domingo, 1 de septiembre de 2024

O SANTO APARECIDO - O POUSIÑO - MONTE DA BERRA - PAZOS DE BORBÉN

 

 O SANTO APARECIDO

O POUSIÑO

MONTE DA BERRA

PAZOS DE BORBÉN

O Santo Aparecido de Pazos de Borbén
         Fáiselle romaxe a última fin de semana de agosto a un santo que non ten nome. Está no mirador do Monte da Berra, O Pousiño,  concello de Pazos de Borbén (Pontevedra) desde onde se ve ata a Ría de Vigo.

       A imaxe do santo sen nome é de pedra e está colocada sobre unha peaña nunha gaiola a media altura sobre unha cruz moderna, tamén feita de pedra.

      Disque a atopou casualmente  unha máquina escavadora no mes de xuño de 1983 cando se preparaba o terreo para facer un merendeiro no cumio do monte.

        A imaxe é de tamaño pequeno, duns 40 cm de altura, de feitura humilde, arte popular seguramente, aínda que hai quen di que pode ser románica. De rostro inexpresivo pode representar un bispo con capa, outros din que un anxo, quen sabe se algunha divindade precristiá.

       Trátase, iso é seguro,  dunha romaxe popular de invención recente (comezou en 1983) arredor da ‘aparición’ dunha imaxe pero sen compromiso específico con nomes concretos do santoral cristián.

        O ano 1994 publicouse nos xornais que o Santo Aparecido xa fixera un milagre. Cóntase que un mozo duns 14 anos, membro dun grupo de gaitas da parroquia que ía tocar na romaxe tiña as mans cheas de verrugas. Pediulle ao Santo Aparecido que llas quitase e dun  día para outro desaparecéronlle.

      Cada ano que pasa, e por algo será, asiste máis e máis xente e esta romaxe.

 VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

Fuente: Web galiciaencantada.com 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901