miércoles, 5 de febrero de 2014

MUIÑOS EN FRAGUAS - CAROI

MUIÑOS EN FRAGUAS
FRAGUAS
CAROI
COTOBADE


CAROI
     Santiago de Caroi é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cotobade. Segundo o IGE de 2007 tiña 152 habitantes (70 homes e 82 mulleres), 5 menos que no 2006. Dos 12 lugares da parroquia, están habitados 11.



Historia
     O topónimo posiblemente teña a súa orixe na raíz preindoeuropea kar (pedra), polo rochoso da zona. 

    
     A parroquia pertenceu até 1904 ao veciño concello da Lama


Poboación
     Caroi presenta un modelo poboacional típico do rural galego, cunha perda pequena e constante de veciños. No ano 2000, vivían no lugar (INE) 179 habitantes (82 homes e 97 mulleres). 

  
     O pico de residentes da parroquia foi no 2001 con 184 persoas.



     A perda poboación acelerouse no período 2005-2010 un 71,6 %.


Patrimonio
     Nesta parroquia, ademais da igrexa parroquial, están a capela do Neno Xesús e a capela de Santa Mariña, onde se celebra a romaría o 18 de xullo.


     En 1917 construíuse a escola de nenos, e en 1931 a escola de nenas, rehabilitada en 2013.


     Hai tempo había na ladeira do monte Seixo nunha zona de neves perpetuas unha neveira de xeo usada para levar ao porto de Marín para conservar o peixe.


COTOBADE
     O Concello de Cotobade está situado ao oeste de Galicia e ao leste da privincia de Pontevedra de cuxa capitalidade dista 19 km. 

  
     A súa situación xeográfica é 42º28', latitude norte; 8º28', lonxitude oeste. A altitude media é de 392 metros sobre o nivel do mar.


     Ten unha extensión de 135,2 kilómetros cuadrados e unha poboación aproximada de 4.600 habitantes, distribuídos en 135 entidades de poboación que se agrupan en 13 parroquias: Aguasantas, Almofrei, Borela, Carballedo, Caroi, Corredoira, Loureiro, Rebordelo, San Xurxo de Sacos, Santa María de Sacos, Tenorio, Valongo e Viascón.


     Poden distinguirse dúas zonas perfectamente diferenciadas dentro das terras de Cotobade: por un lado  as "Terras Altas", bañadas polo río Almofrei, que nace no monte do Seixo situado a 900 m sobre o nivel do mar, e que dende Caroi, discorre cristalino por frondosos vales, onde abundan as carballeiras, e outras masas forestais.


     Ademáis, nos montes de Valongo nace o río Calvelle, que xunto ó Barbeira aflúen ó Verdugo que formará a Ría de Vigo. O monte Coirego con 792 m de altura, separa as concas do río Lérez e do Verdugo.


     Por outra banda están as " Terras Baixas"; formadas polas parroquias do Val do Lérez, que recibe aos ríos Cabanelas, Calvelo e o propio Almofrei, o seu afluente máis importante.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

4 comentarios:

  1. que alegri a encontrar esto ,os nosos montes,as nosas cousas ,as nosas raices ,e que fermosura cousa l.inda,,,
    .

    ResponderEliminar
  2. amigo Xoan, ...ano 1912 já existia escola de nenos mixta em Laxedo-Covelo ( Fundaçâo Cabanelas), de Fraguas vinham nenos ao colegio covelense... também conheço a historia da reforma da capeliña de Santa Mariña na serra do Cando, está relacionada com canteiros de Laxedo... apertas

    ResponderEliminar

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901