IGLESIA DE COUSO
COUSO
AVIÓN
OURENSE
Avión
Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.
Segundo o INE a súa poboación no ano 2010 era de 2.561 habitantes (2.730 no 2006, 2.780 no 2005, 2.804 no 2004, 2.881 no 2003).
O seu nome procede do veciño río Avia.
Sitúase no noroeste da comarca do Ribeiro. Limita ao norte con Beariz, ao sur con Carballeda de Avia, ao leste con Boborás e Leiro, e ao oeste cos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.
É un concello montañoso e de relevo accidentado. As serras do Suído e Faro de Avión limitan o concello polo oeste superando os 1.000 metros de altitude. Desde os cumios o relevo descende abruptamente, dando lugar a vales encaixados que dificultan as comunicacións.
A rede fluvial está formada polo río Avia e os seus afluentes. O Avia nace en Fonte Avia, parroquia de Nieva, e recibe en Avión tres afluentes de importancia: o Couso, o Valderías e o río Cardelle, que forma o límite cos concellos de Boborás e Beariz.
O clima de Avión ven condicionado polas diferenzas de altitude entre as distintas terras do concello. Nas serras do Suído e Faro de Avión o clima é de montaña, frío en inverno e con intensas precipitacións mentres que nas zonas máis baixas as temperaturas son máis cálidas aproximándose ao tipo de clima mediterráneo da comarca do Ribeiro.
Santa María de Couso é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense.
Poboación
Segundo o INE, no 2000 eran 244 os veciños de Couso. No 2010 eran 163 (97 mulleres e 66 homes). A perda de xente foi máis acusada nesta parroquia ca noutras.
Como en todo o concello, o envellecemento da
poboación e a alta esperanza de vida feminina provocan unha alta
porcentaxe de mulleres fronte aos homes.
Parroquias de Avión
Abelenda (Santa Mariña), Amiudal (Santiago), Avión (Santos Xusto e Pastor), Baíste (Santa María), Barroso (Santa Baia), Córcores (Santa Mariña), Cortegazas (Santo Antonio), Couso (Santa María), Nieva (Santa María)
Comarca do Ribeiro
A Comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.
Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 17.195 habitantes (2014). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.
Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
Hola XOAN...... atopeime, con istas fotografias, sin saber,chamome Pilar, e estou seguindo a tua paxina, desde Mexico, e non sabes, canta morriña e lenbranzas, nos achegaches, a cada un de os veciños, que aqui vivimos, moitos de nos xa nados en esta fermosa terra, que acolleu a nosos pais, tios , primos e a todos os veciños...... e cando digo todos, non esaxero...... todos emigramos para este pais, dedes antes da guerra os homes, e despois en familias completas, pechandose pouco a pouco, as portas de A Parroquia de Santa Maria de Couso, pero nunca deixamos de sentir e dicir, que SOMOS de Couso, Villeriño, Penedo Taboazas ou Edreira... sin importar os anos que teñamos sin voltar..... TEMOS ESE ANAQUIÑO DE TERRA, MARCADO A FOGO NA NOSA ALMA, E NO CORAZON..... Por casulidade do momento, a maioria de as fotografias tomadas desde o Adro da Igrexa, salen os panteos, de a miña familia..... moitos de eles, falecidos, non hay nin dous anos, como e o caso de Miña Nai, e duas Tias, que adorei, ademais de tres primos que inda non chega os tres anos,asi que imaxinate, o que me impactou ...... toparme con elas sin pensalo..... Moitas Grcias por cada un de os veciños, que as pudemos ver e copartir.... Con todo agradecemento .... Pilar
ResponderEliminarMoitas gracias, mensaxes como este son os que fan que teñamos mil ganas de facer moitas mais cousas.
EliminarGracias...