sábado, 7 de febrero de 2015

SAN FIZ DE CANGAS - PANTÓN

 IGREXA DE SAN FIZ DE CANGAS
SAN FIZ
PANTÓN
LUGO


IGREXA DE SAN FIZ DE CANGAS
     Esta igrexa de sinxela beleza foi construída entre os séculos XI e XIII, como templo dun convento de monxas beneditinas. 




     

     Nos séculos XVII realizáronse algunhas reformas, como o derribo da ábsida lateral esquerda.


     No seu lugar, engadiuse a capela de Torrenovais, que acolle o sepulcro de don Rodrigo López de Quiroga. Pero desde moitos séculos antes, na época visigoda, este punto xa acollía un mosteiro.



     San Fiz de Cangas conta cunha soa nave disposta en planta rectangular.



     Na súa fachada principal destacan un arco apuntado e o tímpano situado por debaixo.



     A decoración deste último elemento consta dunha cruz grega, grafismos que simbolizan o sol e a lúa, uns rectángulos concéntricos e unha estrela inscrita nun cadrado.



     No interior consérvanse retablos dos séculos XVIII e XIX, ademais da figura orante de don Rodrigo López de Quiroga.



SAN FIZ DE CANGAS
     San Fiz de Cangas é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo.



     No ano 2007 contaba con 103 habitantes, deles 46 eran homes e 57 eran mulleres, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.



PANTÓN
     O concello de Pantón está situado no Sur da provincia de Lugo, na denominada Ribeira Sacra Lucense. 




     Os seus límites veñen marcados  polos ríos Miño, Cabe e Sil que a convirten na  "Mesopotamia" galega.



     A súa extensión territorial e de 146 quilómetros cadrados, ocupados polas vinteseis parroquias, que suman un total de douscentos vinte núcleos de poboación na que se asentan uns 3000 habitantes.



     A capitalidade da zona está centrada na vila de O Castro  de Ferreira, que conta cuns 700 habitantes, agrupados en torno á N-120,  a arteria de comunicación da zona, e na Praza do Concello, lugar onde se desenvolve a vida pública e municipal. 




NATUREZA
     Os ríos que forman os límites do Municipio de Pantón, configuran nas súas beiras, agrestes e empinadas, unha riqueza paisaxística inigualable que se mestura coa riqueza artística. 




     Desde o lugar máis alto do municipio (Pena Pombeira, 710 metros) Pantón  deleitanos coas súas fermosas panorámicas, mesturando as beiras máis escarpadas cos vales máis apracibles. 




     Unhas paisaxes naturais de grande variedade e atractivo, con boas condicións para practicar a pesca. 




     

     Polos ríos Miño e Sil pódense realizar percorridos en catamarán , que permiten a contemplación das insólitas paraxes da Ribeira Sacra, cos seus característicos viñedos dispostos en terrazas, tamén chamadas socalcos. 

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901