miércoles, 6 de septiembre de 2023

IGREXA DE SAN PEDRO DE VALVERDE - MONFORTE DE LEMOS

 IGREXA DE SAN PEDRO

VALVERDE

MONFORTE DE LEMOS


Igrexa de San Pedro de Valverde

      A fábrica medieval do templo móstrase moi alterada por reformas posteriores. 

      Este atópase no núcleo de Valverde e pertenceu a un mosteiro cluniacense hoxe desaparecido.

     Ten planta rectangular con cuberta a dúas augas resolta en lousa e capelas anexas na fachada norte. 

     O acceso ó interior faise por un lateral mediante un arco apuntado con cinco arquivoltas apoiadas en columnas con capiteis de figuras fantásticas de escaso relevo. 

     Na fachada oeste atópase a espadana con dous vans con arcos de medio punto. Na porta meridional hai un lintel con interesante inscrición relacionada coa orixe medieval do templo. 

      No interior a nave divídese en tres tramos separados por dous pares de columnas con capiteis de tipo vexetal agás nun caso en que se representa a loita de dragóns e homes. 

      A igrexa conta con tres retablos dos que destaca o maior realizado sobre 1600 e procedente de San Vicente do Pino en Monforte.

Valverde
     San Pedro de Valverde é unha parroquia do concello de Monforte de Lemos na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Limita ao norte con Vilalpape e Ribas Pequenas, ao leste coa Parte, ao sur con Ribas Altas e ao oeste co Chao do Fabeiro.

     No ano 2007 tiña 38 habitantes, deles 18 eran homes e 20 eran mulleres.

Xentilicio
     O seu xentilicio é valverdino.

Lugares de Valverde
     A Agüela, O Barreiro, Casas Novas, Cedrón, A Cova, A Covela, O Escouredo, A Pena, Os Ramos, Valverde

Comarca da Terra de Lemos
     A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca.

     A maioría da superficie (toda agás o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

     Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

      A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901