Pendella, A Pereira, A Portela, A Reguenga, Río, Riocovo, As Rozas, San Fiz, San Pedro de Baños, O Seixo, O Val do Bolo, A Veiga, Vilanova
Comarca da Terra de Lemos
A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca.
A maioría da superficie (toda agás o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.
Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.
A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.
Ribeira Sacra
A Ribeira Sacra é unha paraxe natural galega que comprende as ribeiras dos ríos Sil, Cabe e Miño.
Sitúase na zona sur da provincia de Lugo e a zona norte da de Ourense. A súa capital acordouse que fose a vila lucense de Monforte de Lemos.
O 5 de abril de 2019, o Consello de Patrimonio Histórico do Ministerio de Cultura aprobou a súa candidatura para formar parte da lista de Patrimonio da Humanidade da UNESCO.
A decisión tomarase no 45º Comité de Patrimonio Mundial, no verán de 2021.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901