domingo, 1 de febrero de 2015

LAGAR DE RIBELA - A ESTRADA

LAGAR DE RIBELA
RIBELA
A ESTRADA


     No encontro de bloggers de Cultura e Turismo celebrado en A Estrada por o Concello, tivemos a fortuna de coñecer e descubrir a Sidra artesanal Ribela, e de recibir unha lección maxistral da Sidra e da súa elaboración por parte das xente de Lagar de Ribela.



     Un lugar que quedara no recordo de os lugares con encanto de A Estrada.



QUE E LAGAR DE RIBELA
      Unha empresa creada para a producción de Sidra galega, elaborada con variedades autóctonas de mazá ecolóxica. Un proxecto empresarial sostible inmerso nun entorno rural plenamente natural.


O ENTORNO
     No concello de A Estrada na comarca de Tabeiros Terra de Montes entre as Rias Baixas e as Terras de Compostela  



RIBELA                                                                        
     Ribela con un clima  influenciado pola cercanía do Oceano Atlántico e un impresionante patrimonio histórico, cultural e natural.



A SIDRA
     Xa no Codex Calixtinum  falabase da riqueza en sidra de Galicia. a bebida da Galicia Histórica. En Galicia elabórase sidra desde o comezo da Idade de Ferro.



LAGAR DE RIBELA
     Unha empresa creada para a producción de Sidra galega, elaborada con variedades autóctonas de mazá ecolóxica. Un proxecto empresarial sostible inmerso nun entorno rural plenamente natural



 UN PRODUCTO
     Unha gran sidra extraida dunha excelente mazá autoctona manzanas rojas



     

     Castes como a Rabiosa, a Freixerana,a Marafouza,a Tres en Cunca,a Sangue de Touro, a Pementa , a Raiada e ata máis de 300 variedades distintas de producción ecolóxica da comarca de A Estrada


     Feita cun proceso de elaboración tradicional con prensados lentos e fermentación por fermento propi.



     

     Tras un período de maduración en deposito e decantación natural polas temperaturas frias do inverno galego complétase a fermentación maloláctica a comezo da primavera, momento no que se procede ao embotellado a baixa temperatura para manter intacto o carbónico endógeno da sidra e todas as súas propiedades.


     

     O resultado é unha sidra aromática, con matices frutais que recordan ata ao albariño, das veciñas Rias Baixas cun carbónico de gran fino e persistente, que cun lixeiro escanciado desenvolve todo o seu potencial.


     Cunha acidez volátil controlada que logra unha sidra equilibrada en boca e persistente en nariz , permanecendo un sabor intenso a mazá fresca.



     

     A temperatura de servizo non debe de realizarse excesivamente fría, aconsellable 13-15 º C xa que , co exceso de frio , o carbónico disiparíase e non se extraería o potencial aromático desta sidra.


     A súa maridaxe é perfecto para consumir acompañando aperitivos, pratos de peixe ou marisco así mesmo o contido polifenólico de variedades como a rabiosa e os peros permiten á súa vez un sabor potente que combina perfectamente con carnes vermellas. 



 

CONTACTO
     Dirección: Trabadela 12, 36687 Ribela, A Estrada, Pontevedra
     Teléfono: 655 11 23 86

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901