RITOS NA PONTE DO COUSO
RÍO COUSO
AVIÓN
OURENSE
Pero nesta ponte, ao igual que en outras de Galicia, faise tamén un vello rito, o do «bautismo prenatal», que siguen as mulleres embarazadas que, por algunha razón, corren o risco de perder ao bebé que levan dentro. Non consiste máis que en facer o bautizo do neno non-nato durante o embarazo, un rito que se atopa moi extendido por toda Galicia con lixeiras variantes.
Nalgúns sitios incluso esixen que a ponte teña un cruceiro no medio. En alguns sitios estas Pontes hai quen as chama «Ponte das Paridas» por mor deste vello rito. Consiste, máis ou menos, no seguinte, segun me contaron.
A muller embarazada, en compaña do seu home e de algúns amigos ou familiares, deberá acudir á ponte pouco antes da medianoite, levando todo tipo de viandas como se naquel punto se fose celebrar un bautizo normal: comida en abundancia, viño, pan... Ao chegar á ponte, a muller entrará nela ata a metade, ata onde se atopa o arco grande, portando un caldeiro pequeno e una corda que chegue ata o río, e ficará alí, no medio, esperando.
Os seus acompañantes deberán permanecer en cada unha das entradas da ponte impedindo por tódolos medios que ninguén a cruce. A calquera persoa ou animal que intente atravesala, deberán impedirllo, xa que iso suporía un risco de que o neno non nacese ben e trouxese canda el algún tipo de tara ou enfermidade.
Cando alguén acepte participar no «bautizo prenatal», deberá subir canda á muller, ao medio da ponte. Unha vez alí, co caldeiro e coa corda, deberá recoller un pouco de auga do río. Con esta auga, deixándoa esbarar polo ventre da muller, o home deberá repitir as mesmas palabras que o cura diría nun bautizo eclesiástico habitual: «No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo». Pero ollo: ninguén deberá dicir a palabra «Amén», xa que iso queda unicamente reservado para o cura cando, xa na Igrexa, se faga o ritual cristián do bautizo. Din que desta maneira, pronunciando a palabra «Amén», tamén se corre o risco de que o neno non naza ben.
Unha vez feito este rito do bautizo, queda a celebración. Todos deberán xuntarse á beira do río e dar cumprida conta da comida que levaron da casa: o xamón, o queixo, a mel, o viño... Unha vez rematada a celebración, deberán voltar ao medio da ponte e, dende alí, tirar á auga todo o que sobre, para que tamén o río participe da celebración. Seica non pode voltar absolutamente nada para a casa, nin o mantel, nin os vasos, nin os garfos, nin restos da comida... ¡Nada! É o tributo que se lle paga ao río por permitir o bo nacemento do neno.
E di a tradición que é aconsellable poñerlle ao neno o nome do seu «padriño prenatal» cando se bautice polo rito tradicional da Igrexa. E aínda din algúns que se esa persoa acepta ser o «padriño eclesiástico» do neno, con toda probabilidade ese neno será agraciado pola fortuna.
Xoan e Maria veciña de Couso |
MAPA
Fuente: Galicia Encantada
XOAN ARCO DA VELLA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901